As mellores alternativas ─ Segundo o noso criterio
Contenido
Alternativas para os máis miudos
Educanix
Educanix é unha distribución live de GNU/linux creada especialmente para picaros de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. Esta distribución foi desenvolvida polo equipo do Centro de Referencia Linux da Universidade Autónoma de Madrid (CRL, UAM-IBM).
Educanix reune un conxunto de xogos educativos para picaros que comprenden diferentes áreas, como matemáticas, linguaxe, xeografía, etc completándose con xogos para o aprendizaxe do uso do computador ou xogos para o entretemento do picaro.
O feito de que a distribución sexa live implica que só se executa en memoria e polo tanto, non é necesaria a súa instalación en disco ríxido para o seu funcionamento. Isto permite executar a distribución en calquera máquina, sempre e cando posea un lector de CD. Ao non instalarse no disco ríxido, non perderemos os datos que teñamos no disco ríxido, conservándose así intactos os posibles sistemas operativos que estean instalados no computador.
- Páxina de inicio de Educanix con máis detalles sobre a mesma.
- Descarga do manual en .pdf, este manual está incorporado na distribución.
- Nota importante: Temos comprobado que en equipos modernos ten problemas para iniciarse, xa que non recoñece o hardware.
![]() |
![]() |
Qimo 4 Kids
Qimo é una distribución GNU/Linux deseñada especialmente para picaros. Baseada en Ubuntu Linux, foi desenvolvida (nun inicio) polos pais dun neno autista.
Qimo inclúe xogos educativos e de entretemento para picaros de 3 anos en diante, como Tuxmath, Tuxpaint e Tuxtype. Presenta unha interface que foi deseñada para seren intuitiva e doada de usar, fornecendo grandes iconas de maneira que non presenta problemas para que os picaros seleccionen as actividades que desexen.
Qimo só precisa dun mínimo de 256 MB de memoria RAM para executarse desde o CD, ou 192 MB para instalala. Rrecomendase alo menos 6 GB de espazo no disco ríxido e unha CPU de 400MHz ou máis.
- Lligazón á páxina de descarga de QIMO (recomendamos que se descargue co .torrent).
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Quimo pode ser empregado por rapaces de todas as idades, incluso polos pais, con case todas as funcionalidades dun sistema operativo tradicional. De feito é un Ubuntu «alixeirado» e cun escritorio Xfce, só hai que empregar os repositorios de Ubuntu para dispor dunha ferramenta total
Familias ou centros de orientación cristiana
Ubuntu Christian Edition
É unha Ubuntu básica, a que se lle engade un filtro de contidos (WebContentControl) baseado en DansGuardian e ferramentas para o estudo da Biblia como Xiphos, OpenSong e E-Sword.
Salientar que o proxecto WebContentControl xurde, precisamente, nesta distribución, nun principio chamado Parental Control GUI (Interface de Usuario de Control Paterno)
Familias ou centros de orientación musulmá
Ubuntu Muslim Edition
Conten software de filtado (Nanny), aplicativos para ter sempre a man as pregarias e un calendario «Hijra» entre outras características.
Familias ou centros de orientación Xudea
Non foi probada por nos, remitimonos ao que informan no seu web
- Despois de varios años de duro traballo, finalmente temos unha versión de edición de Jewbuntu. Esperamos que sexa utilizable e útil. Ten a mesma estabilidade de Ubuntu, con algunhas personalizacións adicionais para xudeus.
- Ímos abrir en breve un foro fin de manter as súas preguntas e comentarios e compartilos con nos.
A versión (7.10) é moi antiga (otubro do 2007) e semella que a páxina non mudou
Como gravar imaxes ISO en Window$
Unha Imaxe ISO é un ficheiro donde se almacena unha copia ou imaxe exacta dun sistema de ficheiros, normalmente un disco compacto, un disco óptico, como un CD, un DVD...
Window$ 7 incorpora xa algo que desde fai anos temos en GNU/Linux, un gravador de CD incorporado no sistema.
Nas versións anteriores de Window$ como XP ou Vista, podemos empregar aplicativos de pago como Nero ou empregar algún programa libre (aínda que non GNU ou OSI) e de balde como CDBurnerXP Professional que podemos descargalo de aquí.
Pódese empregar tamén a ferramenta freeware (de balde) Iso Recorder
--miguelbf 11:58 4 sep 2010 (UTC)