Diferencia entre revisiones de «Xornadas sobre Scratch + Arduino - Presentación do proxecto»

De GALPon WiKi
m (Ouro)
m (Ouro)
Línea 109: Línea 109:
  
 
==== Ouro ====
 
==== Ouro ====
[http://tegnix.com '''Tegnix'''] [[Archivo:Tegnix.png|200px]]        [http://apetega.org '''Apetega'''] [[Archivo:apetega.jpg|100px]]
+
[http://tegnix.com '''Tegnix'''] [[Archivo:Tegnix.png|200px]]        [http://apetega.org '''Apetega'''] [[Archivo:apetega.jpg|125px]]
  
 
==== Prata ====
 
==== Prata ====

Revisión del 17:08 31 may 2012

Documentos de presentación do proxecto:

Xornada formativa en Vigo «Scratch + Arduino»

Introdución

Scratch é un aplicativo informático destinado a introducir aos nenos e nenas no mundo da programación mediante o uso dunha sinxela interface gráfica, axudando a desenvolver o pensamento algorítmico, a creatividade e a destreza para solucionar problemas. Permite crear de forma moi sinxela historias, simulacións e xogos e compartir os proxectos na Rede. Scratch utiliza a linguaxe LOGO e está desenvolvido polo grupo «the Lifelong Kindergarten group» no Media Lab do MIT (Massachussets Institute of Tecnology)

Arduino é unha plataforma electrónica aberta destinada á creación de obxectos e sistemas interactivos. Arduino pode tomar información do contorno a través de sensores conectados a través dos seus puntos de entrada e pode interactuar co contorno controlando luces, motores e outros actuadores conectados aos seus puntos de saída. Pódese programar mediante S4A, software baseado en Scratch.

Obxectivos

  • Dar a coñecer o entorno Scratch entre o profesorado galego.
  • Introducir a programación con Scratch nas actividades de aula de forma interdisciplinaria.
  • Dar a coñecer a programación de arduino mediante S4A.
  • Incidir na necesidade de utilizar software libre na educación.

Destinatarios

  • Profesorado do ensino público de Educación Primaria e Secundaria.

Lugar e data de celebración

  • XX de novembro de 2012 (Por determinar)
  • IES XXX en Vigo (Por determinar)

Estrutura, contidos e metodoloxía

  • Introdución.
    • Introdución a Scratch
    • Exemplos de proxectos de aula con Scratch.
    • Exemplos de proxectos de aula con S4A e Arduino.
  • Obradoiros prácticos de manexo do entorno.
    • Instalación de Scratch
    • Entrono de programación Scratch. Bloques, funcions, variables, etc.
    • Prácticas básicas de programación con Scratch.
    • Propostas de proxectos a desenvolver.
  • Obradoiros prácticos S4A + Arduino
    • Introdución a arduino
    • Compoñentes electrónicos básicos
    • Instalación de S4A
    • Prácticas básicas de programación con S4A
    • Propostas de proxectos a desenvolver.


I Día do Scratch

Introdución

Scratch Day é unha actividade que se organiza simultaneamente entre o 19 e o 24 de maio en cidades de todo o mundo e que ten como obxectivo compartir proxectos e experiencias desenvolvidas con Scratch.

Obxectivos

  • Crear un punto de encontro no que o alumnado galego poda expoñer e compartir os seus proxectos realizados con Scratch e/ou S4A co resto da comunidade, e que, a través do traballo colaborativo, poida aprender novas estratexias e crear novos proxectos.
  • Crear un punto de encontro no que o profesorado galego poida compartir e intercambiar experiencias de aula realizadas con Scratch e/ou S4A.

Destinatarios

  • Alumnado dos centros públicos galegos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
  • Profesorado dos centros públicos galegos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato.

Lugar e data de celebración

  • XX de maio de 2013 (Por determinar)
  • XXX en Vigo (Por determinar)

Estrutura, contidos e metodoloxía

  • Exposición de proxectos do alumnado
    • Educación Primaria
    • Educación Secundaria Obrigatoria
    • Bacharelato
  • Obradoiros prácticos.
  • Xogos

Organiza


Contacto

Para calquera dúbida referente á organización dos eventos rogamos se poñan en contacto connosco a través dalgún dos seguintes medios:

  • correo-e
info@galpon.org
  • Dirección postal
GALPon
rúa Uruguai nº 8, 5º, of. 8
36210 Vigo
  • Web:
  • Twitter:


Patrocina


Patrocinadores xa comprometidos

Platino

Ouro

Tegnix Tegnix.png        Apetega Apetega.jpg

Prata

Bronze

Estándar

Trasno Trasno.png