Rexistro de PdI en OpenStreetMaps empregando Twitter

De GALPon WiKi
Revisión del 18:55 24 may 2017 de Miguelbf (Discusión | contribuciones)

(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

Para rexistrar un PdI cando imos de camiñada ou de paseo e algo chama a nosa atención, só precisamos ter a man o móbil cunha conta de twitter e ter o GPS do móbil en máxima precisión.

Cando chegamos ao PdI ─Punto de Interese─ (café, fonte, o que sexa), abrimos a nosa aplicación preferida de Twitter (que ten que permitir engadir coordenadas/xeolocalización, como a oficial de twitter, twicca), e escribimos:

@osmthis + [coordenadas, que nos facilita a app] + [comentario]
  • O comentario pode incluír foto(s) do lugar, do letreiro de restaurante, etc.
  • No comentario explicamos o que é.

Exemplos:

https://twitter.com/ravilacoya/status/650207063252049920

Ravilacoya-twit-r.png

http://p.twipple.jp/dcZ7B

Ravilacoya-twipple-r.png


Outro exemplo que podedes consultar:

https://twitter.com/ravilacoya/status/650216596603043840