Linux ─ Instalar e configurar «Nanny»
Descrición
Gnome Nanny, é un programa de control paterno que permite, de forma simple, controlar o que os seus nenos fan no seu computador. Pode definir tempos para a utilización do computador, da navegación, de correo-e e ata de conversacións en programas de mensaxaría. Ten un sistema de filtrado de contidos Web para cada usuario, podendo bloquear todos os sitios web que considere indesexable, deixando aos seus fillos navegar na Internet sen máis preocupacións.
Na nosa opinión, o mellor do Gnome Nanny é a posibilidade de configurar un perfil de control (ou de liberdade, segundo se vexa) axeitado a cada usuario.
- NOTA IMPORTANTE: todos os traballos de instalación, configuración e axuste posterior, deben ser feitos desde unha sesión do usuario administrador.
Instalación
Engada o repositório do Gnome Nanny
A instalación do Gnome Nanny é moi simple e pasa pola instalación dun repositório. A todos os que se senten arrepiados co uso do terminal, aconsellolle utilizar a forma que explico a seguir, visto que é moito máis doada e rápida. No entanto se prefire a solución gráfica, o repositório é o seguinte:
deb http://ppa.launchpad.net/nanny/ppa/ubuntu [nome_da_versión] main
A miña recomendación, para cada versión do Ubuntu, preséntase a seguir.
Ubuntu Karmic Koala e posteriores
No Ubuntu, a partires da Karmic Koala, a instalación de repositórios é moito máis simple que nas versións anteriores. Abonda con abrir o terminal e escribir o seguinte para engadir o repositório e as chaves de autenticación do Gnome Nanny:
sudo add-apt-repository ppa:nanny && sudo aptitude update
Devolveranos algo como
Ubuntu Jaunty Jackalope e anteriores
No caso do Ubuntu Jaunty Jackalope, a instalación é un pouco máis complexa, no entanto, presento de seguida unha liña do terminal composta por varias accións que no final engaden o repositório do Gnome Nanny e actualiza as chaves de autenticación automaticamente. Copie e pegue no terminal a liña seguinte para instalar o repositório do Gnome Nanny:
sudo bash -c "echo 'deb http://ppa.launchpad.net/nanny/ppa/ubuntu jaunty main' >> /etc/apt/sources.list" \ && sudo apt-key adv --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv-keys 132D48BA && sudo aptitude update
- Nota: aínda que non o pareza, o texto de orde da caixa anterior é só unha liña.
Instale o Gnome Nanny
Despois de engadir o repositório do Gnome Nanny, pode instalar o programa doadamente a través da seguinte orde:
sudo aptitude update && sudo aptitude install nanny
Agora temos dúas opcións, reiniciar o sistema para que arranque o Gnome Nanny e despois volver a entrar nel para configuralo, ou seguir agora coa configuración e reiniciar cando se remate.
Configuración do Gnome Nanny
Para acceder ao Gnome Nanny, o usuario terá que ir a Sistema → Administración → Control paterno,
Xorde a seguinte xanela, na que vemos á esquerda os nomes dos usuarios e á dereita as lapelas de configuración
.Esta xanela aparece completamente en gris, para indicarnos que non está operante, Isto é así porque precisamos autenticarnos como usuario administrador. Fixemonos na parte de embaixo, onde veremos un botón cunhas chaves e coa lenda Vostede non ten privilexios de administrador, prema neste botón se desexa facer cambios.
Prememos nel e a xanela pasa ter todoas as cores visíbles, para indicarnos que xa é operante.
Eliximos na esquerda o usuario que imos configurar e recorremos as lapelas configurando cada unha conforme desexemos
Tempo de uso do PC
Segundo se inicia a configuración, aparecenos a táboa de días da semana/horas toda de cor verde que quere dicir permitido.
Cambiaremos as horas a vermello ou non permitido premendo nas horas, ou arrastrando o punteiro (premido) polo rango de horas que non queiramos permitir. Se nos fixamos, veremos que nos permite axustar as horas en fraccións de 1/2 hora (30 minutos)
Temos dúas formas de establecer un horario permitido podemos indicar un horario absoluto
Deixando desmarcada primeira caixiña desta lapela.
Ou establecer un horario relativo, vexamos un exemplo
Fixemonos en que de luns a venres están como permitidas 4 horas e media, pero na primeira liña de configuración
establecese un límite de 3 horas. Deste xeito o rapaz ou rapaza poderá empregar o computador durante un máximo de 3 horas neses días e el poderá escoller cando de entre o rango entre as 4:00 e as 8:30 que temos como permitido.
