20070925 Conferencia Claudio F Filho
Cláudio Ferreira Filho é o coordinador do proxecto de adaptación e tradución do OpenOffice ao portugues do Brasil coa colaboración de máis de 150 desenvolvedores no seu país, e con máis de 10 millóns de descargas do paquete de aplicativos BrOffice — versión verde-e-amarela do software livre OpenOffice —.
Este proxecto comezou en 2002 e, desde entón, Ferreira Filho tem se dedicado à criação de projetos ligados ao produto — como um verificador ortográfico, que já tem quase 3 milhões de palavras, e uma revista eletrônica chamada BR-Zine. Além disso, ele é um dos 200 mil desenvolvedores no mundo que trabalham no código do OpenOffice sendo a comunidade de desenvolvemento máis activa do mundo.
Claudio é membro, entre outras, da comunidade Debian.org internacional, e desenvolvedor da comunidade internacional MySQL ademáis de colaborador dos proxectos Mozilla Brasil e PostgreSQL_BR.
Recentemente foi premiado como unha das 50 persoas máis importantes do Brasil no eido da innovación [1].
Na actualidade traballa na secretaría de Facenda do Estado de Matto Grosso, e tamén como asesor de empresas privadas en asuntos de migración a Software Libre, con procesos de migración en redes de máis de 2000 computadoras.
Con toda probabilidade proximamente será nomeado asesor do goberno federal do Brasil presidido por Lula da Silva, como asesor no proceso de adopción e migración ao OpenOffice na administración do Goberno Federal.
Estas charlas satisfacen a necesidade de dar resposta o creciente interés que para a sociedade en xeral ten o emprego do Software Libre e dos formatos baseados en estándares (padroes) internacionalmente recoñecidos e abertos.
Claudio falará sobre a súa experiencia no desenvolvemento das comunidades do Software Libre e como o emprego deste tipo de aplicacións pode favorecer outro tipo de relacións entre cidadás xeográficamente dispersos, aproveitando ás novas tecnoloxías, a internet, o software libre e unha lingua semellante.