Diferencia entre revisiones de «Campaña AntiDRM na Educación»

De GALPon WiKi
m
Línea 31: Línea 31:
 
Sony Music engade secretamente ''rootkits'' con DRM nos seus ordenadores cando os usuarios reproducen os Cd comprados.
 
Sony Music engade secretamente ''rootkits'' con DRM nos seus ordenadores cando os usuarios reproducen os Cd comprados.
  
* [https://www.adobe.com/es/epaper/features/drm/howdrmworks.html Como funciona a xestión da  DRM segundo ''Adobe''', os seus creadores]
+
* [https://www.adobe.com/es/epaper/features/drm/howdrmworks.html Como funciona a xestión da  DRM segundo ''Adobe'', os seus creadores]
 
   
 
   
  

Revisión del 09:35 28 may 2014

Este wiki está aberto a participación de todas aquelas persoas, entidades, grupos, etc. interesadas neste tema.


__________ NOTA IMPORTANTE: __________

Para evitar vandalismo neste wiki, a creación de contas está restrinxida ao «webmaster» e a persoas xa rexistradas con anterioridade, se quere ter unha conta para editar este wiki, envíe un correo a info@galpon.org ou póñase en contacto con outra persoa xa rexistrada que lle poida crear unha conta.
Desculpe as molestias ;-)


Introdución ─ Que é e que pretende esta campaña?

Referencias

DRM
Para poder proteger los derechos de autor y evitar la copia indiscriminada de libros electrónicos sin permiso ha surgido la protección por DRM (Sistemas de gestion de derechos digitales - Digital Rights Management).
Estos sistemas se aplican a los libros electrónicos y también a la música y las películas. Existen múltiples sistemas de DRM, creados por distintas empresas, pero en general todos funcionan siguiendo el siguiente esquema:
Detectan quién, cuándo y bajo qué condiciones se accede a cada libro, y envían esta información a la editorial. De esta forma se autoriza o deniega el acceso al ebook en unas condiciones determinadas que suelen impedir la copia y distribución del libro.
A NSA non ten nada sobre a empresa lanzadeira de tecnoloxía da educación coñecida como Knewton.
A empresa de análise de datos xa ollou para os cerebros de máis de 4 millóns de estudantes en todo o país. Ao supervisar cada clic do rato, cada tecla premida, cada fracción de segundo de dúbida, como traballan os nenos a través de libros dixitais, Knewton é quen de descubrir non só o que os nenos saben individualmente, senón tamén como pensan. Pode dicir que ten dificultade para concentrarse na ciencia antes do xantar e que vai batallar con fraccións o próximo xoves.


Que é a DRM?

A Digital Restrictions Management (xestión de dereitos dixitais) restrinxe o que ti e a túa familia podedes facer cos dispositivos electrónicos e os contidos que adquiristes.

É un intento por parte das grandes compañías de quitarche os teus dereitos a través da tecnoloxía.

O software e hardware con DRM supervisa e controla todos os teus movementos e os da túa familia.

Os usuarios de iPod teñen restricións á hora de transferir a súa música a outros dispositivos que non son da Apple porque a música descargada de iTunes está cifrada e bloqueada con DRM.

Apple permíteche gravar un CD de son pero si tratas de levarche a música a outro dispositivo, unicamente o permite cunha calidade de son moi baixa.

Sony Music engade secretamente rootkits con DRM nos seus ordenadores cando os usuarios reproducen os Cd comprados.


A DRM é moito máis ca unha molestia.

As industrias do cine e da música están día a día tentando incrementar o seu control sobre ti. pediron que as compañías tecnolóxicas impoñan a DRM para conseguir o que non lograron cambiar co seu lobby político sobre as leis de copyright. Pretenden converter cada interacción cunha publicación nunha transacción, eliminando o seu libre uso e mantendo o copyright por sempre. Ao aceptar a DRM, os usuarios involuntariamente rendemos os nosos dereitos, entregándolles a posibilidade de realizar sobre nós unha profunda vixilancia, enviándolles todo o que as nosas familias ven, escoitan, len ou por onde navegan.

Que lles dá ese dereito?

DRM significa: Non ao uso razoable. Non a poder comprar e revender. Non ás copias privadas. Non a compartir. Non ás copias de seguridade. Non ao intercambio. Non a crear discos personalizados. Non á intimidade. Non ao control dos nosos ordenadores. Non ao control dos nosos dispositivos electrónicos. A conversión dos nosos fogares no aparello que supervisa a nosa interacción con toda publicación (son, vídeo, texto ...) e ata coa propia web.

Que podes facer?

Mantente lonxe dos produtos dependentes da DRM como o Blu-ray e o HD-DVD, iTunes, Windows Media Player, Zune, Amazon Unbox... Mantente lonxe das distribuidoras que insisten en incluír a DRM nos seus paquetes. Deixa de financiar á xente que quere limitarte. Máis información en http://www.DefectiveByDesign.org

Texto publicado orixinalmente en castelán polo GPUL


A DRM nos libros de texto electrónicos

Quen participa nesta campaña?

Asociacións, entidades e agrupacións

A xeito individual

  • Tucho Mendez, profesor de tecnoloxía no ensino medio.


Proposta de «liñas directrices»

Creación de repositorios libres (ollo, dicimos LIBRES)

Neste punto debemos ter presente que a tendencia, na maioría de publicacións, é empregar a licenza Creative Commons coa cláusula NC. debemos insistir en que esa cláusula converte a publicación en NON libre (o mesmo acontece coa ND, aínda que esta apenas se usa).

Debemos insistir que a licenza debe ser do tipo copyleft como a CC-By-SA ou CC-By, que aínda que non é compatíbel (segundo a FSF) por non seren vírica, si que permite unha reutilización axeitada aos propósitos de universalidade.


Presenza/influencia de «Pearson» na educación


Outras novas relacionadas