Diferencia entre revisiones de «Creación e eliminación dunha conta en Flickr»
(→Creación dunha conta) |
(→Creación dunha conta) |
(No se muestran 6 ediciones intermedias del mismo usuario) | |
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 20:48 24 ago 2011
A continuación explicaranse os pasos necesarios para a creación e maila eliminación dunha conta en Flickr.
Creación dunha conta
Para crear unha conta en Flickr, o primeiro é dirixirse ao seu sitio web. Dado que o sitio non ten tradución ao galego, traballaremos neste manual coa versión en castelán da interface. Así que nada máis entrar no seu sitio web, flickr.com, deberemos escoller «Español» da pequena lista de linguas que aparece na parte inferior. Unha vez escollido o castelán, este será o aspecto da páxina:
Para comezar o proceso de creación dunha conta hai que premer no botón gris con letras brancas da parte superior dereita que di «Crea tu cuenta». Ao premer en dito botón apareceranos unha páxina de Yahoo. Flickr é un servizo de Yahoo, polo que é necesario ter unha conta para utilizalo. Se non se dispón dunha, créese. Se se ten (ou en canto se teña) introduza a súa identificación de Yahoo e mailo seu contrasinal e prema no botón «Entrar». Apareceranos un cadro coma o seguinte:
O de «nombre en pantalla» refírese ao nome de usuario, o nome co que nos verán o resto de usuarios. Pódese utilizar o nome completo noso, pero quizais sexa preferible optar por algunha clase de sobrenome ou inventarmos un, como adoita facerse na Internet. Unha vez decidido e introducido, premeremos no gran botón azul que di «Crear una cuenta nueva». Como consecuencia accederemos por vez primeira á interface principal de Flickr:
Autor: Gallaecio 21:00 26 ago 2010 (UTC)