Uso xeral de Picasa

De GALPon WiKi

Identificarse e pechar a sesión

Unha vez rexistrada a conta, pódese acceder a Picasa dende picasaweb.google.com, introducir os datos da conta de Google, asegurarse por motivos de seguridade de que a caixa da opción de non pechar a sesión (No cerrar sesión) non está marcada, e premer o botón de «Acceder» para identificarse. Iso debería levarnos á nosa páxina principal de Picasa.

Cada vez que rematemos de empregar o Picasa deberemos pechar a sesión, por motivos de seguridade. Para iso premeremos a ligazón de «Salir» que hai na parte superior dereita.

Interface

A interface de Picasa é bastante sinxela. Da barra superior de todo, a común a todos os servizos de Google, só nos interesarán os seguintes elementos, situados na parte dereita:

Configuración
Permite acceder á páxina de configuración.
Ayuda
Permite acceder ás páxinas de axuda oficiais de Picasa.
Salir
Como xa se veu anteriormente, permite pechar a sesión.

Estoutros son os elementos do menú de Picasa:

Mis fotos
Permite acceder á páxina de xestión das fotos persoais.
Personas
Permite acceder á páxina de xestión dos contactos.
Explorar
Permite acceder á páxina de exploración dos contidos públicos.

Páxinas

Mis fotos

Personas

Exploración

Configuración

A páxina de configuración contén unha serie de lapelas. En cada unha haberá distintos aspectos a configurar. Cada vez que se faga unha modificación nalgún deles, deberase premer o botón da parte inferior, «Guardar cambios», para gardar os cambios.

General

Esta lapela permite configurar algúns dos aspectos fundamentais e información da conta.

Tu seudónimo
Trátase do alcume público.
Tu imagen de perfil
É a imaxe pública do usuario. O mellor sería probablemente evitar poñer unha foto persoal. Como ideas, pode escollerse unha imaxe que nos resulte interesante pero que non diga nada de nós, ou que sexa difícil adiviñar nada noso con ver a imaxe.
Dado que a imaxe ten que formar parte dos nosos álbums públicos, deberemos antes crear un álbum público no que cargar a imaxe que empregaremos para o perfil (e preferiblemente ningunha máis).
Archivo:Picasa → Configuración → General → Tu imagen de perfil 1.png
Archivo:Picasa → Configuración → General → Tu imagen de perfil 2.png
Archivo:Picasa → Configuración → General → Tu imagen de perfil 3.png
Tu URL de galería
A xente poderá acceder aos álbums de fotos que fagamos públicos (se é que facemos público algún, que non será o recomendado na maioría dos casos) coñecendo o enderezo web da nosa galería. O que teñamos («https://picasaweb.google.com/conta) será probablemente o máis lexible que poidamos ter, así que probablemente non queiramos cambialo.
Tu URL de la galería sin listar
Trátase do enderezo web mediante o que calquera usuario poderá ver os nosos álbums públicos e «sen listar». Se dito enderezo se fixo público por erro ou se a persoa a quen se lle entregou xa viu as imaxes sen listar e non ten por que volver a velas (a curto prazo), cómpre restablecer o enderezo. Premendo a ligazón que di «Restablece la clave secreta de la galería sin listar» cambiará, de xeito que a anterior non se poderá empregar.
Preferencias de idioma
Trátase dun menú despregable mediante o que se pode modificar a lingua para a interface de Picasa.
Sube tus fotos por correo electrónico
Cómpre deixar isto desactivado, xa non por motivos de seguridade senón por motivos de sinxeleza. Salvo casos moi especiais, subir fotos a Picasa por este método resulta innecesariamente complicado.
Traducción del comentario
Esta funcionalidade permite a tradución automática dos comentarios que non estean na lingua na que temos a interface. No noso caso concreto, no que os nosos contactos probablemente empreguen indistintamente o galego e o castelán (ou en calquera caso unha lingua que comprendamos), probablemente nos interese desactivar esta opción.
Seguimento de fotos
É cousa de cada un, pero preocuparse o máis mínimo polas estatísticas de visita e álbums de imaxes privados resulta, canto menos, irracional.

Notificación de correo electrónico

Privacidad y permisos

Almacenamiento

Xestión dos contidos

Picasa permite gardar imaxes, agrupadas por álbums. Un álbum non deixa de ser unha forma de establecer unha serie de condicións (restrición de uso, usuarios ou grupos de usuarios que poden visualizar o contido ou colaborar con achegas de seu, etc.) comúns a todas as imaxes que conteña.

Crear álbums

Para crear un álbum, premeremos o botón de Archivo:Picasa → Subir 1.png que aparece no menú de Picasa, e na xanela que apareza premeremos a ligazón que di «crea uno nuevo». Entón aparecerá unha xanela na que poderemos proceder a definir as propiedades do novo álbum.

Supoñendo que se trate dun álbum privado, cómpre darlle un título descritivo, a data é algo obrigatorio, e logo estaría ben que a descrición completase a información que conteña o título. Tamén se pode por suposto indicar o lugar onde se sacaron as fotografías ou crearon as imaxes, mesmo marcalo no mapa. Pero non hai que esquecer que isto cambia radicalmente se queremos facer públicas as imaxes, en cuxo caso deberemos tomar máis precaucións e evitar publicar calquera información que non sexa estritamente necesaria.

