Programa de patrocinios (galego)
Contenido
Programa de patrocinios das Xornadas «Scratch + Arduino»
Podes descargar este Programa de patrocinios en formato PDF desde esta ligazón |
Sobre as Xornadas «Scratch + Arduino»
As Xornadas «Scratch + Arduino» é un encontro anual de 2 días que organiza o Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon) en colaboración coa Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, nun esforzo de difundir o uso do Software e o Hardware Libre no ensino, promocionando á súa vez a electrónica e a filosofía do «Faino ti mesmo».
Durante as Xornadas «Scratch + Arduino», ofreceranse charlas, obradoiros, táboas redondas, exposición de proxectos persoais e/ou de aula, e sobre todo, un lugar de encontro para profesionais do ensino e afeccionados ao mundo da programación e a electrónica. Cunha asistencia prevista de máis de 250 persoas, esta é unha oportunidade extraordinaria para os patrocinadores de conectar cos asistentes.
Terá lugar en ... aínda por determinar ... os días .. venres, e .. sábado, de novembro (aínda por determinar) de 2012.
Estas Xornadas terán continuidade no mes de maio coa celebración dun «Scratch Day» ou «Día do Scratch», que é unha actividade que se realiza simultaneamente en cidades de todo o mundo e que ten como obxectivo compartir proxectos e experiencias desenvolvidas con Scratch.
Notas da organización
A organización das Xornadas «Scratch + Arduino», malia contar con espazos cedidos pola administración, supón unha serie de gastos que debemos cubrir para garantir que todo funcione perfectamente durante as Xornadas. Estes gastos inclúen:
- Impresión de trípticos e carteis
- Servizo de cátering para conferenciantes e organizadores
- Aluguer ou compra de material audiovisual
- Material para as demostracións por parte dos conferenciantes
- Material para a realización de obradoiros
e un longo etcétera doutros pequenos gastos que sumados dan unha cantidade razoable. Tamén contemplamos a posibilidade de investir algún diñeiro en subvencionar a viaxe a aqueles conferenciantes que teñan que desprazarse desde fóra de Galicia para asistir ás «Xornadas».
Dado que a asistencia ás Xornadas «Scratch + Arduino» é de balde, estes gastos temos que cubrilos mediante doazóns. Estas doazóns terán como contrapartida unha serie de vantaxes para os patrocinadores como a colocación de carteis nos espazos comúns, impresión do logotipo do patrocinador no web das Xornadas «Scratch + Arduino», acceso ao cátering, posibilidade de colocar un punto (stand) con posibilidade de venda, etc.
Se estás interesado en colaborar económicamente coas Xornadas «Scratch + Arduino» bótalle unha ollada ao noso programa de patrocinios. Calquera achega é importante para nós. Colabora!
Destino dos patrocinios
Todo o diñeiro recadado dos patrocinios será usado principalmente nalgunha das seguintes actividades:
- Subvención de viaxe e aloxamento a ponentes que así o soliciten.
- Compra de materiais e ferramentas para os relatorios e obradoiros celebrados durante as Xornadas «Scratch + Arduino».
- Gastos xerais de organización, catering, promoción, etc.
Ao finalizar as Xornadas farase público o recadado de cada patrocinador e o detalle de gastos e investimentos nas categorías anteriores. Facilitaranse copias das facturas aos patrocinadores que, previamente, así o soliciten.
Descontos a patrocinadores habituais dos grupos promotores/organizadores.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas aquelas empresas e entidades que apoian habitualmente as actividades que organizan, tanto GALPon como a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Por iso, sobre os prezos indicados dos distintos patrocinios e sobre calquera categoría, ofrecemos un desconto do 25% para estas empresas ou entidades.
Opcións de patrocinio
Modalidade | Importe |
Estándar | 100 € |
Bronce | 200 € |
Prata | 400 € |
Ouro | 800 € |
Platino | 1.200 € |
Estándar | Inclusión do logotipo na páxina de patrocinadores do web das Xornadas «Scratch + Arduino» |
Inclusión do logotipo nos carteis e comunicados no espazo reservado a patrocinadores Standard. |
Bronce | Todas as características da modalidade Estándar. |
Colocación de 1 cartel en zonas comúns de paso (180x150 máx).* |
Prata | Todas as características da modalidade Estándar. |
Colocación dun cartel flotante (400x100 máx).* ou Colocación de 2 carteis en zonas comúns de paso (180x150 máx).* | |
Inclusión do logotipo en todas as páxinas do web do evento. |
Ouro | Todas as características da modalidade Prata. |
Colocación dun cartel flotante (400x100 máx).* | |
Colocación de dous carteis (180x150 máx)* en cada sala de relatorios e obradoiros. | |
Dereito a Stand con posibilidade de venda. Dimensións máximas 500x500.* ou Dereito a unha presentación (Show Room) libre de (máx.) 45 minutos entre os relatorios/conferencias | |
Praza de comedor para unha persoa xunto con relatores e organizadores. |
Platino | Todas as características da modalidade Ouro. |
Colocación de dous carteis adicionais en zonas comúns de paso (180x150 máx).* | |
Colocación dun cartel na entrada do evento (180x150 máx).* | |
Dereito a Stand con posibilidade de venda. Dimensións máximas 500x500.* e Dereito a unha presentación (Show Room) libre de (máx.) 45 minutos entre os relatorios/conferencias | |
Posibilidade de elixir o nome dunha das salas de charlas ou taller. | |
Dúas prazas de comedor adicionais. |
(*) Medidas en centímetros. Os carteis deberán ser fornecidos polo patrocinador. A organización ofrécese a facilitar a intermediación na impresión dos mesmos. Os stands deberan ser fornecidos e instalados polos patrocinadores. Para os carteis indícanse dimensións estándar, aceptaranse aqueles nos que a dimensión máis conflitiva non supere o 10% da establecida e cuxa superficie total non supere a das dimensións estándar. Para dimensións diferentes, a organización acepta negociación sobre as súas características. |
Contacto
Para calquera cuestión referente aos patrocinios rogamos póñnse en contacto connosco a través dalgún dos seguintes medios:
- correo-e
- info@galpon.org
- Dirección postal
- GALPon
- rúa Uruguai nº 8, 5º, of. 8
- 36210 Vigo
- Web:
- Twitter: