Diferencia entre revisiones de «Configuración da intimidade en Picasa»

De GALPon WiKi
(Página creada con 'Para configurarmos os aspectos relativos á protección da intimidade da nosa conta en Picasa deberemos acceder á sección ''Privacidad y permisos'' da ''Configuración''. {| ...')
 
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 19:35 2 jul 2011

Para configurarmos os aspectos relativos á protección da intimidade da nosa conta en Picasa deberemos acceder á sección Privacidad y permisos da Configuración.

Archivo:Picasa → Configuración.png
480px

As etiquetas (Etiquetas de nombre) son as referencias que se establecen nas imaxes (xeralmente fotografías) ás persoas que aparecen nelas, ou ás veces simplemente que están relacionadas (sacaron a fotografía, estaban alí aínda que non saísen, etc.). Cómpre ocultar sempre estas informacións adicionais de maneira predeterminada, especialmente no caso dos álbums públicos. Cómpre lembrar que sempre poderemos cambiar este tipo de restrición para álbums concretos, isto non é máis que o que queremos que se faga se non indicamos o contrario.

Respecto da xeolocalización (Ubicaciones), deberiamos evitala sempre. Iso significa asegurarse de que as dúas caixas desta sección estean sen marcar.

A terceira sección afecta só aos visitantes que teñen previamente permisos para acceder ás fotografías, polo que activar calquera das dúas opcións non supón ningún risco para a seguridade. De feito, non facelo só significaría complicarlle un pouco máis a vida a aquelas persoas ás que lles demos permiso para acceder ás imaxes (descargar as imaxes pode facerse mediante capturas de pantalla, e unha vez as tes podes ir a calquera sitio a imprimilas).

Respecto da licenza (Creative Commons), dado que estamos a falar de imaxes de carácter persoal, o máis indicado será probablemente un «Reservados todos los derechos». As licenzas Creative Commons están pensadas máis para o caso de imaxes que se van facer (completamente) públicas.

Unha vez feitos os cambios necesarios, haberá que premer o botón de «Guardar cambios». Enriba da xanela de configuración aparecerá entón unha mensaxe dicindo «Se ha actualizado tu configuración».


Gallaecio 22:11 11 feb 2011 (CET)