Diferencia entre revisiones de «Uso xeral de Facebook»

De GALPon WiKi
m (Procura)
(Vou gardando aquí. Toca ampliar a páxina de configuración da protección da intimidade.)
Línea 2: Línea 2:
 
| __TOC__
 
| __TOC__
 
|}
 
|}
 +
 +
==Iniciar sesión==
 +
«Iniciar sesión» é o que popularmente se coñece como «entrar no Facebook», e unha vez [[rexistrada a conta]] é tan doado como ir a [http://gl-es.facebook.com/ http://gl-es.facebook.com/] e introducir na parte superior o noso enderezo de correo electrónico e mailo noso contrasinal de Facebook, e logo premer no botón da dereita que di «Iniciar sesión».
 +
 +
[[Imagen:Iniciando sesión en Facebook.png|center|480px]]
 +
 +
:''Máis adiante aprenderemos a pechar a sesión antes de saír de Facebook dende o [[#Menú principal|menú principal]], algo moi importante por motivos de seguridade.''
  
==Primeiros pasos==
 
==Primeiros pasos==
Línea 12: Línea 19:
 
En caso de confiar en Facebook, solicitarásenos o contrasinal do noso correo electrónico (que debería ser distinto do de Facebook, por suposto), e unha vez introducido Facebook amosaralos a lista de contactos que teñen unha conta en Facebook xa creada, e da lista poderemos elixir a quen agregar e a quen non. Unha vez escollida a xente que queiramos agregar como amigos, Facebook enviaralles as respectivas invitacións e ofreceranos enviarlles aos nosos contactos que non están en Facebook invitacións para unirse á rede social. Se quere que os seus amigos se unan á rede, o mellor sería que llo comunicase de maneira máis persoal por outro medio. Recibir este tipo de mensaxes pode resultar bastante molesto para o destinatario.
 
:''Máis adiante verase como [[#Buscar amigos|buscar amigos]].
+
:''Máis adiante verase como [[#Procurar|buscar amigos]].
  
O segundo apartado consiste en engadir ao noso perfil unha foto. Neste punto temos que pensar que a foto que colguemos estará dispoñible para calquera persoa, polo que nós recomendamos non subir ningunha, ou en todo caso subir unha que nada teña que ver connosco ─e por motivos legais que estea preferiblemente no dominio público─. Por exemplo, pode buscar unha fotografía que lle resulte interesante [http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Imágenes_de_dominio_público neste artigo da Wikipedia en castelán] (na parte inferior amósanse ligazóns a moitas fontes de imaxes no dominio público). Cando teña (no seu disco duro, nun cartafol calquera) a imaxe que quere subir (se é que quere subir algunha), prema na ligazón que di «Cargar unha foto»:
 
Línea 40: Línea 47:
 
[[Imagen:Atopa a xente que coñeces.png|center]]
 
[[Imagen:Atopa a xente que coñeces.png|center]]
  
Podemos volver [[#Buscar amigos|buscar amigos]] en calquera momento, non temos por que facelo cando a Facebook lle apetece, pero en caso de que coincida que queremos facelo agora (para que negalo, é un momento tan bo como calquera outro), fagámolo. Por exemplo, María vai buscar ao seu amigo de toda a vida, José, que disque tamén ten un Facebook destes. Primeiro paso, introducir o nome completo do amigo:
+
Podemos volver [[#Procurar|buscar amigos]] en calquera momento, non temos por que facelo cando a Facebook lle apetece, pero en caso de que coincida que queremos facelo agora (para que negalo, é un momento tan bo como calquera outro), fagámolo. Por exemplo, María vai buscar ao seu amigo de toda a vida, José, que disque tamén ten un Facebook destes. Primeiro paso, introducir o nome completo do amigo:
  
[[Imagen:Buscando a José.png|center]]
 
[[Imagen:Buscando a José.png|center]]
Línea 60: Línea 67:
  
A continuación analizarémola parte por parte, explicando a función de cada unha destas partes, e como utilizalas.
 
A continuación analizarémola parte por parte, explicando a función de cada unha destas partes, e como utilizalas.
 +
 +
===Logotipo===
 +
O logotipo de Facebook, situado no bordo superior esquerdo, liga xeralmente á [[#Novas|páxina de novas]] do «[[#Inicio|Inicio]]», que veremos máis adiante.
  
