Diferencia entre revisiones de «Programa de patrocinios (galego)»

De GALPon WiKi
m
m (GALPon, situación fiscal)
Línea 141: Línea 141:
  
 
== GALPon, situación fiscal ==
 
== GALPon, situación fiscal ==
Nesta ligazón, pode acceder aos certificados que acreditan que GALPon cumpre escrupulosamente con todas as súas obrigas fiscais e legais.
+
[[ | Nesta ligazón]], pode acceder aos certificados que acreditan que GALPon cumpre escrupulosamente con todas as súas obrigas fiscais e legais.

Revisión del 10:39 31 may 2012

Programa de patrocinios das Xornadas «Scratch + Arduino»

Podes descargar este Programa de patrocinios en formato PDF desde esta ligazón

Sobre as Xornadas «Scratch + Arduino»

As Xornadas «Scratch + Arduino» é un encontro anual de 2 días que organiza o Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon) en colaboración coa Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, nun esforzo de difundir o uso do Software e o Hardware Libre no ensino, promocionando á súa vez a electrónica e a filosofía do «Faino ti mesmo».

Durante as Xornadas «Scratch + Arduino», ofreceranse charlas, obradoiros, táboas redondas, exposición de proxectos persoais e/ou de aula, e sobre todo, un lugar de encontro para profesionais do ensino e afeccionados ao mundo da programación e a electrónica. Cunha asistencia prevista de máis de 250 persoas, esta é unha oportunidade extraordinaria para os patrocinadores de conectar cos asistentes.

Terá lugar en ... aínda por determinar ... os días .. venres, e .. sábado, de novembro (aínda por determinar) de 2012.

Estas Xornadas terán continuidade no mes de maio coa celebración dun «Scratch Day» ou «Día do Scratch», que é unha actividade que se realiza simultaneamente en cidades de todo o mundo e que ten como obxectivo compartir proxectos e experiencias desenvolvidas con Scratch.

Notas da organización

A organización das Xornadas «Scratch + Arduino», malia contar con espazos cedidos pola administración, supón unha serie de gastos que debemos cubrir para garantir que todo funcione perfectamente durante as Xornadas. Estes gastos inclúen:

  • Impresión de trípticos e carteis
  • Servizo de cátering para conferenciantes e organizadores
  • Aluguer ou compra de material audiovisual
  • Material para as demostracións por parte dos conferenciantes
  • Material para a realización de obradoiros

e un longo etcétera doutros pequenos gastos que sumados dan unha cantidade razoable. Tamén contemplamos a posibilidade de investir algún diñeiro en subvencionar a viaxe a aqueles conferenciantes que teñan que desprazarse desde fóra de Galicia para asistir ás «Xornadas».

Dado que a asistencia ás Xornadas «Scratch + Arduino» é de balde, estes gastos temos que cubrilos mediante doazóns. Estas doazóns terán como contrapartida unha serie de vantaxes para os patrocinadores como a colocación de carteis nos espazos comúns, impresión do logotipo do patrocinador no web das Xornadas «Scratch + Arduino», acceso ao cátering, posibilidade de colocar un punto (stand) con posibilidade de venda, etc.

Se estás interesado en colaborar económicamente coas Xornadas «Scratch + Arduino» bótalle unha ollada ao noso programa de patrocinios. Calquera achega é importante para nós. Colabora!

Destino dos patrocinios

Todo o diñeiro recadado dos patrocinios será usado principalmente nalgunha das seguintes actividades:

  • Subvención de viaxe e aloxamento a ponentes que así o soliciten.
  • Compra de materiais e ferramentas para os relatorios e obradoiros celebrados durante as Xornadas «Scratch + Arduino».
  • Gastos xerais de organización, catering, promoción, etc.

Ao finalizar as Xornadas farase público o recadado de cada patrocinador e o detalle de gastos e investimentos nas categorías anteriores. Facilitaranse copias das facturas aos patrocinadores que, previamente, así o soliciten.

Descontos a patrocinadores habituais dos grupos promotores/organizadores.

Queremos mostrar o noso agradecemento a todas aquelas empresas e entidades que apoian habitualmente as actividades que organizan, tanto GALPon como a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. Por iso, sobre os prezos indicados dos distintos patrocinios e sobre calquera categoría, ofrecemos un desconto do 25% para estas empresas ou entidades.

Opcións de patrocinio

 Modalidade   Importe 
 Estándar     100 € 
 Bronce     200 € 
 Prata     400 € 
 Ouro     800 € 
 Platino  1.200 € 


  Estándar   Inclusión do logotipo na páxina de patrocinadores do web das Xornadas «Scratch + Arduino»
Inclusión do logotipo nos carteis e comunicados no espazo reservado a patrocinadores Standard.


   Bronce     Todas as características da modalidade Estándar.
Colocación de 1 cartel en zonas comúns de paso (180x150 máx).*


     Prata      Todas as características da modalidade Estándar.
Colocación dun cartel flotante (400x100 máx).*
ou
Colocación de 2 carteis en zonas comúns de paso (180x150 máx).*
Inclusión do logotipo en todas as páxinas do web do evento.


     Ouro      Todas as características da modalidade Prata.
Colocación dun cartel flotante (400x100 máx).*
Colocación de dous carteis (180x150 máx)* en cada sala de relatorios e obradoiros.
Dereito a Stand con posibilidade de venda. Dimensións máximas 500x500.*
ou
Dereito a unha presentación (Show Room) libre de (máx.) 45 minutos entre os relatorios/conferencias.
Praza de comedor para unha persoa xunto con relatores e organizadores.


    Platino    Todas as características da modalidade Ouro.
Colocación de dous carteis adicionais en zonas comúns de paso (180x150 máx).*
Colocación dun cartel na entrada do evento (180x150 máx).*
Dereito a Stand con posibilidade de venda. Dimensións máximas 500x500.*
e
Dereito a unha presentación (Show Room) libre de (máx.) 45 minutos entre os relatorios/conferencias.
Posibilidade de elixir o nome dunha das salas de charlas ou taller.
Dúas prazas de comedor adicionais.


(*) Medidas en centímetros.
Os carteis deberán ser fornecidos polo patrocinador. A organización ofrécese a facilitar a intermediación na impresión dos mesmos.
Os stands deberan ser fornecidos e instalados polos patrocinadores.
Para os carteis indícanse dimensións estándar, aceptaranse aqueles nos que a dimensión máis conflitiva non supere o 10% da establecida e cuxa superficie total non supere a das dimensións estándar. Para dimensións diferentes, a organización acepta negociación sobre as súas características.


Contacto

Para calquera cuestión referente aos patrocinios rogamos póñnse en contacto connosco a través dalgún dos seguintes medios:

  • correo-e
info@galpon.org
  • Dirección postal
GALPon
rúa Uruguai nº 8, 5º, of. 8
36210 Vigo
  • Web:
  • Twitter:


GALPon, o noso historial

Quen desexe coñecer cal é a nosa traxectoria na organización de actividades relacionadas co SwL e como mostra do noso compromiso, pode ver o noso historial e a documentación das actividades.


GALPon, situación fiscal

[[ | Nesta ligazón]], pode acceder aos certificados que acreditan que GALPon cumpre escrupulosamente con todas as súas obrigas fiscais e legais.