Campaña AntiDRM na Educación

De GALPon WiKi
Revisión del 11:52 1 jun 2014 de Miguelbf (Discusión | contribuciones) (Outras novas relacionadas)

(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Este wiki está aberto a participación de todas aquelas persoas, entidades, grupos, etc. interesadas neste tema.


__________ NOTA IMPORTANTE: __________

Para evitar vandalismo neste wiki, a creación de contas está restrinxida ao «webmaster» e a persoas xa rexistradas con anterioridade, se quere ter unha conta para editar este wiki, envíe un correo a info@galpon.org ou póñase en contacto con outra persoa xa rexistrada que lle poida crear unha conta.
Desculpe as molestias ;-)


Introdución ─ Que é e que pretende esta campaña?

Referencias

DRM
Para poder proteger los derechos de autor y evitar la copia indiscriminada de libros electrónicos sin permiso ha surgido la protección por DRM (Sistemas de gestion de derechos digitales - Digital Rights Management).
Estos sistemas se aplican a los libros electrónicos y también a la música y las películas. Existen múltiples sistemas de DRM, creados por distintas empresas, pero en general todos funcionan siguiendo el siguiente esquema:
Detectan quién, cuándo y bajo qué condiciones se accede a cada libro, y envían esta información a la editorial. De esta forma se autoriza o deniega el acceso al ebook en unas condiciones determinadas que suelen impedir la copia y distribución del libro.
A NSA non ten nada sobre a empresa lanzadeira de tecnoloxía da educación coñecida como Knewton.
A empresa de análise de datos xa ollou para os cerebros de máis de 4 millóns de estudantes en todo o país. Ao supervisar cada clic do rato, cada tecla premida, cada fracción de segundo de dúbida, como traballan os nenos a través de libros dixitais, Knewton é quen de descubrir non só o que os nenos saben individualmente, senón tamén como pensan. Pode dicir que ten dificultade para concentrarse na ciencia antes do xantar e que vai batallar con fraccións o próximo xoves.


Que é a DRM?

A Digital Restrictions Management (xestión de restricións dixitais) restrinxe o que ti e a túa familia podedes facer cos dispositivos electrónicos e os contidos que adquiristes.

É un intento por parte das grandes compañías de quitarche os teus dereitos a través da tecnoloxía.

O software e hardware con DRM supervisa e controla todos os teus movementos e os da túa familia.

Os usuarios de iPod teñen restricións á hora de transferir a súa música a outros dispositivos que non son da Apple porque a música descargada de iTunes está cifrada e bloqueada con DRM.

Apple permíteche gravar un CD de son pero se tratas de levarte a música a outro dispositivo, unicamente o permite cunha calidade de son moi baixa.

Sony Music engade secretamente rootkits con DRM nos seus ordenadores cando os usuarios reproducen os CD comprados.


Porqué apesta apoiar a DRM?

  • A DRM non vai de protexer os dereitos de autor. Só é fume. A DRM vai da limitación de funcionalidade nos dispositivos, da venda de características e o retorno en forma de servizos. A DRM reduce a seguridade dos nosos dispositivos e reduce a confianza do usuario.
  • A DRM non funciona; suponse que existe para protexer os creadores, mais xa foi rebentado facilmente e pode evitarse, é en gran medida ineficaz e irrelevante. Ao contrario, a DRM elimina os dereitos dun uso xusto.
  • A DRM para vídeo é simplemente un cabalo de Troia de todas as industrias de dereitos de autor. Unha vez que todos os principais navegadores o teñan adoptado para o vídeo, a industria editorial e musical vano querer para os seus contidos.
  • A DRM fai que atopar e informar de erros supoña un risco legal. Os desenvolvedores que informen de vulnerabilidades no decodificador de Adobe

arríscanse a demandas.

  • A educación non necesita das grandes empresas editoriais e de comunicación; as grandes empresas editoriais e de comunicación necesitan da educación. Podemos facer moito máis para confrontar as consecuencias negativas da DRM que simplemente tentar mitigar o dano de seren adoptadas.


A DRM é moito máis ca unha molestia.

As industrias do cine e da música están día a día tentando incrementar o seu control sobre ti. pediron que as compañías tecnolóxicas impoñan a DRM para conseguir o que non lograron cambiar co seu lobby político sobre as leis de copyright. Pretenden converter cada interacción cunha publicación nunha transacción, eliminando o seu libre uso e mantendo o copyright por sempre. Ao aceptar a DRM, os usuarios involuntariamente rendemos os nosos dereitos, entregándolles a posibilidade de realizar sobre nós unha profunda vixilancia, enviándolles todo o que as nosas familias ven, escoitan, len ou por onde navegan.

Que lles dá ese dereito?

DRM significa: Non ao uso razoable. Non a poder comprar e revender. Non ás copias privadas. Non a compartir. Non ás copias de seguridade. Non ao intercambio. Non a crear discos personalizados. Non á intimidade. Non ao control dos nosos ordenadores. Non ao control dos nosos dispositivos electrónicos. A conversión dos nosos fogares no aparello que supervisa a nosa interacción con toda publicación (son, vídeo, texto ...) e ata coa propia web.

Que podes facer?

Mantente lonxe dos produtos dependentes da DRM como o Blu-ray e o HD-DVD, iTunes, Windows Media Player, Zune, Amazon Unbox... Mantente lonxe das distribuidoras que insisten en incluír a DRM nos seus paquetes. Deixa de financiar á xente que quere limitarte. Máis información en http://www.DefectiveByDesign.org

Texto publicado orixinalmente en castelán polo GPUL


A DRM nos libros de texto electrónicos

Quen participa nesta campaña?

Asociacións, entidades e agrupacións

A xeito individual

  • Tucho Mendez, profesor de tecnoloxía no ensino medio.


Proposta de «liñas directrices»

Creación de repositorios libres (ollo, dicimos LIBRES)

Neste punto debemos ter presente que a tendencia, na maioría de publicacións, é empregar a licenza Creative Commons coa cláusula NC. debemos insistir en que esa cláusula converte a publicación en NON libre (o mesmo acontece coa ND, aínda que esta apenas se usa).

Debemos insistir que a licenza debe ser do tipo copyleft como a CC-By-SA ou CC-By, que aínda que non é compatíbel (segundo a FSF) por non seren vírica, si que permite unha reutilización axeitada aos propósitos de universalidade.


Presenza/influencia de «Pearson» na educación


Outras novas relacionadas