===Alertas===
 
===Alertas===
Línea 85: Línea 95:
 
Nótese que no panel esquerdo da imaxe aparecen distintas categorías de contido. Supoñendo que busquemos algo para o que haxa contidos distintos en moitas categorías pero nós esteamos buscando unha soa, premendo en dita categoría no panel amosaríanse só os seus resultados. Por exemplo, se buscásemos un grupo concreto e aparecesen entre os resultados persoas e páxinas con nomes similares, poderíamos premer en «Grupos» no panel esquerdo para así limitar os resultados amosados a grupos.
 
===Panel esquerdo===
+
Cando queiramos buscar amigos nosos en Facebook, o mellor xeito de facelo e escribir directamente o seu nome completo no cadro de procura. Se non nos aparece directamente a páxina do amigo (dende a que podemos de maneira intuitiva solicitar a súa amizade), na lista de resultados poderemos buscalo, probablemente guiándonos pola súa foto de perfil, que tras falar con el ou ela por outro medio deberiamos coñecer (en caso de que non sexa unha fotografía da persoa). Lémbrese en todo momento que a persoa á que lle solicitamos a amizade podería estar suplantando a identidade do noso verdadeiro ou verdadeira amiga, polo que recomendados encarecidamente asegurarnos de que se trata desa persoa contactando con ela por algún método de comunicación alternativo, xa sexa o correo electrónico, a ''mensaxería'' instantánea, o teléfono, etc.
====Amigos====
+
 
 +
===Menú principal===
 +
O menú principal, situado na parte superior dereita da interface, contén ligazóns ás páxinas de «[[#Inicio|Inicio]]» e «[[#Perfil|Perfil]]», moi importantes para o uso de Facebook, así como a unha terceira páxina, «Atopar amigos», de moi pouca importancia (xa se explicou antes como [[#Procurar|buscar amigos]]), e un botón «Conta» que abre unha caixa con ligazóns importantes que veremos enseguida. Pero o primeiro é ver o menú principal, salientado en amarelo na imaxe a continuación:
 +
 
 +
[[Imagen:Interface de Facebook co menú principal salientado.png|center|480px]]
 +
 
 +
O resto de botóns explicaranse máis adiante, pero o último explicarémolo agora. Ao premer en «Conta», aparece unha caixa con diversas ligazóns como a seguinte:
 +
 
 +
[[Imagen:Menú de «Conta» en Facebook.png|center]]
 +
 
 +
;Editar amigos
 +
:Este menú leva a unha páxina coas mesmas funcións que a [[#Amigos|sección de amigos]] do «[[#Inicio|Inicio]]», polo que non ten sentido pararse nela.
 +
 
 +
;Configuración da conta
 +
:Este menú leva á páxina «[[#A Miña Conta|A Miña Conta]]», onde se poden realizar diversas configuracións relativas á nosa conta de usuario.
 +
 
 +
;Axustes de privacidade
 +
:Este menú leva á páxina base para a configuración da protección da nosa intimidade, que [[Configuración da intimidade en Facebook|xa vimos anteriormente]].
 +
 
 +
;Axustes da aplicación
 +
:Este menú leva a unha páxina na que se configuran as distintas opcións dos ''aplicativos'' utilizados polo usuario, incluídas as de configuración da protección da intimidade. O usuario podería considerar que, dado que non utiliza ''aplicativo'' ningún de Facebook, non fai falla acceder á páxina, pero Facebook trata como ''aplicativos'' cousas que se comparten a miúdo na rede, que é polo que [[Configuración da intimidade en Facebook#Configuración dos aplicativos|xa vimos anteriormente como configurar dita páxina]].
 +
 
 +
;Centro de axuda
 +
:Este menú liga a unha páxina con toda a axuda oficial de Facebook, útil para completar toda aquela información fornecida por esta guía, se ben non tan útil (tirando a ben pouco) en materia de seguridade persoal.
 +
 
 +
;Saír
 +
:Finalmente, este menú permite pechar a sesión iniciada en Facebook. Cada vez que se vaia deixar de usar Facebook, cómpre premer aquí antes de pechar a fiestra do ''navegador web'', pois deixar aberta a sesión é un importante risco de seguridade que se debe evitar a toda costa.
 +
 
