Linux Party 2006

De GALPon WiKi
Revisión del 20:46 18 nov 2007 de Capri99 (Discusión | contribuciones) (Información xeral)

(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

[1]

Información xeral

  • Nome
Linux Party 2006 organizada por GALPon.org e coa colaboración do Concello de Porriño e AGNIX.


  • Lugar
Pavillón Municipal de Deportes de Porriño, a 15km de Vigo. Provincia de Pontevedra. Plano de localización
Rúa Doantes de Sangue s/n
36400 Porriño
Pontevedra


  • Data
12, 13, 14 e 15 de Outubro de 2006


  • Número de participantes estimados
500 persoas (150 prazas dispoñibles para conexión de ordenador)


  • Inscricións
    • Prazo de solicitude de reserva de praza na Linux Party 2006
Dende o 25 de Setembro de 2006 ata esgotar prazas


¡¡IMPORTANTE!! Pasos a seguir para asegurarse a praza na Linux Party 2006


1.- Debedes estar dados de alta en GALPon.org e cumprimentar esta solicitude de reserva.

NOTA: Os menores de idade necesitarán unha autorización asinada polo seu titor legal que deberán presentar na porta do pavillón para poder entrar.


2.- Unha vez que o usuario/a reciba o correo electrónico co Código de Reserva, deberá pagar o importe de 10 euros (gratis para os socios ao corrente de pago da cuota anual de GALPon, AGNIX ou calquera asociación que apoie o Software Libre e persoas invitadas polo Concello de Porriño) na conta de Caixa Galicia C.C.C.: 2091 / 0568 / 12 / 3040001156 ou na entrada ao recinto.

  • NOTA: Cando fagades a transferencia ou o ingreso no banco indicade:
Código de Reserva* que recibiches por correo electrónico.
Número do DNI, DNE ou pasaporte.
Nome completo.

Se aparecen eses 3 datos no comprobante do banco xa teredes a vosa praza asegurada.


3.- No caso de esquecer engadir algún dato no banco teredes que enviarnos o comprobante xunto co número de DNI, DNE ou pasaporte a inscripciones@galpon.org para asegurar a praza.


Para calquera aclaración, podedes mandar un correo electrónico a inscripciones@galpon.org


Actividades

Servizos

Grupos de traballo Linux Party 2006

Máis información

Patrocinadores

Gabinete de Prensa