Desenvolvemento web, PHP, HTML5, Symfony2

De GALPon WiKi
Revisión del 17:35 20 sep 2011 de Capri99 (Discusión | contribuciones) (Segundo día:)

PROPOSTA XORNADAS «SYMFONY2» EN GALICIA

Desenvolvemento web, PHP, HTML5, Symfony2.

O presente documento está orientado a propor a realización dunhas xornadas sobre o novo «framework» Symfony2, coas que encamiñarse a crear un interese común polo uso dun «framework» completo como é Symfony2; e a fomentar o desenvolvemento de proxectos máis robustos, flexibles e completos inherentes a utilización dun «framework» coma este.

Deste modo proponse a realización dunhas xornadas de symfony2 en Galicia coa posibilidade de ter relatores tanto da zona, como a nivel nacional, ou incluso algún relator internacional relacionado estreitamente co proxecto que poida ademais axudar a atraer tanto ós participantes coma ós colaboradores e patrocinadores.

Beneficios do uso dun «framework»

  • Facilitar a creación dun aplicativo áxil, seguro e escalable.
  • A estrutura básica de todos os proxectos web é moi semellante.
    • Deixar de facer tarefas repetitivas.
    • Desenrolo baseado nas boas prácticas.
    • O programador dedícase máis tempo e esforzo os fitos que realmente importan no desenrolo do novo aplicativo.
  • Unha das vantaxes que o mellor pasa máis desapercibida é que o seu uso facilita enormemente a incorporación de novos colaboradores para a empresa, xa que a metodoloxía estándar e as boas prácticas dunha empresa non dependerán do cadro no que o programador traballa. Desta forma, o proceso de adaptación dunha nova persoa para o equipo de desenvolvemento é máis sinxelo e máis rápido.
  • E para os desenvolvedores aumenta a súa capacidade de mobilidade.

Symfony2, o proxecto do momento

Symfony2 é un «framework» de desenvolvemento web PHP, mais tamén é unha filosofía de traballo e unha comunidade próspera. Symfony 2 fornécelle ós desenvolvedores unha forma de traballo estruturada que engade valor o seu traballo podendo definirse nun perfil de mobilidade máis ampla.

Porque deberíamos atender a Symfony 2.

Máis rápido. A xeito de comparanza Symfony2 é 3 veces máis rápido que a versión 1.4 ou de que o «framework» Zend 1.10 xa que ocupa 2 veces menos memoria.

Flexibilidade ilimitada. A súa inxección de dependencias e a forma de manexar as actividades é totalmente configurable.

Escalabilidade: Todo é un paquete e cada un deles está deseñado para engadir funcionalidade ó marco coa finalidade de podelo reutilizar noutro proxecto ou para compartir co resto da comunidade.

Ademais inclúe na documentación como implementar «controllers», plantillas, testing (PphUnit 3.5.13), formularios, validación, seguridade, inxección de dependencias, etc … Polo que está ó noso dispor material abondo para realizar unhas interesantes xornadas e incluso basealas nun proxecto de exemplo.

Algunhas novas a ter en conta e así coñecer como vai avanzando symfony2 son [9]:A completa reescritura do sitio web en Symfony2O desenvolvemento Symfony2 inclúe foros, enquisas, Q&A, artígos, blogues, e-commercio ...Uso de Doctrine2 ORM (Mongo)Creación dun dos primeiros sitios comerciais en Symfony2.(http://www.exercise.com/, http://symfony.com/, etc.)

Obxectivos

  • Dar a coñecer o «framework» e crear interese na súa utilización.
  • Xeración de comunidade arredor de symfony2. Con vistas á creación de «meetups» periódicas.
  • Coñecer as necesidades tanto das empresas como dos profesionais con respecto a súa formación neste ferramenta.
  • Coñecer empresas a nivel nacional, realización de «networking» e crear unha iniciativa de colaboración profesional.

Existe interese?

Desymfony en Castellón: todo un éxito

Unha mostra do interese e do que se ven a realizar arredor de symfony2 son as xornadas en Castellón [1] realizadas os pasados días 1,2 3 de xulio do 2011, as cales resultaron un éxito con arredor de 170 asistentes, superando as do ano anterior [6].

As xornadas finalizaron cunha mesa redonda onde se comentou a continuidade das xornadas e a posible realización destas en lugares distintos, e cunha frecuencia de dúas veces ó ano.

Tamén se mostrou a inquedanza en contar coa participación dalgún desenvolvedor implicado directamente no proxecto ou o propio Fabien Potencier.

Unha mostra do rotundo éxito das xornadas en Castellón e do ben que foron valoradas, está presente e pódese comprobar seguindo a actividade en twitter #desymfony.

Unha comunidade activa

Tamén existe unha gran e activa comunidade de fala hispana como se pode ver en symfony-es [3] e na proposta de realización dunha xuntanza o 2 de Abril en Caracas [7] ou o novo «meetup» sobre symfony2 en Madrid [2] realizadas por Alfonso Alba Garcia, o cal é un integrante e organizador moi activo da comunidade, e que xa mantivo informada á comunidade sobre as xornadas realizadas en París a través do twitter.

E non podía ser menos tamén atopamos gran movemento en twitter [8] no que moitos dos interesados seguiron as conferencias de Paris [4] e San Francisco [5] a través desta ferramenta.

