Bolsa de traballo

De GALPon WiKi

Nas instalacións das xornadas disporanse dous paneis:

Ofertas / Empresas
Buscas / Desenvolvedores
Comunidade Libre

O panel de Ofertas / Empresas destinarase a publicación de solicitudes de desenvolvedores (ou traballadores en xeral).

Cada Empresa/ofertante disporá dun espazo para a colocación dunha folla DIN-A4 en posición natural (largo 210mmm x alto 297mm)
Cada folla DIN-A4 conterá só a oferta dun posto de traballo ou especialización. (podendo ser o mesmo posto para varias persoas)
Cada Folla conterá, como mínimo os seguintes datos
Empresa demandante, coa obriga de indicar se é a Empresa onde se desenvolverá o traballo ou se é unha empresa intermediaria.
Especialización e/ou titulación solicitada no seu caso
Localización do posto de traballo
Tipo de contrato ofrecido (FreeLance, Beca/convenio, Fin de obra, etc...)
BIDI (QRcode) con acceso á páxina web da Empresa ou, de preferilo, descrición detallada que se considere oportuna.

O panel Buscas / Desenvolvedores destinarase a publicación de dispoñibilidade para a súa contratación por parte de desenvolvedores (ou traballadores en xeral).

Cada desenvolvedor/traballador solicitante disporá só dun espazo para a colocación dunha folla DIN-A4 en posición natural (largo 210mmm x alto 297mm)
Cada folla DIN-A4 conterá só a descrición de intereses dunha persoa física, nunca dunha persoa xurídica ou dun grupo ou equipo de traballo (xa que iso considerase Ofertas / Empresas).
Cada Folla conterá, como mínimo os seguintes datos
Algunha forma inequívoca de identificación (p.ex. enderezo de correo)
Especialización e/ou titulación no seu caso
Limitación do tipo de contrato aceptable, ou o que é o mesmo, tipos de contratos preferíbeis ou tipos de contratos que non se aceptarán (FreeLance, Beca/convenio, Fin de obra, etc...)
BIDI (QRcode) con acceso á páxina web do desenvolvedor/traballador (preferíbel ao seu CV) ou, de preferilo, descrición detallada que se considere oportuna.

O panel Comunidade Libre Ten as mesmas características que o de Ofertas / Empresas restrinxíndose a ofertas de colaboración de grupos de desenvolvemento libre conforme a licenzas GNU/GPL ou BSD e deben ser grupos de traballo voluntario non retribuído e sen ánimo de lucro.

Custo

As Ofertas /Empresas deberán aboar 20,00€ (netos) á organización por cada oferta de traballo que desexen publicar.
As Buscas / Desenvolvedores están libres de calquera regalía ou pago.
As propostas Comunidade Libre están libres de calquera regalía ou pago.