Ciclo Conferencias Maio 2006

De GALPon WiKi

Ciclo de Conferencias - Taller "A potencia do Software Libre nas túas mans"

Información:

Dentro do marco da iniciativa "Máis Internet, máis galego, máis futuro" da Consellería de Innovación e Industria para promover as novas tecnoloxías entre todos os galegos e galegas, GALPon.org levará adiante un ciclo de conferencias - taller para amosar as potencialidades do Software Libre en diferentes vertentes.

Descargar programa completo (1,3MB)

Programa de conferencias - taller:

"INIT: O proceso de arranque do Sistema Operativo baseado en Software Libre".

Descrición: Coñecer o proceso de arranque dun sistema operativo é fundamental para resolver problemas de reparticionamento do disco duro, ataque dun virus ou recuperación dun sistema completo a partires dunha copia de seguridade.

Obxectivo: Proporcionar un coñecemento máis profundo do sistema de arranque do sistema operativo baseado en Software Libre e amosar as solucións en casos de problemas de arranque.

Data: Venres 19 de Maio.

Lugar: Sala 4 do Aulario do Edificio Miralles - Cidade Universitaria de Vigo - Lagoas - Marcosende.

Hora: 16:00h a 18:00h.

Duración: 2 horas.

Material necesario: Ningún.

Poñentes: Carlos Barros (UYLUG - GALPon), Estela Mary Arbolella (UYLUG - GALPon).

Fotos del evento

Vídeo

"Vulnerabilidades das redes WiFi empregando Software Libre".

Descrición: Neste taller explicaránse as vulnerabilidades das redes WiFi empregando Software Libre como ferramenta para o seu estudio.

Obxectivo: Os asistentes comprobarán in situ a falta de seguridade do protocolo WEP e posibles debilidades do protocolo WPA. Desta maneira comprenderán a importancia de protexer a súa rede ~WiFi e empregar os protocolos de seguridade adecuadamente.

Data: Mércores 24 de Maio.

Lugar: Sala 4 do Aulario do Edificio Miralles - Cidade Universitaria de Vigo - Lagoas - Marcosende.

Hora: 16:00h a 19:00h.

Duración: 3 horas.

Material necesario: Ningún.

Poñente: José Antonio Insua (GALPon).

Fotos del evento


"Home Station a partires de ordenadores vellos e Software Libre".

Descrición: Unha das avantaxes do Software Libre é poder ser instalado en ordenadores obsoletos ou vellos para outros sistemas operativos. Hoxe en día moitos usuarios poden recuperar eses equipos para ter un completo servidor:

  • Instalación e configuración dun servidor LAMP (Debian GNU/Linux, Apache, MySQL, PHP)
  • Instalación e manexo de Joomla, Software Libre para o deseño de páxinas web personais.
  • Configuración da rede local e acceso remoto.
  • Instalación e configuración dun servidor de streaming de audio.
  • Instalación, configuración e manexo dun xestor de descargas.
  • Instalación e configuración de CUPS para impresión remota.

Obxectivo: A partires dunha computadora obsoleta obter un Home Station con servidor casero de web (blog), samba, radio, mp3, streaming, servidor de impresoras,... baseado en Software Libre e GNU/Linux.

Data: Xoves 25 e Venres 26 de Maio.

Lugar: Sala 4 do Aulario do Edificio Miralles - Cidade Universitaria de Vigo - Lagoas - Marcosende.

Hora: 16:30h a 19:00h.

Duración: 5 horas.

Material necesario: Os asistentes poden levar o seu portátil ou o seu ordenador. Disporase de conexión a Internet e de regletas de tensión.

Poñentes: Alejandro Escobar (GALPon), Carlos Olmedo (GALPon), Pablo Arias.

Fotos del evento


"Introducción ao sistema de procesamento de textos de LaTex".

Descrición: Redactar un Proxecto Fin de Carreira, unha tese doutoral ou mesmo un libro faise moi sinxelo empregando o sistema de procesamento de textos de LaTex baseado en Software Libre.

Obxectivo: Poder redactar un documento complexo empregando LaTex.

Data: Venres 26 de Maio.

Lugar: Sala 4 do Aulario do Edificio Miralles - Cidade Universitaria de Vigo - Lagoas - Marcosende.

Hora: 12:00h a 14:00h.

Duración: 2 horas.

Material necesario: Os asistentes poden levar o seu portátil ou o seu ordenador. Disporase de conexión a Internet e de regletas de tensión.

Poñente: Martina Ramilo (GALPon).

Fotos del evento


"Resolvendo os problemas de hardware no Software Libre".

Descrición: Unha das maiores avantaxes das distribucións de GNU/Linux, é o recoñecemento automático de tódolos dispositivos (incluidos os non soportados noutros sistemas privativos). Sen embargo, pode ocurrir que xurda algún problema ou que algún sistema moi novo non esté aínda soportado.

Obxectivos: Familiarizarse con as ferramentas que se nos ofrecen para coñecer e administrar o noso hardware. Solventar os problemas de instalación de dispositivos nun sistema operativo de Software Libre. Recompilación do núcleo (kernel) para engadir os últimos avances e optimiza-lo rendimento. Estratexias de adquisición de novos dispositivos para garantiza-la compatibilidade.

Data: Mércores 31 de Maio.

Lugar: Sala 4 do Aulario do Edificio Miralles - Cidade Universitaria de Vigo - Lagoas - Marcosende.

Hora: 16:00h a 19:00h.

Duración: 3 horas.

Material necesario: Os asistentes poden levar o seu portátil ou o seu ordenador. Disporase de conexión a Internet e de regletas de tensión.

Poñente: José Antonio Insua (GALPon).

Fotos del evento


Inscrición

Gratuita e entrada libre para todas as conferencias - taller.


Máis información

http://www.galpon.org

Correo electrónico: info@galpon.org

Co apoio de:

(imaxes)