Software Freedom Day 2007

De GALPon WiKi
Revisión del 09:52 12 sep 2007 de Caligari (Discusión | contribuciones) (Lista de invitados (podes poñer o teu nome ou o teu nick):)

Sfd07-logo-sml.png

  • GALPon celebra o día do Software Libre o 15 de Setembro de 2007 invitando a todos aqueles socios e non socios a unha churrascada.
  • O evento comezará ás 13:00h do sábado 15 de Setembro no parque forestal de Beade, en Vigo.

Plano de localización

  • O parque de Beade atópase ao Norte do Campus Universitario de Vigo (en Lagoas - Marcosende), tamén chamado CUVI.
  • NOTA: En caso de mal tempo buscarase un restaurante (hai un restaurante grande abondo no propio parque).
  • O menú constará de churrasco, pan, viño, cerveza e refrescos.
  • O prezo: gratuito para os socios de GALPon (ao corrente no pago das cotas) e 5 euros / persoa para os demais invitados.
  • Ante todo, necesitamos coñecer o volume de xente que vai participar, polo que é importante que vos apuntedes ANTES DO SÁBADO na seguinte lista:

(Edita a páxina para anotarte, se non sabes cómo, podes mandar unha mensaje a info@galpon.org)

Lista de invitados (podes poñer o teu nome ou o teu nick):

  • Sergio (aka rastersoft)
  • Rafa (aka caligari)
  • Maite (aka maitita)
  • Carlos (aka capri99)
  • Miguel (aka miguelbf)
  • Fran (Kain //descoñecido para a maioria)
  • Adrián (aka boube)