Diferencia entre revisiones de «Informes sobre o desenvolvemento deste ciclo»

De GALPon WiKi
m (Remate das actividades)
m (Documentación)
 
Línea 85: Línea 85:
 
*[http://wiki.galpon.org/index.php/Argallando_cunha_Raspberry_Pi Argallando cunha Raspberry Pi]
 
*[http://wiki.galpon.org/index.php/Argallando_cunha_Raspberry_Pi Argallando cunha Raspberry Pi]
  
Sobre o ''RaspWolf'', Xabier desenvolveu esta documentación que deixou a pública disposición no wiki de ''Inestable'':
+
Sobre o ''RaspWulf'', Xabier desenvolveu esta documentación que deixou a pública disposición no wiki de ''Inestable'':
  
*[http://wiki.inestable.org/index.php/RaspWulf RaspWulf]
+
*[http://wiki.inestable.org/index.php?title=RaspWulf RaspWulf]
  
 
===Comentarios na rede/blogs===
 
===Comentarios na rede/blogs===

Revisión actual del 14:41 4 dic 2013

Notas xerais

A dirección técnica, secretaría e produción, destas xornadas foi realizada pola Xunta Directiva de GALPon, facéndose cargo da posta en práctica a empresa CTI TEGNIX, S.L.

1ª xornada - sábado 25 de maio de 2013 - Arduino 1 - Programación de Arduino

Medios de difusión

Inscricións e asistencia

Nesta xornada agardabamos que as 20 (e algo máis) prazas das que dispoñíamos fosen abondo. mais a convocatoria superou todas as nosas previsións, de tal xeito que:

Elementos gráficos

Na propia páxina do evento en G+ hai varias fotografías (6)

Vídeo no Youtube feito por un dos asistentes.

Documentación

Na propia páxina do evento en G+ o poñente publicou un comentario no que refire toda a documentación, que copiamos a seguir.


Creo que lo repetí bastante durante la charla, una vez más no va a hacer daño: La documentación oficial de arduino está muy completa. Por desgracia la parte en español no está todo lo bien cuidada que está la inglesa.

Podéis encontrar todos los ejemplos detallados en http://www.arduino.cc/es/Tutorial/HomePage, y si notáis que falta algo usar la versión inglesa (cambiar /es/ por /en/ en la ruta).

Con respecto a las funciones y el lenguaje de programación podéis visitar http://arduino.cc/es/Reference/Extended. Creo que está todo bien documentado ahí.

Espero que le perdierais el miedo a la plataforma: es muy sencilla de usar y, con un poco que pongáis de vuestra parte, vais a ver que se puede aplicar para arreglar, mejorar o unir cosas que hasta ahora no se os ocurrió.

También dejo los enlaces a páginas DIY (Do It Yourshelf, hazlo tu mismo), gracias a la chica del fondo (desconozco el nombre), a +Pablo Arias y a +Alejandro Alfaya, para que «buceeis» entre los proyectos que ya están desarrollados.

Y, ya como colofón, os animo a uniros a los grupos:

  • Arduino Galicia:
  • Open Source Hardware Galicia:

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

  • Modelo da enquisaModelo Enquisa satisfacción SLA-1.pdf
  • Tabulación das respostasSLA-1 respostas.png

2ª xornada - sábado 29 de xuño de 2013 - RaspberryPi, outro concepto de computador

Medios de difusión

Inscricións e asistencia

Visto o «exceso» de inscricións (sobre o aforo dispoñíbel) na xornada anterior, para esta xornada, na que dispuñamos dunha sala algo máis grande, decidimos limitar as inscricións a 30 persoas, e para elo estabelecimos a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando un formulario en GDrive (gdocs)

O día 18 de xuño acadouse o límite de inscricións (30) pasando as novas inscricións (6) a «lista de espera». Producíndose catro baixas (de xeito formal) que foron cubertas por outras tantas en «lista de espera». Pensando que 2 persoas non desequilibraban o aforo, aceptamos 32 inscricións.

No mesmo día da actividade, no G+ tiñamos 26 (figuraban 28, mais dúas estaban duplicada) indicacións de Vou asistir e 12 de Quizais asista.

Finalmente a asistencia foi de 30 persoas (só fallaron 2 persoas).

Elementos gráficos

Ver fotografías no evento en G+

Colección de fotografías de A. Permuy no Flickr

Documentación

Para o seguimento desta actividade, e para que quede para uso público, confeccionouse unha ampla guía de traballo.

Seguindo o habitual criterio do autor do mesmo, este manual é perfectamente comprensíbel polos usuarios noveis, as ordes están ben desbrozadas para que non haxa dúbidas ao respecto. Así mesmo a súa aplicación segue o principio de só Software Libre polo que todo o traballo está orientado a traballar sempre cun S.O. GNU/Linux.