 +
===Paneis===
 +
O resto da interface, de fondo branco, variará segundo a páxina en que se estea, amosando distinto tipo de contido, polo que ás tres columnas que conforman o resto da interface (de fondo branco) se lles denomina simplemente paneis: panel esquerdo, panel central e panel dereito. Cómpre lembralo dado que nos referiremos a eles máis adiante con estes nomes.
 +
 
 +
==Inicio==
 +
:''Continuará...''
 +
 
 +
===Amigos===
 
O menú de «Amigos» do panel esquerdo da interface de Facebook permite xestionar todo o relativo aos nosos amigos, así como acceder a información sobre eles, e facilítanos atopar a outros amigos que tamén teñen unha conta en Facebook. Asemade, a cantidade de peticións de amizade aparece reflectida entre parénteses ao carón desta ligazón (cando hai algunha petición) do mesmo xeito que ocorre coa respectiva [[#Alertas|alerta]].
 
==Xestionar solicitudes de amigos==
+
==Perfil==
 +
 
 +
==A Miña Conta==
 +
 
 +
==Outras cuestións==
 +
 
 +
===Xestionar solicitudes de amigos===
 
Xa vimos antes como saber que tiñamos unha solicitude de amizade [[#Alertas|mediante a súa respectiva alerta]]. Agora toca ver como xestionar esas solicitudes de amizade (aceptalas ou denegalas). A pesar do que a palabra “xestionar” poida suxerir, a cousa é moi doada. Só con premer na icona das solicitudes de amizade accederemos a unha caixa coa lista de solicitudes de amizade actuais, na que poderemos aceptar («Confirmar») ou denegar («Ignorar») as distintas solicitudes de amizade.
 
[[Imagen:Lendo as solicitudes de amizade en Facebook.png]]
 
[[Imagen:Lendo as solicitudes de amizade en Facebook.png]]
  
==Bloqueo de usuarios ou invitacións==
+
===Bloqueo de usuarios ou invitacións===
 
'''Facebook''' permite aos seus usuarios bloquear a outros usuarios, así como bloquear invitacións a xogos ou eventos.
 
'''Facebook''' permite aos seus usuarios bloquear a outros usuarios, así como bloquear invitacións a xogos ou eventos.
  
Línea 113: Línea 163:
 
Como se pode observar, para bloquear completamente a un usuario podemos proceder ben mediante o seu correo electrónico ben polo seu nome de usuario. Para bloquear invitacións será necesario introducir o nome do usuario que as envía. Non fai falla dicir que bloqueando completamente a un usuario tamén se bloquearán as súas invitacións. Porén, como xa se dixo, poderá relacionarse connosco a través dos ''aplicativos'' de Facebook.
 
==Correos electrónicos de Facebook==
+
===Correos electrónicos de Facebook===
 
Xa houbo casos de correos electrónicos fraudulentos de Facebook, nos que simulando o formato dos correos oficiais de Facebook se procuraba conseguir a información de acceso a Facebook dos seus usuarios (o contrasinal). De pouco serve ter un bo contrasinal se por descoidarmos llo enviamos a quen non debemos, así que cómpre termos coidado cos correos recibidos.
 
Revisión del 01:25 23 ago 2010

Iniciar sesión

«Iniciar sesión» é o que popularmente se coñece como «entrar no Facebook», e unha vez rexistrada a conta é tan doado como ir a http://gl-es.facebook.com/ e introducir na parte superior o noso enderezo de correo electrónico e mailo noso contrasinal de Facebook, e logo premer no botón da dereita que di «Iniciar sesión».

Máis adiante aprenderemos a pechar a sesión antes de saír de Facebook dende o menú principal, algo moi importante por motivos de seguridade.

Primeiros pasos

Unha vez configurada a protección da nosa intimidade, é hora de dar os primeiros pasos nesta rede social. Procuraremos completar (tendo en conta as cuestións de seguridade persoal) os outros catro apartados que se nos amosaran inicialmente tras a creación da nosa conta en Facebook.

O primeiro apartado indícanos que busquemos amigos en Facebook que teñamos como contactos na nosa conta de correo. En teoría Facebook non garda o noso contrasinal, pero depende do usuario confiar ou non en que o cumpra. O que si cómpre considerar é se de verdade temos a necesidade de agregar a toda persoa que teñamos como contacto na nosa conta de correo electrónico. A miúdo buscar aos nosos verdadeiros achegados mediante o buscador de Facebook, ou pedíndolles a eles mediante sistemas alternativos que nos pidan a amizade (mediante mensaxería instantánea ou correo electrónico) resulta nunha experiencia máis persoal. E Facebook non se trata de chegar a 5.000 amigos, senón de relacionarse por medio da rede cos que de verdade o son.