Premendo en Permisos avanzados poderemos escoller se amosar ou ocultar as etiquetas de nome do álbum ou non. Se configuramos correctamente a nosa intimidade en Picasa, xa se debería configurar automaticamente de xeito que as etiquetas se oculten nos álbums públicos e se amosen nos privados. É dicir, se fixemos as cousas ben probablemente non necesitemos preocuparnos por esta parte da creación do álbum.

Respecto da visibilidade, deberá sempre ser privada, ou pública para casos excepcionais (e tomando durante a súa creación e á hora de engadir imaxes as medidas oportunas para protexer a nosa intimidade). Cómpre evitar a opción de «Cualquier usuario con el enlace», pois non podemos controlar con quen comparten as ligazóns as persoas ás que llas facilitemos. O control debemos telo en todos os casos nós, e cómpre saber sempre a quen se lle está dando o acceso. Deixar que calquera poida acceder coa ligazón pero sen identificarse en Picasa é como poñer o álbum como “público” pensando que o estamos poñendo como “privado”.

A continuación poderemos escoller grupos de usuarios (creados por nós) cos que compartir o álbum (que poidan visualizar as imaxes, comentar nelas, etc.). Se o que se quere é que ao álbum poidan acceder persoas concretas e non grupos enteiros, podemos deixar todos os grupos sen marcar e posteriormente, tras a creación do álbum, escoller quen poderá acceder ao grupo (con ou sen permisos para colaborar nel.

Respecto da opción final, a de «Mostrar las ubicaciones de las fotos a quienes vean este álbum», pode marcarse en álbums privados, mais xamais nos públicos.

Subir imaxes

Para subir imaxes á nosa conta en Picasa, abonda con premer o botón Archivo:Picasa → Subir 1.png que aparece no menú de Picasa. A continuación aparecerá unha xanela listando os distintos álbums de que dispoñemos. Se queremos subir unha imaxe a un álbum distinto, haberá que crealo antes (na xanela aparecerá unha ligazón co texto «crea uno nuevo» que permitirá acceder á xanela de creación de álbums). Se o álbum no que a imos gardar xa existe, haberá que seleccionalo na lista e premer o botón de «Seleccionar álbum» que aparece na parte inferior da xanela.

Abrirase unha nova páxina dende a que se poderán escoller ata cinco imaxes a subir ao álbum escollido, e unha vez escollidas, premerase o botón de «Iniciar subida». Unha vez cargadas as imaxes, abrirase a páxina do álbum ao que as subimos, e no que xa estarán dispoñibles.

Colaboracións en álbums

É posible crear álbums e deixar que outras persoas, os colaboradores (elixidos por nós), poidan subir imaxes a eles. Nos álbums en que se faga, cada colaborador poderá subir e modificar as súas propias imaxes (xiralas, cambiarlles o título, etc.), e nós, como creadores e donos do álbum, poderemos modificar todas as imaxes subidas, nosas ou dos colaboradores.

Pero antes de ver como facer isto, cómpre ter en conta unha serie de consideracións:

  • Como creadores dun álbum, seremos responsables das imaxes que suban os colaboradores autorizados por nós. É dicir, salvo no que respecta ao campo informativo da autoría da carga da imaxe (o nome de quen a subiu), toda imaxe subida por un colaborador a un dos nosos álbums é nosa: ocupa o noso espazo virtual, e somos responsables de que a imaxe cumpra coas políticas de Picasa, así como responsables das consecuencias.
  • Como colaboradores dun álbum doutro usuario, cómpre ter claro que se subimos imaxes ao álbum e logo o autor nos denega o acceso a el, as imaxes que subísemos seguirán no álbum.

En calquera caso: sentidiño!

Permitir colaboracións

Para permitirlle a outros usuarios de Picasa ser colaboradores nun dos nosos álbums, primeiro haberá que acceder ao álbum («Mis Fotos», e logo premer o álbum en cuestión). Unha vez nel, no menú do álbum premeremos o botón Archivo:Picasa → Mis fotos → Álbum → Compartir 1.png. Aparecerá a seguinte páxina:

Unha vez aquí, o primeiro será escoller quen vai poder subir imaxes. Na parte lateral están os nosos grupos, que poderemos escoller. Tamén se poden engadir persoas de unha en unha mediante a caixa de texto superior, na que deberemos escribir os seus enderezos de correo electrónico (a caixa de texto ten función de completado automático, polo que non debería resultar demasiado difícil facelo).

Unha vez escollidas as persoas que van poder “colaborar” no álbum, haberá que marcar a caixa á esquerda do texto que di «Permitir que los usuarios con los que comparto añadan fotos».

Por suposto, se non informamos previamente aos destinatarios de que lles iamos dar estes permisos sobre o álbum, cómpre encher a segunda caixa de texto coa correspondente explicación. Unha vez rematemos, poderemos premer o botón da parte inferior que di «Enviar correo electrónico».

Os nosos “colaboradores” recibirán a notificación pertinente:

  • Unha mensaxe na columna de Actividad reciente.
  • Un correo electrónico coma o seguinte:

Revogar colaboracións

Se nalgún momento decidimos que xa non queremos que unha persoa poida subir e modificar contidos nun dos nosos álbums, sempre poderemos revogarlle os permisos. Para iso, primeiro accederemos ao álbum. No panel dereito, baixo o título de «Compartido con», hai unha lista das persoas e grupos cos que se está a compartir o álbum.

Á dereita de cada un hai dúas iconas:

Nota: os permisos de colaboración e os de visualización son cousas distintas. Bloquear a un usuario o permiso de colaborar non significa que non poida ver as imaxes se o álbum é público.

Gallaecio 06:28 12 feb 2011 (CET)