Creación e eliminación dunha conta en Google

De GALPon WiKi
Revisión del 11:44 19 feb 2011 de Gallaecio (Discusión | contribuciones) (Creación dunha conta)

A continuación explicaranse os pasos necesarios para a creación e maila eliminación dunha conta en Google, necesaria para o uso da rede social de imaxes Picasa.

Creación dunha conta

Para crear unha conta en Google, o primeiro é dirixirse ao seu sitio web. Concretamente, a páxina para o rexistro dunha nova conta é a seguinte: google.com/accounts/NewAccount (ou créea sen necesidade de ter previamente unha conta de correo electrónico). Nela aparecerán unha serie de campos que haberá que encher.

O primeiro campo será o do enderezo de correo electrónico, no que haberá que sinalar unha conta de correo electrónico da que se dispoña previamente. Este manual explica como conseguir unha conta de Google, pero non como obter unha conta de correo electrónico, xa sexa Gmail (Google), Yahoo! Mail, etc.

O segundo será escribir un contrasinal (e confirmalo a continuación), para o que deberían seguirse as directrices para a creación de contrasinais seguros.

A continuación lístanse dúas opcións, marcadas de maneira predeterminada. Tanto Stay signed in («manterse conectado») como Enable Historial da Web («activar o historial de navegación») deberían desactivarse por motivos de seguridade (especialmente o primeiro).

Respecto ao país, xa collerá «España» de maneira predeterminada (de non ser o caso, poderemos escoller o país correspondente da lista), a verificación de palabras haberá que realizala (escribir no cadro de texto o que poña na imaxe), e finalmente haberá que premer o botón final, aceptando así as condicións de uso (que deberiamos ler atentamente).

A continuación deberemos acceder á conta de correo electrónico que indicamos no formulario. Deberiamos ter unha mensaxe nova de Google na que entre outras cousas figurará unha ligazón como a seguinte:

https://www.google.com/accounts/VE?c=CNqwq4X-tXeKFxDLv-SXkf-M8UM&hl=gl

Con isto verificaremos a conta en Google, co cal a poderemos dar por creada. A partires deste momento poderemos identificarnos en Google dende google.com/accounts/Login.


Autor: Gallaecio 18:31 2 feb 2011 (CET)