Campaña AntiDRM na Educación
Contenido
Introdución ─ Que é e que pretende esta campaña?
Referencias
- DRM contra los libros de texto {Caracteres}
- ¿Por qué los DRM violan las 3 leyes de la robótica? (Hispalinux)
Que é a DRM?
A Digital Restrictions Management (xestión de dereitos dixitais) restrinxe o que ti e a túa familia podedes facer cos dispositivos electrónicos e os contidos que adquiristes.
É un intento por parte das grandes compañías de quitarche os teus dereitos a través da tecnoloxía.
O software e hardware con DRM supervisa e controla todos os teus movementos e os da túa familia.
Os usuarios de iPod teñen restricións á hora de transferir a súa música a outros dispositivos que non son da Apple porque a música descargada de iTunes está cifrada e bloqueada con DRM.
Apple permíteche gravar un CD de son pero si tratas de levarche a música a outro dispositivo, unicamente o permite cunha calidade de son moi baixa.
Sony Music engade secretamente rootkits con DRM nos seus ordenadores cando os usuarios reproducen os Cd comprados.
A DRM é moito máis ca unha molestia.
As industrias do cine e da música están día a día tentando incrementar o seu control sobre ti. pediron que as compañías tecnolóxicas impoñan a DRM para conseguir o que non lograron cambiar co seu lobby político sobre as leis de copyright. Pretenden converter cada interacción cunha publicación nunha transacción, eliminando o seu libre uso e mantendo o copyright por sempre. Ao aceptar a DRM, os usuarios involuntariamente rendemos os nosos dereitos, entregándolles a posibilidade de realizar sobre nós unha profunda vixilancia, enviándolles todo o que as nosas familias ven, escoitan, len ou por onde navegan.
Que lles dá ese dereito?
DRM significa: Non ao uso razoable. Non a poder comprar e revender. Non ás copias privadas. Non a compartir. Non ás copias de seguridade. Non ao intercambio. Non a crear discos personalizados. Non á intimidade. Non ao control dos nosos ordenadores. Non ao control dos nosos dispositivos electrónicos. A conversión dos nosos fogares no aparello que supervisa a nosa interacción con toda publicación (son, vídeo, texto ...) e ata coa propia web.
Que podes facer?
Mantente lonxe dos produtos dependentes da DRM como o Blu-ray e o HD-DVD, iTunes, Windows Media Player, Zune, Amazon Unbox... Mantente lonxe das distribuidoras que insisten en incluír a DRM nos seus paquetes. Deixa de financiar á xente que quere limitarte. Máis información en http://www.DefectiveByDesign.org
Texto publicado orixinalmente en castelán polo GPUL
A DRM nos libros de texto electrónicos
Quen participa nesta campaña?
Proposta de «liñas directrices»
Creación de repositorios libres (ollo, dicimos LIBRES)
Neste punto debemos ter presente que a tendencia, na maioría de publicacións, é empregar a licenza Creative Commons coa cláusula NC. debemos insistir en que esa cláusula converte a publicación en NON libre (o mesmo acontece coa ND, aínda que esta apenas se usa).
Debemos insistir que a licenza debe ser do tipo copyleft como a CC-By-SA ou CC-By, que aínda que non é compatíbel (segundo a FSF) por non seren vírica, si que permite unha reutilización axeitada aos propósitos de universalidade.
Presenza/infuencia de «Pearson» na educación
- :-) proxecto financado por: ...
- Pearson Wins Major Contract From Common-Core Testing Consortium
- Pearson, Microsoft announce joint venture for Common Core curriculum, apps, tools. Good news for schools? Or sign of the apocalypse?
- Lo que oculta el informe Pisa
- Microsoft and Pearson Join Forces to Create Common Core Curriculum: Are You $urprised?
- Pearson to develop PISA framework
- Pearson to develop frameworks for OECD’s PISA student assessment for 2015
- Adiviña quen está detrás de eScholarium
- Should Pearson, a giant multinational, be influencing our education policy?
- Quen está trala plataforma «Knewton» ?