Buscar contactos presentes en Facebook.png

En caso de confiar en Facebook, solicitarásenos o contrasinal do noso correo electrónico (que debería ser distinto do de Facebook, por suposto), e unha vez introducido Facebook amosaralos a lista de contactos que teñen unha conta en Facebook xa creada, e da lista poderemos elixir a quen agregar e a quen non. Unha vez escollida a xente que queiramos agregar como amigos, Facebook enviaralles as respectivas invitacións e ofreceranos enviarlles aos nosos contactos que non están en Facebook invitacións para unirse á rede social. Se quere que os seus amigos se unan á rede, o mellor sería que llo comunicase de maneira máis persoal por outro medio. Recibir este tipo de mensaxes pode resultar bastante molesto para o destinatario.

Máis adiante verase como buscar amigos.

O segundo apartado consiste en engadir ao noso perfil unha foto. Neste punto temos que pensar que a foto que colguemos estará dispoñible para calquera persoa, polo que nós recomendamos non subir ningunha, ou en todo caso subir unha que nada teña que ver connosco ─e por motivos legais que estea preferiblemente no dominio público─. Por exemplo, pode buscar unha fotografía que lle resulte interesante neste artigo da Wikipedia en castelán (na parte inferior amósanse ligazóns a moitas fontes de imaxes no dominio público). Cando teña (no seu disco duro, nun cartafol calquera) a imaxe que quere subir (se é que quere subir algunha), prema na ligazón que di «Cargar unha foto»:

Cargar unha foto para o perfil.png

Ao premer nela abrirase unha caixa de diálogo pedíndonos a ruta ao ficheiro da imaxe a subir. Simplemente teremos que premer no botón de «Examinar» (depende do navegador web dende o que se acceda) e buscar a imaxe no cartafol onde a deixamos. Unha vez escollida, subirase aos servidores de Facebook e poderemos vela. Preséntovos a María Dama de Coristanco:

O seguinte punto consiste en completar a nosa información do perfil, e aparece un botón que di «Editar Perfil». Premámolo, o que nos levará á seguinte páxina que poderemos (non “deberemos”) completar con información nosa.

Agora cómpre termos moito coidado co que enchemos, e con como o enchemos. Por exemplo, hai campos que non importa encher, no sentido de que en principio cubrilos non debería supor unha gran brecha na nosa intimidade. Son campos coma a nosa localidade, lugar de nacemento, sexo (xeralmente dedúcese de todos xeitos do nome), etc. Porén, que quede claro que non nos fai falla enchelos. De feito, a data de nacemento amósase de maneira predeterminada, polo que se non queremos que se amose, deberemos especificalo mediante o menú despregable que aparece á súa dereita, escollendo «Non mostra-lo meu aniversario no perfil».

Hai outros campos que si habería que preguntarse se debemos ou non enchelos. Por exemplo, mellor sería non especificar as nosas preferencias sexuais nin “o que buscamos” en Facebook. Ambas as dúas cousas son moi persoais, e sería preferible gardar esa información para o noso círculo de amigos máis íntimo. Ademais, existen redes sociais especializadas nas relacións persoais ás que acudir en caso de que iso sexa o que busquemos, Facebook está para uns usos máis xerais.

O mesmo podería dicirse dos seguintes campos: orientación política, tendencias relixiosas, biografía ou citas favoritas. Debería procurarse non dar información persoal innecesaria, polo que o mellor é deixar estes campos en branco ou simplemente enchelos con información que non comprometa a nosa intimidade, coma algún contido incongruente ou ambiguo.

