Ava1502
AVA-1502 funcionando en GNU/Linux
Tras atoparme no GRUVI con unha serie de scanners SCSI (HP 4c e 4p) provistos dunha controladora Adaptec AVA-1502 (ISA por máis señas) da que non se dispón de módulo específico, comencei a furgar pola rede e atopei unha serie de trucos, ningún fucionaba doadamente, así que tras darlle voltas (é coa axuda de Victor) atopamos a forma de solucinar o proplema. Ahí vai:
Tras conectar a placa arrancamos o equipo, estamos ben atentos, e según recoñece os discos ríxidos pasa a recoñecer o resto de dispositivos, presentando unha listaxe deste tipo:
PCI device listing Card No. Device No. DMA IRQ Device name ___________________________________________ ...... ...... ISA/PNP device listing Card No. Device No. DMA IRQ Device name ___________________________________________ 1 0 1,3 5 Audio 2 0 NA 10 SCSI Controler
É nesta liña SCSI Controler na que debemos fixarnos. Como a cousa pode ir moi rápida, prememos la tecla [Pausa-Inter] e así temos tempo para ver ben cal é a IRQ que se lle asigna a controladora SCSI. premendo calqueira tecla segue o arranque do equipo.
Unha vez remate a carga, abrimos unha terminal de consola, e como administrador (su ou sudo) cargamos un módulo correspondente a unha controladora que é curmán da nosa, a AHA-1520, pero modificando a súa configuración. A orde a introducir é a seguinte
# modprobe aha152x aha152x=0x140,Y # sendo Y o valor da IRQ que vimos durante o arranque.
No caso do exemplo, a orde sería:
# modprobe aha152x aha152x=0x140,10
A partires de aqui xa podedes usar esa controladora con calquer dispositivo SCSI
Unha vez que verificamos o correcto funcionamento, non debemos de esquencer engadir o modulo e os parámetros aha152x aha152x=0x140,Y en /etc/modules ben editandoo ou con:
# echo aha152x aha152x=0x140,Y >> /etc/modules
Ollo co Y.
Si temos dificultades para saber cal é a IRQ (v.g. que a BIOS non nos deixa ver a carga) hai outra forma de facelo. En terminal escribimos
$ cat /proc/interrupts
E devolvenos unha listaxe ordenada das IRQ ocupadas so nos queda ir probando unha a unha coas baleiras (normalmente utiliza entre a 9 e a 13) e comprobar cal funciona doadamente. A ter en conta que aínda que a maioría das PCI poden compartir IRQ as ISA nunca comparten IRQ.