Campaña AntiDRM na Educación

De GALPon WiKi
Revisión del 20:41 6 may 2014 de Miguelbf (Discusión | contribuciones) (Introdución ─ Que é e que pretende esta campaña?)

Introdución ─ Que é e que pretende esta campaña?

Referencias

Que é o DRM?

A Digital Restrictions Management (xestión de dereitos dixitais) restrinxe o que ti e a túa familia podedes facer cos dispositivos electrónicos e os contidos que adquiristes.

É un intento por parte das grandes compañías de quitarche os teus dereitos a través da tecnoloxía.

O software e hardware con DRM supervisa e controla todos os teus movementos e os da túa familia.

Os usuarios de iPod teñen restricións á hora de transferir a súa música a outros dispositivos que non son da Apple porque a música descargada de iTunes está cifrada e bloqueada con DRM.

Apple permíteche gravar un CD de son pero si tratas de levarche a música a outro dispositivo, unicamente o permite cunha calidade de son moi baixa.

Sony Music engade secretamente rootkits con DRM nos seus ordenadores cando os usuarios reproducen os Cd comprados.

O DRM é moito máis ca unha molestia.

As industrias do cine e da música están día a día tentando incrementar o seu control sobre ti. pediron que as compañías tecnolóxicas impoñan o DRM para conseguir o que non lograron cambiar co seu lobby político sobre as leis de copyright. Pretenden converter cada interacción cunha publicación nunha transacción, eliminando o seu libre uso e mantendo o copyright por sempre. Ao aceptar o DRM, os usuarios involuntariamente rendemos os nosos dereitos, entregándolles a posibilidade de realizar sobre nós unha profunda vixilancia, enviándolles todo o que as nosas familias ven, escoitan, len ou por onde navegan.

Que lles dá ese dereito?

DRM significa: Non ao uso razoable. Non a poder comprar e revender. Non ás copias privadas. Non a compartir. Non ás copias de seguridade. Non ao intercambio. Non a crear discos personalizados. Non á intimidade. Non ao control dos nosos ordenadores. Non ao control dos nosos dispositivos electrónicos. A conversión dos nosos fogares no aparello que supervisa a nosa interacción con toda publicación (son, vídeo, texto ...) e ata coa propia web.

Que podes facer?

Mantente lonxe dos produtos dependentes de DRM como o Blu-ray e o HD-DVD, iTunes, Windows Media Player, Zune, Amazon Unbox... Mantente lonxe das distribuidoras que insisten en incluír o DRM nos seus paquetes. Deixa de financiar á xente que quere limitarte. Máis información en www.DefectiveByDesign.org

Texto publicado orixinalmente polo GPUL

Quen participa nesta campaña?

Proposta de «liñas directrices»

Creación de repositorios libres (ollo, dicimos LIBRES)

Neste punto debemos ter presente que a tendencia, na maioría de publicacións, é empregar a licenza Creative Commons coa cláusula NC. debemos insistir en que esa cláusula converte a publicación en NON libre (o mesmo acontece coa ND, aínda que esta apenas se usa).

Debemos insistir que a licenza debe ser do tipo copyleft como a CC-By-SA ou CC-By, que aínda que non é compatíbel (segundo a FSF) por non seren vírica, si que permite unha reutilización axeitada aos propósitos de universalidade.

Presenza/infuencia de «Pearson» na educación

Outras novas relacionadas