Un exemplo dun perfil persoal seguro é o da nosa amiga María, que seguindo os nosos consellos cubriu o perfil do seguinte modo:

Unha vez completada a información, premeremos en «Gardar os trocos», e premeremos na icona de Facebook que se atopa na parte superior esquerda da páxina. Esta levaranos de novo á lista de cinco puntos (que a estas alturas xa non terá os cinco) onde só nos resta explorar un último punto: buscar amigos en Facebook. No punto podemos ver unha caixa na que introducir ben o nome (e tantos apelidos como saibamos) ou o correo electrónico dunha persoa que coñecemos é á que queiramos ter como amiga en Facebook:

Podemos volver buscar amigos en calquera momento, non temos por que facelo cando a Facebook lle apetece, pero en caso de que coincida que queremos facelo agora (para que negalo, é un momento tan bo como calquera outro), fagámolo. Por exemplo, María vai buscar ao seu amigo de toda a vida, José, que disque tamén ten un Facebook destes. Primeiro paso, introducir o nome completo do amigo:

A continuación darémoslle a "Intro" ou á icona da lupa que aparece á dereita. Se o que introducimos é o enderezo de correo electrónico da persoa, atoparémola ou non, pero se introducimos o nome podémonos atopar con moitos resultados distintos. María tivo sorte, o único resultado que aparece é o seu amigo José:

Pero mesmo en casos en que non atopamos máis que un resultado ao buscar polo nome, cómpre contactar coa persoa por un medio alternativo para asegurarmos de que se trata dela. O mellor será que busquemos á persoa polo seu correo electrónico, dado que así saberemos seguro que estamos engadindo como amigo a quen buscamos, e non a outra persoa co mesmo nome ou que se fai pasar por el.

Como puidestes ver na imaxe anterior, ao carón do nome da persoa aparece unha ligazón que di «Engadir como amigo». Para solicitar a súa amizade a través de Facebook abondará con premela. Tamén, se a persoa o permite, podemos enviarlle unha mensaxe a través de Facebook (ligazón «Enviar unha mensaxe» baixo a anterior) para dicirlle que somos nós, para que saiba que pode aceptarnos. Tamén coidado co que se di na mensaxe: pode non ser quen cremos. Pero o mellor é contactar coa persoa por outro medio para falar con ela e explicarlle que se trata verdadeiramente de nós quen lle pediu a amizade, para que así non teña dúbida e nos acepte.

Unha vez solicitada a amizade dunha persoa en Facebook, abonda con agardar a que esta nos acepte, o que ocorrerá probablemente en canto dita persoa se conecte a Facebook. Pero xa falaremos do que se experimenta ao recibir unha solicitude, nós de momento, coa primeira busca de amigos rematamos os primeiros pasos que nos recomenda Facebook que realicemos.

A interface de Facebook

Agora que xa utilizamos un pouco o Facebook, toca familiarizarmos coa interface de Facebook:

Interface de Facebook.png

A continuación analizarémola parte por parte, explicando a función de cada unha destas partes, e como utilizalas.

Logotipo

O logotipo de Facebook, situado no bordo superior esquerdo, liga xeralmente á páxina de novas do «Inicio», que veremos máis adiante.

Alertas

As “alertas” son as catro iconas pequenas que hai xusto á dereita do logotipo de Facebook que hai na parte superior esquerda da interface. Son as que aparecen salientadas de cor amarela na seguinte imaxe:

Interface de Facebook coas alertas salientadas.png

Estas iconas permítennos saber cando recibimos unha solicitude de amizade, unha mensaxe ou un aviso de Facebook. Cada vez que ocorre unha destas tres cousas, sobre a súa respectiva icona aparece o número «1», e se ocorre de novo, o número aumenta, e só diminúe cando o usuario despacha ou le as solicitudes, mensaxes ou avisos.

Por exemplo, se en vez de ser María quen solicitase a amizade de José, a cousa sucedese ao contrario, José envíalle unha solicitude de amizade a María, esta vería que sobre a primeira das iconas, a das solicitudes de amizades, aparecería un número «1», indicando que ten unha solicitude de amizade. E ao premer sobre dita icona podería ver que se trata de José:

Primeiro amigo que nos agrega ao Facebook.png

De todos xeitos agora non imos ver como aceptar solicitudes de amigos, iso queda para máis adiante.

