Diferencia entre revisiones de «Uso xeral de Facebook»

De GALPon WiKi
Línea 1: Línea 1:
 +
{| style="float: right;"
 +
| __TOC__
 +
|}
 +
 
==Primeiros pasos==
 
==Primeiros pasos==
 
Unha vez configurada a protección da nosa intimidade, é hora de dar os primeiros pasos nesta rede social. Procuraremos completar (tendo en conta as cuestións de seguridade persoal) os outros catro apartados que se nos amosaran inicialmente tras a creación da nosa conta en Facebook.
 
Unha vez configurada a protección da nosa intimidade, é hora de dar os primeiros pasos nesta rede social. Procuraremos completar (tendo en conta as cuestións de seguridade persoal) os outros catro apartados que se nos amosaran inicialmente tras a creación da nosa conta en Facebook.

Revisión del 20:18 22 ago 2010

Primeiros pasos

Unha vez configurada a protección da nosa intimidade, é hora de dar os primeiros pasos nesta rede social. Procuraremos completar (tendo en conta as cuestións de seguridade persoal) os outros catro apartados que se nos amosaran inicialmente tras a creación da nosa conta en Facebook.

O primeiro apartado indícanos que busquemos amigos en Facebook que teñamos como contactos na nosa conta de correo. En teoría Facebook non garda o noso contrasinal, pero depende do usuario confiar ou non en que o cumpra. O que si cómpre considerar é se de verdade temos a necesidade de agregar a toda persoa que teñamos como contacto na nosa conta de correo electrónico. A miúdo buscar aos nosos verdadeiros achegados mediante o buscador de Facebook, ou pedíndolles a eles mediante sistemas alternativos que nos pidan a amizade (mediante mensaxería instantánea ou correo electrónico) resulta nunha experiencia máis persoal. E Facebook non se trata de chegar a 5.000 amigos, senón de relacionarse por medio da rede cos que de verdade o son.

Buscar contactos presentes en Facebook.png

En caso de confiar en Facebook, solicitarásenos o contrasinal do noso correo electrónico (que debería ser distinto do de Facebook, por suposto), e unha vez introducido Facebook amosaralos a lista de contactos que teñen unha conta en Facebook xa creada, e da lista poderemos elixir a quen agregar e a quen non. Unha vez escollida a xente que queiramos agregar como amigos, Facebook enviaralles as respectivas invitacións e ofreceranos enviarlles aos nosos contactos que non están en Facebook invitacións para unirse á rede social. Se quere que os seus amigos se unan á rede, o mellor sería que llo comunicase de maneira máis persoal por outro medio. Recibir este tipo de mensaxes pode resultar bastante molesto para o destinatario.

Máis adiante verase como buscar amigos.

O segundo apartado consiste en engadir ao noso perfil unha foto. Neste punto temos que pensar que a foto que colguemos estará dispoñible para calquera persoa, polo que nós recomendamos non subir ningunha, ou en todo caso subir unha que nada teña que ver connosco ─e por motivos legais que estea preferiblemente no dominio público─. Por exemplo, pode buscar unha fotografía que lle resulte interesante neste artigo da Wikipedia en castelán (na parte inferior amósanse ligazóns a moitas fontes de imaxes no dominio público). Cando teña (no seu disco duro, nun cartafol calquera) a imaxe que quere subir (se é que quere subir algunha), prema na ligazón que di «Cargar unha foto»:

Cargar unha foto para o perfil.png

Ao premer nela abrirase unha caixa de diálogo pedíndonos a ruta ao ficheiro da imaxe a subir. Simplemente teremos que premer no botón de «Examinar» (depende do navegador web dende o que se acceda) e buscar a imaxe no cartafol onde a deixamos. Unha vez escollida, subirase aos servidores de Facebook e poderemos vela. Preséntovos a María Dama de Coristanco:

O seguinte punto consiste en completar a nosa información do perfil, e aparece un botón que di «Editar Perfil». Premámolo, o que nos levará á seguinte páxina que poderemos (non “deberemos”) completar con información nosa.

Agora cómpre termos moito coidado co que enchemos, e con como o enchemos. Por exemplo, hai campos que non importa encher, no sentido de que en principio cubrilos non debería supor unha gran brecha na nosa intimidade. Son campos coma a nosa localidade, lugar de nacemento, sexo (xeralmente dedúcese de todos xeitos do nome), etc. Porén, que quede claro que non nos fai falla enchelos. De feito, a data de nacemento amósase de maneira predeterminada, polo que se non queremos que se amose, deberemos especificalo mediante o menú despregable que aparece á súa dereita, escollendo «Non mostra-lo meu aniversario no perfil».

Hai outros campos que si habería que preguntarse se debemos ou non enchelos. Por exemplo, mellor sería non especificar as nosas preferencias sexuais nin “o que buscamos” en Facebook. Ambas as dúas cousas son moi persoais, e sería preferible gardar esa información para o noso círculo de amigos máis íntimo. Ademais, existen redes sociais especializadas nas relacións persoais ás que acudir en caso de que iso sexa o que busquemos, Facebook está para uns usos máis xerais.

O mesmo podería dicirse dos seguintes campos: orientación política, tendencias relixiosas, biografía ou citas favoritas. Debería procurarse non dar información persoal innecesaria, polo que o mellor é deixar estes campos en branco ou simplemente enchelos con información que non comprometa a nosa intimidade, coma algún contido incongruente ou ambiguo.