Sobre o RaspWulf, Xabier desenvolveu esta documentación que deixou a pública disposición no wiki de Inestable:

Comentarios na rede/blogs

Blog de Alberto Permuy Leal

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

3ª xornada - sábado 28 de setembro de 2013 - VIM + Bash - Iniciación á programación de «bash scripting» (I)

Medios de difusión

Inscricións e asistencia

Desta vez decidimos limitar as inscricións a 20 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando un formulario en GDrive (google docs)

O día 24 de setembro acadouse o límite de inscricións (20) pasando as novas inscricións (2) a «lista de espera». Produciuse só unha baixa (de xeito formal) que foi cuberta por outra en «lista de espera». Como só quedaba unha persoa aceptamos tamén a súa inscrición, co que aceptamos un total de 21 inscricións.

No mesmo día da actividade, no G+ tiñamos 18 (figuraban 19, dúas con distinto alcume pertencían a mesma persoa) indicacións de Vou asistir e 5 de Quizais asista.

3 persoas inscribíronse no Formulario de inscricións e non deixaron constancia no G+, e outras 3 persoas indicaron no G+ que ían asistir e non se rexistraron na Folla de inscricións

Finalmente a asistencia foi de 20 persoas (só fallou 1 persoa).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

4ª xornada - sábado 26 de outubro de 2013 - Arduino Connect

Medios de difusión

Inscricións e asistencia

Para esta edición decidimos limitar as inscricións a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando un formulario en GDrive (gdocs)

O día 21 de outubro acadouse o límite de inscricións (24) pasando as novas inscricións (2) a «lista de espera». Producíronse dúas baixas (de xeito formal) que foron cubertas por outras en «lista de espera».

No mesmo día da actividade, no G+ tiñamos 18 indicacións de «Vou asistir» e 9 de «Quizais» asista.

7 persoas inscribíronse no Formulario de inscricións e non deixaron constancia no G+, outra persoa, inscrita no formulario, marcou «Quizais» no G+, e outras 3 persoas indicaron no G+ que ían asistir e non se rexistraron na Folla de inscricións. Salientar que houbo un inscrito que nun principio cubriu a inscrición e apuntouse no G+, cando renunciou á praza desmarcou tamén o «Vai asistir» no G+.

Finalmente a asistencia foi de 21 persoas..

Elementos gráficos

Fotos no G+

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:


5ª xornada - sábado 30 de novembro de 2013 VIM + Bash - Programación de «bash scripting» (II)

Medios de difusión

Inscricións e asistencia

Desta vez decidimos limitar as inscricións a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando un formulario en GDrive (gdocs)

A pesares de coincidir nesta mesma data co OSHWDEM e co Culturgal, así como outras actividades vinculadas coa nosa comunidade, o día 29 de novembro tiñamos un total de 19 inscricións. Produciuse só unha baixa (de xeito formal), co que aceptamos un total de 18 inscricións.

No mesmo día da actividade, no G+ tiñamos 14 (figuraban 16, das que unha corresponde a GALPon como editor do evento e unha dunha persoas de Granada que creemos que se trabucou) indicacións de Vou asistir e 2 de Quizais asista.

4 persoas inscribíronse no Formulario de inscricións e non deixaron constancia no G+, e outra persoa (o que renunciou á praza) deuse de baixa no G+

Finalmente a asistencia foi de 16 persoas (só fallaron 2 persoas).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Para esta actividade realizaronse unhas chuletas que foron repartidas entre os asistentes.

Vim-basico gl.pngAxuda bash.png

Anverso: Vim Tarxeta de referencias básicas. Descarga en formato PDF → Archivo:Vim-basico gl.pdf

Reverso: Axuda Bash. Descarga en formato PDF → Archivo:Axuda bash.pdf

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:


Remate das actividades

Remate do ciclo de obradoiros «Sábados Libres na Altamar» - no web de GALPon

Remate do ciclo de obradoiros «Sábados Libres na Altamar» - no G+ de GALPon

GALPon remata o seu I ciclo de obradoiros dos Sábados Libres na Altamar - no web de mancomun

Resumo de datos

  • Total de asistencias ao ciclo 122
  • Total de persoas únicas que asistiron ao ciclo 71
  • Total de horas de actividade 32h:30m
  • Total de enquisas recollidas 83

A destacar o magnífico ambiente de camaradería e colaboración que se xerou entre todos os asistentes, sendo un excelente exemplo do que so as comunidades de Software Libre.

Salientar tamén que de entre os asistentes xurdiron 3 novos socios de GALPon.