Procura

A procura é unha caixa de texto que permite introducir criterios de busca para navegar por Facebook. É dicir, buscar cousas entre os distintos contidos de Facebook: persoas, páxinas (de famosos, grupos, comercios, etc.), grupos, aplicativos (que recomendamos non usar), eventos, etc. Na seguinte imaxe aparece salientada en cor amarela:

Interface de Facebook coa procura salientada.png

Se buscamos algo ante o que existe un resultado que coincide completamente, entón apareceranos directamente a coincidencia. Porén, se buscamos algo que poida referirse a varias cousas pero a ningunha seguro, apareceranos unha lista de posibles resultados. Por exemplo, a pobre de María tiña apetito e buscou mazás, pero nada, que só había xente con ese apelido:

Nótese que no panel esquerdo da imaxe aparecen distintas categorías de contido. Supoñendo que busquemos algo para o que haxa contidos distintos en moitas categorías pero nós esteamos buscando unha soa, premendo en dita categoría no panel amosaríanse só os seus resultados. Por exemplo, se buscásemos un grupo concreto e aparecesen entre os resultados persoas e páxinas con nomes similares, poderíamos premer en «Grupos» no panel esquerdo para así limitar os resultados amosados a grupos.

Cando queiramos buscar amigos nosos en Facebook, o mellor xeito de facelo e escribir directamente o seu nome completo no cadro de procura. Se non nos aparece directamente a páxina do amigo (dende a que podemos de maneira intuitiva solicitar a súa amizade), na lista de resultados poderemos buscalo, probablemente guiándonos pola súa foto de perfil, que tras falar con el ou ela por outro medio deberiamos coñecer (en caso de que non sexa unha fotografía da persoa). Lémbrese en todo momento que a persoa á que lle solicitamos a amizade podería estar suplantando a identidade do noso verdadeiro ou verdadeira amiga, polo que recomendados encarecidamente asegurarnos de que se trata desa persoa contactando con ela por algún método de comunicación alternativo, xa sexa o correo electrónico, a mensaxería instantánea, o teléfono, etc.

Menú principal

O menú principal, situado na parte superior dereita da interface, contén ligazóns ás páxinas de «Inicio» e «Perfil», moi importantes para o uso de Facebook, así como a unha terceira páxina, «Atopar amigos», de moi pouca importancia (xa se explicou antes como buscar amigos), e un botón «Conta» que abre unha caixa con ligazóns importantes que veremos enseguida. Pero o primeiro é ver o menú principal, salientado en amarelo na imaxe a continuación:

O resto de botóns explicaranse máis adiante, pero o último explicarémolo agora. Ao premer en «Conta», aparece unha caixa con diversas ligazóns como a seguinte:

Editar amigos
Este menú leva a unha páxina coas mesmas funcións que a sección de amigos do «Inicio», polo que non ten sentido pararse nela.
Configuración da conta
Este menú leva á páxina «A Miña Conta», onde se poden realizar diversas configuracións relativas á nosa conta de usuario.
Axustes de privacidade
Este menú leva á páxina base para a configuración da protección da nosa intimidade, que xa vimos anteriormente.
Axustes da aplicación
Este menú leva a unha páxina na que se configuran as distintas opcións dos aplicativos utilizados polo usuario, incluídas as de configuración da protección da intimidade. O usuario podería considerar que, dado que non utiliza aplicativo ningún de Facebook, non fai falla acceder á páxina, pero Facebook trata como aplicativos cousas que se comparten a miúdo na rede, que é polo que xa vimos anteriormente como configurar dita páxina.
Centro de axuda
Este menú liga a unha páxina con toda a axuda oficial de Facebook, útil para completar toda aquela información fornecida por esta guía, se ben non tan útil (tirando a ben pouco) en materia de seguridade persoal.
Saír
Finalmente, este menú permite pechar a sesión iniciada en Facebook. Cada vez que se vaia deixar de usar Facebook, cómpre premer aquí antes de pechar a fiestra do navegador web, pois deixar aberta a sesión é un importante risco de seguridade que se debe evitar a toda costa.

Paneis

O resto da interface, de fondo branco, variará segundo a páxina en que se estea, amosando distinto tipo de contido, polo que ás tres columnas que conforman o resto da interface (de fondo branco) se lles denomina simplemente paneis: panel esquerdo, panel central e panel dereito. Cómpre lembralo dado que nos referiremos a eles máis adiante con estes nomes.

Inicio

Continuará...

Amigos

O menú de «Amigos» do panel esquerdo da interface de Facebook permite xestionar todo o relativo aos nosos amigos, así como acceder a información sobre eles, e facilítanos atopar a outros amigos que tamén teñen unha conta en Facebook. Asemade, a cantidade de peticións de amizade aparece reflectida entre parénteses ao carón desta ligazón (cando hai algunha petición) do mesmo xeito que ocorre coa respectiva alerta.