Existe unha comunidade activa (listas de correo, IRC, etc) e existen empresas de moitos outros sectores e servizos que invirten neste contexto, para conseguir un desenvolvemento sostible de Symfony2 o cal se distribúe baixo unha licenza open source (MIT).

Posibles colaboradores

Por mo da natureza do «framework» e a súa novidade cabe a posibilidade de colaborar coas universidades,entidades públicas, empresas do sector e atopar patrocinadores interesados nunha iniciativa coma esta, así como ocorreu nas xornadas de symfony2 en Castellón [1].

Con isto conséguese:

  • Crear unha comunidade galega ó redor de symfony2
  • Dar a coñecer un «framework» completo para a realización de proxectos robustos.
  • Fomentar a realización de proxectos estruturados que fomenten a mobilidade dos traballadores.
  • Cubrir unha necesidade existente e demandada tanto por desenvolvedores e estudantes, coma polas empresas que buscan xente preparada e con experiencia neste tipo de «framework»s.

O tema das xornadas podería centrarse na introdución das distintas posibilidades que ofrece Symfony2 para máis tarde da-la posibilidade da realización de talleres de pago o curso.

Programa:

Realizaranse ó menos dous días de presentacións sobre as principais partes do «framework». A asignación de temas a cada relator e a distribución do programa é meramente orientativo.

Primeiro día

16:00 - Presentación e inicio

16:15 - Instalación e primeiros pasos Por Javier López

17:00 - O Modelo. Doctrine2 Por Nacho Martín

17:45 - *Descanso

18:00 - «Twig» Avanzado Por Javier Eguiluz

Segundo día

09:00 - Formularios Por Javier López

10:00 - «Backend» Por Javier Eguiluz

11:00 - *Descanso

12:00 - Micro«framework» Silex Por Nacho Martín

13:00 - Optimización. Assetic. JavaScript, JQuery. Por Raúl Fraile

14:00 - *Comida

16:30 - Symfony2 interacción con CSS, HTML5. Por Raúl Fraile

17:30 - Rendemento, Cache, Internalización, Symfony1 vs. Symfony2. Por Jose Antonio Pío

18:30 - *Descanso

18:45 - Presentación de proxectos (Exemplos como Bandness, WirelessGalicia S.L.)

19:30 - Mesa Redonda

Posibles relatores:

  • Javier Eguiluz (*)
    • @javiereguiluz (Vitoria-Gasteiz Area, Spain) www.javiereguiluz.com
  • Nacho Martín (*Confirmado)
  • Javier López (*Confirmado)
  • Jose Antonio Pío (*)
    • @josetonyp (Madrid, Spain – Acilia)
  • Raúl Fraile (*Confirmado)
  • Alfonso Alba García
    • @aalba (Madrid, Spain)
  • Pablo Díez
  • Asier Marqués
  • Jose Ramón Fernandez Leis

(*)

Actividades adicionais:

  1. Bolsa de traballo Expositores tanto de curriculums como de ofertas de emprego, podéndose divulgar a través de códigos QR, coa información das empresas interesadas.
  2. Realización de concursos e sorteos para os asistentes. Ditos sorteos serían levados a cabo polas empresas patrocinadoras para darse a coñecer. P. ex. sorteo de camisetas coa publicidade da empresa, etc.

Orzamento

A actividade realizarase sen ánimo de lucro, para fomentar o interese sobre o excelente «framework». Creando así unha comunidade activa que colabore tanto para a realización de proxectos de calidade como a realización de cursos especializados baseados en Symfony 2.

Contando coa participación de 5 relatores nos que a maioría deles son de distintos puntos de España, podería chegar a ser, entre desprazamentos e aloxamentos, arredor dos 3500 €.

Poñendo a disposición dos asistentes un servizo de «catering» para os descansos das dúas mañás que podería ter un custo de aproximadamente uns 400 €.

De modo que o orzamento total ascendería a uns 3900 €, sen contar co patrocinio de ningunha empresa. De modo que dita cantidade podería verse reducida co apoio dalgunha empresa interesada no patrocíneo da actividade.

Lugar

Posibles lugares de realización da actividade:

Vigo – Pontevedra:

Centro Social Caixanova (Novacaixagalicia)

Confederación de Empresarios de Pontevedra.

Centro Cívico de Teis:

Aforo: 50 Wifi: si Pupitres: non

Aforo: 30 Wifi: si Pupitres: si

Aforo: 300 Wifi: fora de alcance (AP repetidor?)Pupitres: non

Solicitude a través do Rexistro xeral de 2 salas.

1 sala para as conferencias

1 sala para o «catering».

(Necesidade de realizala na cociña da que dispoñen)

Data

O evento realizaríase un fin de semana de novembro (venres pola tarde e sábado todo o día), para posibilitar a asistencia tanto de estudantes coma de traballadores. Unha das datas posibles sería a finais de novembro os días 25 e 26.


Referencias

  1. http://desymfony.com
  2. http://www.meetup.com/symfony-en-Madrid/events/16538125/
  3. http://groups.google.com/group/symfony2-es
  4. http://www.symfony-live.com/paris/schedule
  5. http://www.symfony-live.com/san-francisco/schedule
  6. http://decharlas.uji.es/symfony/
  7. http://doodle.com/cfnuz48r6gzgegv8
  8. http://twitter.com/symfony2
  9. http://www.symfony2.com/