Diferencia entre revisiones de «Xornadas sobre Scratch + Arduino - Presentación do proxecto»
m (→Organiza) |
m (→Contacto) |
||
Línea 92: | Línea 92: | ||
:: '''GALPon''' | :: '''GALPon''' | ||
:: '''rúa Uruguai nº 8, 5º, of. 8''' | :: '''rúa Uruguai nº 8, 5º, of. 8''' | ||
− | :: ''' | + | :: '''36201 Vigo''' |
* Web/Blogue: | * Web/Blogue: | ||
:* http://galiciascratch.blogspot.com.es/ | :* http://galiciascratch.blogspot.com.es/ |
Revisión del 09:30 4 jun 2012
Contenido
Scratch Galicia
Xornada formativa en Vigo «Scratch + Arduino»
Introdución
Scratch é un aplicativo informático destinado a introducir aos nenos e nenas no mundo da programación mediante o uso dunha sinxela interface gráfica, axudando a desenvolver o pensamento algorítmico, a creatividade e a destreza para solucionar problemas. Permite crear de forma moi sinxela historias, simulacións e xogos e compartir os proxectos na Rede. Scratch utiliza a linguaxe LOGO e está desenvolvido polo grupo «the Lifelong Kindergarten group» no Media Lab do MIT (Massachussets Institute of Tecnology)
Arduino é unha plataforma electrónica aberta destinada á creación de obxectos e sistemas interactivos. Arduino pode tomar información do contorno a través de sensores conectados a través dos seus puntos de entrada e pode interactuar co contorno controlando luces, motores e outros actuadores conectados aos seus puntos de saída. Pódese programar mediante S4A, software baseado en Scratch.
Obxectivos
- Dar a coñecer o entorno Scratch entre o profesorado galego.
- Introducir a programación con Scratch nas actividades de aula de forma interdisciplinaria.
- Dar a coñecer a programación de arduino mediante S4A.
- Incidir na necesidade de utilizar software libre na educación.
Destinatarios
- Profesorado do ensino público de Educación Primaria e Secundaria.
Lugar e data de celebración
- XX de novembro de 2012 (Por determinar)
- IES XXX en Vigo (Por determinar)
Estrutura, contidos e metodoloxía
- Introdución.
- Introdución a Scratch
- Exemplos de proxectos de aula con Scratch.
- Exemplos de proxectos de aula con S4A e Arduino.
- Obradoiros prácticos de programación con Scratch.
- Instalación de Scratch
- Programación con Scratch. Bloques, funcións, variables, etc.
- Prácticas básicas de programación con Scratch.
- Propostas de proxectos a desenvolver.
- Obradoiros prácticos S4A + Arduino
- Introdución a arduino
- Compoñentes electrónicos básicos
- Instalación de S4A
- Prácticas básicas de programación con S4A
- Propostas de proxectos a desenvolver.
- Programación avanzada de arduino
Día do Scratch
Introdución
O «Día do Scratch» é unha actividade de «continuación» mais non forma parte do mesmo proceso de organización. |
Scratch Day é unha actividade que se organiza simultaneamente entre o 19 e o 24 de maio en cidades de todo o mundo e que ten como obxectivo compartir proxectos e experiencias desenvolvidas con Scratch.
Obxectivos
- Crear un punto de encontro no que o alumnado galego poda expoñer e compartir os seus proxectos realizados con Scratch e/ou S4A co resto da comunidade, e que, a través do traballo colaborativo, poida aprender novas estratexias e crear novos proxectos.
- Crear un punto de encontro no que o profesorado galego poida compartir e intercambiar experiencias de aula realizadas con Scratch e/ou S4A.
Destinatarios
- Alumnado dos centros públicos galegos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
- Profesorado dos centros públicos galegos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
Lugar e data de celebración
- XX de maio de 2013 (Por determinar)
- XXX en Vigo (Por determinar)
Estrutura, contidos e metodoloxía
- Exposición de proxectos do alumnado
- Educación Primaria
- Educación Secundaria Obrigatoria
- Bacharelato
- Obradoiros prácticos.
- Xogos
Organiza
- GALPon - Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra
A tódolos efectos legais e de infraestrutura.
- Apetega
Como entidade do profesorado e coordinación de aulas.
Contacto
Para calquera dúbida referente á organización dos eventos rogamos se poñan en contacto connosco a través dalgún dos seguintes medios:
- Correo-e
- info@galpon.org
- Enderezo postal
- GALPon
- rúa Uruguai nº 8, 5º, of. 8
- 36201 Vigo
- Web/Blogue:
- Twitter:
- https://twitter.com/#!/GaliciaScratch
- @GaliciaScratch
- identi.ca
- http://identi.ca/GaliciaScratch
- @GaliciaScratch
- Google+
- https://plus.google.com GaliciaScratch
Patrocina