Perfil

A Miña Conta

Outras cuestións

Xestionar solicitudes de amigos

Xa vimos antes como saber que tiñamos unha solicitude de amizade mediante a súa respectiva alerta. Agora toca ver como xestionar esas solicitudes de amizade (aceptalas ou denegalas). A pesar do que a palabra “xestionar” poida suxerir, a cousa é moi doada. Só con premer na icona das solicitudes de amizade accederemos a unha caixa coa lista de solicitudes de amizade actuais, na que poderemos aceptar («Confirmar») ou denegar («Ignorar») as distintas solicitudes de amizade.

Lendo as solicitudes de amizade en Facebook.png

Bloqueo de usuarios ou invitacións

Facebook permite aos seus usuarios bloquear a outros usuarios, así como bloquear invitacións a xogos ou eventos.

Bloquear a unha persoa consiste en cancelar a amizade con esa persoa, impedir que esta poda volver solicitarse, e impedir asemade calquera interacción con dita persoa, salvo aquelas interaccións que teñen lugar mediante os xogos de Facebook (que sería recomendable non utilizar dados os riscos para a protección da nosa intimidade que supón o seu uso).

Tamén se poden bloquear as invitacións dos nosos amigos a que participemos con eles en xogos, ou eventos. É habitual en Facebook que algúns “amigos” nos bombardeen con invitacións a eventos ou xogos, dunha maneira similar ao reenvío masivo de mensaxes que se fai a través do correo electrónico. No correo electrónico o sistema permite que terceiros recaden enderezos de persoas aos que poder enviar spam (ou correo non desexado). Pero en Facebook é simplemente algo molesto, do que probablemente queiramos librarnos. Así que en caso de que un dos seus amigos adopte o feo costume de enviarlle invitacións repetidamente que nunca lle interesan, teña en conta a posibilidade de bloquealo tal e como se explicará a continuación.

Levar a cabo un bloqueo, xa sexa dunha persoa ou só da súas invitacións (ben a eventos ben a xogos) non é difícil. En primeiro lugar haberá que acceder á páxina de configuración da protección da intimidade. Xa se explicou anteriormente como acceder a dita páxina manualmente, así que aquí limitarémonos a fornecer o seu URL, mediante o cal poderá acceder se xa ten a sesión iniciada: http://www.facebook.com/settings/?tab=privacy.

Unha vez alí, na parte inferior poderemos ver unha sección que di «Listas de bloqueados»:

Premendo na súa ligazón azul, «Modificar as túas listas», accederemos á seguinte páxina:

Como se pode observar, para bloquear completamente a un usuario podemos proceder ben mediante o seu correo electrónico ben polo seu nome de usuario. Para bloquear invitacións será necesario introducir o nome do usuario que as envía. Non fai falla dicir que bloqueando completamente a un usuario tamén se bloquearán as súas invitacións. Porén, como xa se dixo, poderá relacionarse connosco a través dos aplicativos de Facebook.

Correos electrónicos de Facebook

Xa houbo casos de correos electrónicos fraudulentos de Facebook, nos que simulando o formato dos correos oficiais de Facebook se procuraba conseguir a información de acceso a Facebook dos seus usuarios (o contrasinal). De pouco serve ter un bo contrasinal se por descoidarmos llo enviamos a quen non debemos, así que cómpre termos coidado cos correos recibidos.

Unha conduta razoablemente segura consiste en ignorar este tipo de correos. É dicir, en caso de recibir algún correo de Facebook non solicitado ou esperado (ou aínda nestes casos), o mellor é non seguir ningunha ligazón que conteña dito correo. Ditas ligazóns poderían levar ao usuario a páxinas que semellan ser Facebook pero en realidade non o son, e que permiten o roubo de contrasinais. Asemade, tampouco cómpre contestar estes correos nin seguir as súas instrucións. Se os correos solicitan o envío da nosa información a algures, sexa polo motivo que sexa (para evitar que nos borren a conta, ou similar) non debemos facer caso ao correo.

No seu lugar, o correcto é ─en caso de crer que o contido do correo electrónico é verídico─ entrar en Facebook manualmente (sen seguir ningunha das ligazóns do correo electrónico), e xa dende o Facebook actuar (por exemplo, confirmar que a conta vai caducar ou similar, que probablemente será falso).