Un exemplo dun perfil persoal seguro é o da nosa amiga María, que seguindo os nosos consellos cubriu o perfil do seguinte modo:

Unha vez completada a información, premeremos en «Gardar os trocos», e premeremos na icona de Facebook que se atopa na parte superior esquerda da páxina. Esta levaranos de novo á lista de cinco puntos (que a estas alturas xa non terá os cinco) onde só nos resta explorar un último punto: buscar amigos en Facebook. No punto podemos ver unha caixa na que introducir ben o nome (e tantos apelidos como saibamos) ou o correo electrónico dunha persoa que coñecemos é á que queiramos ter como amiga en Facebook:

Podemos volver buscar amigos en calquera momento, non temos por que facelo cando a Facebook lle apetece, pero en caso de que coincida que queremos facelo agora (para que negalo, é un momento tan bo como calquera outro), fagámolo. Por exemplo, María vai buscar ao seu amigo de toda a vida, José, que disque tamén ten un Facebook destes. Primeiro paso, introducir o nome completo do amigo:

A continuación darémoslle a "Intro" ou á icona da lupa que aparece á dereita. Se o que introducimos é o enderezo de correo electrónico da persoa, atoparémola ou non, pero se introducimos o nome podémonos atopar con moitos resultados distintos. María tivo sorte, o único resultado que aparece é o seu amigo José:

Pero mesmo en casos en que non atopamos máis que un resultado ao buscar polo nome, cómpre contactar coa persoa por un medio alternativo para asegurarmos de que se trata dela. O mellor será que busquemos á persoa polo seu correo electrónico, dado que así saberemos seguro que estamos engadindo como amigo a quen buscamos, e non a outra persoa co mesmo nome ou que se fai pasar por el.

Como puidestes ver na imaxe anterior, ao carón do nome da persoa aparece unha ligazón que di «Engadir como amigo». Para solicitar a súa amizade a través de Facebook abondará con premela. Tamén podemos enviarlle unha mensaxe a través de Facebook (ligazón «Enviar unha mensaxe» baixo a anterior) para dicirlle que somos nós, para que saiba que pode aceptarnos. Tamén coidado co que se di na mensaxe: pode non ser quen cremos.

Coa primeira busca de amigos rematamos os primeiros pasos que nos recomenda Facebook que realicemos.

A interface de Facebook

Agora que xa utilizamos un pouco o Facebook, toca familiarizarmos coa interface de Facebook.

Continuará...

Bloqueo de usuarios ou invitacións

Facebook permite aos seus usuarios bloquear a outros usuarios, así como bloquear invitacións a xogos ou eventos.

Bloquear a unha persoa consiste en cancelar a amizade con esa persoa, impedir que esta poda volver solicitarse, e impedir asemade calquera interacción con dita persoa, salvo aquelas interaccións que teñen lugar mediante os xogos de Facebook (que sería recomendable non utilizar dados os riscos para a protección da nosa intimidade que supón o seu uso).

Tamén se poden bloquear as invitacións dos nosos amigos a que participemos con eles en xogos, ou eventos. É habitual en Facebook que algúns “amigos” nos bombardeen con invitacións a eventos ou xogos, dunha maneira similar ao reenvío masivo de mensaxes que se fai a través do correo electrónico. No correo electrónico o sistema permite que terceiros recaden enderezos de persoas aos que poder enviar spam (ou correo non desexado). Pero en Facebook é simplemente algo molesto, do que probablemente queiramos librarnos. Así que en caso de que un dos seus amigos adopte o feo costume de enviarlle invitacións repetidamente que nunca lle interesan, teña en conta a posibilidade de bloquealo tal e como se explicará a continuación.

Levar a cabo un bloqueo, xa sexa dunha persoa ou só da súas invitacións (ben a eventos ben a xogos) non é difícil. En primeiro lugar haberá que acceder á páxina de configuración da protección da intimidade. Xa se explicou anteriormente como acceder a dita páxina manualmente, así que aquí limitarémonos a fornecer o seu URL, mediante o cal poderá acceder se xa ten a sesión iniciada: http://www.facebook.com/settings/?tab=privacy.

Unha vez alí, na parte inferior poderemos ver unha sección que di «Listas de bloqueados»:

Premendo na súa ligazón azul, «Modificar as túas listas», accederemos á seguinte páxina:

Como se pode observar, para bloquear completamente a un usuario podemos proceder ben mediante o seu correo electrónico ben polo seu nome de usuario. Para bloquear invitacións será necesario introducir o nome do usuario que as envía. Non fai falla dicir que bloqueando completamente a un usuario tamén se bloquearán as súas invitacións. Porén, como xa se dixo, poderá relacionarse connosco a través dos aplicativos de Facebook.

Correos electrónicos de Facebook

Xa houbo casos de correos electrónicos fraudulentos de Facebook, nos que simulando o formato dos correos oficiais de Facebook se procuraba conseguir a información de acceso a Facebook dos seus usuarios (o contrasinal). De pouco serve ter un bo contrasinal se por descoidarmos llo enviamos a quen non debemos, así que cómpre termos coidado cos correos recibidos.

Unha conduta razoablemente segura consiste en ignorar este tipo de correos. É dicir, en caso de recibir algún correo de Facebook non solicitado ou esperado (ou aínda nestes casos), o mellor é non seguir ningunha ligazón que conteña dito correo. Ditas ligazóns poderían levar ao usuario a páxinas que semellan ser Facebook pero en realidade non o son, e que permiten o roubo de contrasinais. Asemade, tampouco cómpre contestar estes correos nin seguir as súas instrucións. Se os correos solicitan o envío da nosa información a algures, sexa polo motivo que sexa (para evitar que nos borren a conta, ou similar) non debemos facer caso ao correo.

No seu lugar, o correcto é ─en caso de crer que o contido do correo electrónico é verídico─ entrar en Facebook manualmente (sen seguir ningunha das ligazóns do correo electrónico), e xa dende o Facebook actuar (por exemplo, confirmar que a conta vai caducar ou similar, que probablemente será falso).