Programa de patrocinios (galego)

De GALPon WiKi
Revisión del 10:50 28 may 2012 de Miguelbf (Discusión | contribuciones) (Página creada con '=Programa de patrocinios= == Notas da organización == A organización das '''Xornadas «Scratch + Arduino»''', a pesares de contar con espazos cedidos pola administración, ...')

(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

Programa de patrocinios

Notas da organización

A organización das Xornadas «Scratch + Arduino», a pesares de contar con espazos cedidos pola administración, supón unha serie de gastos que debemos cubrir para garantir que todo funcione perfectamente durante as Xornadas. Estes gastos inclúen:

  • impresión de trípticos e carteis
  • servizo de cátering para conferenciantes e organizadores
  • alugueiro ou compra de material audiovisual
  • material para as demostracións por parte dos conferenciantes

e un largo etcétera de outros pequenos gastos que sumados dan unha cantidade razoábel. Tamén contemplamos a posibilidade de investir algún diñeiro en subvencionar a viaxe a aqueles conferenciantes que teñan que desprazarse desde fora de Galicia para asistir as Xornadas.

Dado que a asistencia as Xornadas «Scratch + Arduino» é de balde, estes gastos témolos que cubrir mediante doazóns. Estas doazóns terán como contrapartida unha unha serie de vantaxes para os patrocinadores como a colocación de carteis nos espazos comúns, impresión do logotipo do patrocinador no web das Xornadas «Scratch + Arduino», acceso ao cátering, posibilidade de colocar un punto (stand) con posibilidade de venta, etc.

Se estás interesado en colaborar economicamente coas Xornadas «Scratch + Arduino» bótalle un ollo ao noso programa de patrocinios. Calquera achega é importante para nós. Colabora!

Detalle do Programa de patrocinios