Feita a configuración, Aplicámola
Nesta pantalla de exemplo poderemos entender varias cousas.
En primeiro lugar, vemos a caixa de verificación e configuración
que é o miolo do control de navegación e que veremos a seguir.
Pode resultal paradoxal que deixemos permitidas as 24 horas, dos 7 días da semana o uso do navegador, pero fagoo así para que se entenda mellor o comportamento de Gnome Nanny. De que serve que teñamos permitido navegar (p.ex.) o venres as dúas da madrugada, se a esa hora a sesión deste usuario está apagada? Pois iso é o que sucede, xa que a esa hora, como a sesión está forzosamente pechada por mor da configuración da lapela anterior, aínda que se permita navegar, ao non poder acceder á sesión, nunca poderá facelo.
Para o resto, aplicanse as mesmas consideracións que no caso de axustar os tempos de uso
Configuración (do filtro de contidos)
Unha vez que prememos no botón Configurar presentasenos unha xanela con tres lapelas
Na primeira, Sitios prohibidos engadiremos nos aquelas páxinas que estando permitidas polas Listas negras queiramos prohibir. Ou se non queremos empregar as Listas negras e facer nos a selección do que imos prohibir.
Para engadir dominios (URL) a lista de prohibicións, prememos en Engadir e abre unha xanela na que escribiremos o URL que queremos prohibir. Como vemos, é obrigatorio que enchamos todos os campos
![]() |
![]() |
E xa quedará engadido á nosa lista de Sitios prohibidos personalizada.
A lapela Sitios permitidos, funciona exactamente igual que a anterior, só que invertendo o concepto, aquí colocaremos os dominios (URL) que queiramos permitir. Isto ten especial interés cando falamos de cativos de 3 a 5 años, en que deberiamos axustar as Listas negras activando todos os filtros (prohibición máxima), e aquí indicar aquela ou aquelas ligazóns que lle imos permitir ao neno ou nena.
Cando prememos na lapela Listas negras comprobamos que, nun principio, Gnome Nanny non ten ningunha lista negra configurada e vemos unha lenda na que indícasenos que para engadir novas listas deberemos ir a: Sistema → Administración → Listas negras
Así que imos seguir o que se nos indica, vexamos un escritorio con toda a ruta para facelo:
Despois de premer na entrada Listas negras do menú abrenos unha xanela na que veremos os botóns da esquerda en gris, e embaixo
Autenticamonos e os botóns xa aparecen activados
Prememos no botón Importar e abre o xestor de ficheiros.
Neste punto abrimos un navegador e escribimos o enderezo http://projects.gnome.org/nanny/. Nesta páxina imos a Nanny Blacklist, prememos sobre esa ligazón co botón dereito do rato e gardamos como...
Apareceranos a opción de gardado, que aceptaremos tal cual
Con isto quedará descargado o ficheiro no cartafol Descargas
Agora pechamos (ou minimizamos) o navegador e no xestor de ficheiros entramos no cartafol Descargas
E prememos duas veces (ou seleccionamos premendo unha vez e despois prememos embaixo en Aceptar)
E xa nos aparecerá na anterior xanela a lista negra cargada
Pechamos esa xanela e imos á anterior na que veremos as listas cargadas.
Na sección da esquerda prememos no nome da lista
E na sección da dereita desprega todos os filtros, como vemos, nun inicio, están todos desactivados (non se filtra nada).
Marcamos os filtros que queremos activar (para que filtren a navegación)
![]() |
![]() |
Ao rematar prememos en Pechar
E na lapela de Navegador prememos en Aplicar
Cliente de Correo
Nesta lapela é de aplicación o mesmo que se comenta en Tempo de uso do PC sobre os horarios absolutos e horarios relativos, Tamén poden terse as consideracións que se fan na configuración do navegador.
Ao rematar lembromonos de premer en Aplicar.
Mensaxaría instantánea
Nesta lapela é de aplicación o mesmo que se comenta en Tempo de uso do PC sobre os horarios absolutos e horarios relativos, Tamén poden terse as consideracións que se fan na configuración do navegador.
Ao rematar lembromonos de premer en Aplicar.
Se non fixemos o reinicio despois de rematar a instalación, deberemos facelo agora.
Usando o Gnome Nanny
Cando cambiemos de sesión cara a dun usuario controlado ou filtrado.
Ou cando iniciemos sesión nalgún deles, veremos que na Area de notificación do sistema aparece a icona do Gnome Nanny para indicarnos que o sistema de control paterno está a traballar.