Uso xeral de Picasa
Identificarse e pechar a sesión
Unha vez rexistrada a conta, pódese acceder a Picasa dende picasaweb.google.com, introducir os datos da conta de Google, asegurarse por motivos de seguridade de que a caixa da opción de non pechar a sesión (No cerrar sesión) non está marcada, e premer o botón de «Acceder» para identificarse. Iso debería levarnos á nosa páxina principal de Picasa.
Cada vez que rematemos de empregar o Picasa deberemos pechar a sesión, por motivos de seguridade. Para iso premeremos a ligazón de «Salir» que hai na parte superior dereita.
Interface
A interface de Picasa é bastante sinxela. Da barra superior de todo, a común a todos os servizos de Google, só nos interesarán os seguintes elementos, situados na parte dereita:
- Configuración
- Permite acceder á páxina de configuración.
- Ayuda
- Permite acceder ás páxinas de axuda oficiais de Picasa.
- Salir
- Como xa se veu anteriormente, permite pechar a sesión.
Estoutros son os elementos do menú de Picasa:
- Mis fotos
- Permite acceder á páxina de xestión das fotos persoais.
- Personas
- Permite acceder á páxina de xestión dos contactos.
- Explorar
- Permite acceder á páxina de exploración dos contidos públicos.
Gallaecio 06:28 12 feb 2011 (CET)