Actualización drupal

De GALPon WiKi
Revisión del 19:32 24 jul 2011 de Capri99 (Discusión | contribuciones) (Preparación da actualización)

Este tutorial pretende explicar o mellor posible como se debe facer unha boa actualización de drupal, e procurar explicar as solucións a posibles problemas que podemos ter durante a actualización.

Precalentamento

  • FAI COPIA DE SEGURIDADE ANTES DE TOCAR NADA!!!

Antes de iniciar a actualización témonos que preguntar ¿teño todo o necesario para poder comezar a actualización?, os requisitos necesarios previos a actualización son:

  • Comprobar que tódolos temas e módulos engadidos á nosa páxina drupal teñen tamén a súa versión no novo drupal. Hai ocasións nas que estamos usando un módulo, que acaba sendo abandonado, neste caso teremos que buscar un módulo que substitúa a este na nova versión de drupal (neste caso drupal usa o módulo fckeditor, este módulo esta abandonado, e polo tanto haberá que buscar a outro modulo que substitúa ao fckeditor, neste caso usaremos o ckeditor no novo GALPon), se temos módulos desenrolados por nos mesmos, teremos que adaptalos ao novo drupal.
  • Ter a man tódolos datos de administración necesarios para levar a cabo a actualización (necesitamos o usuario dono da páxina que normalmente é o usuario admin, os datos do servidor para engadir ou eliminar ficheiros da páxina, ftp, ssh...)
  • Revisar a páxina na procura de erros, seguro que os erros que deixemos na páxina medrarán trala actualización, polo tanto se podemos arranxar cousas antes de actualizar, evitaranos dores de cabeza futuros.

Preparación da actualización

  • Poñemos o Drupal en Modo Mantemento (Configuración do sitio -> Mantemento do sitio)
  • Desactivamos as opcións de caché (Configuración do sitio -> Rendemento)
  • Desactivamos todos os módulos que non sexan do "Core optional" ou "Core required" (Construción do sitio -> Módulos).
  • Sería necesario tamén desinstalar aqueles módulos que non teñen soporte xa na versión 6.
  • Agora FAREMOS COPIA DE SEGURIDADE ANTES DE TOCAR NADA!!! e para iso podes seguir estos pasos:
    • Entramos no directorio de Drupal e facemos:
tar -chvzf /home/galpon/www/backup/drupal-home-galpon-www-drupal-YYYYMMDD.tgz /home/galpon/www/drupal/
    • Agora facemos backup da base de datos solicitándonos a contrasinal do root de mysql:
mysqldump -u root -p --add-drop-table galpondrupal > /home/galpon/www/backup/drupal_db_galpondrupal-backup-YYYYMMDD.sql

Probamos os datos de backup

  • Restauramos base de datos
mysql -v -u galpon_user -p galpondrupal_test < /home/galpon/www/backup/drupal_db_galpondrupal-backup-YYYYMMDD.sql
  • Restauramos o código de drupal e arquivos:
tar xvzf ../drupal-home-galpon-www-drupal-YYYYMMDD.tgz --strip-components=3

E modificamos o arquivo sites/default/settings.php para que se conecte á nova base de datos. Se todo foi ben poderiades conectarvos á nova web a través de http://localhost/drupal/user e abrir unha cervexa coma nós para celebrar que temos asegurada a "volta atrás" ;-)

Actualización de drupal

Os pasos a seguir serán os seguintes (para explicalo con exemplos imos supor que a paxina esta en /var/www/drupal e imos a pasar da versión 5 á 6):

  • Acceder á paxina coa conta dona do sitio (a primeira conta creada), cambiar o tema que esteamos usando por un do core (por exemplo o garland).
  • Descargar e descomprimir a nova versión de drupal
wget http://ftp.drupal.org/files/projects/drupal-6.22.tar.gz | tar vxzf drupal-6.22.tar.gz
  • Copiamos os directorios sites e files antigos ao Drupal novo:
cp -av /home/galpon/www/drupal/sites /var/www/drupal
cp -av /home/galpon/www/drupal/files /var/www/drupal
  • Modificamos os permisos de sites/default/settings.php a 660 para que o Drupal poida modificalo.
  • Agora accedemos a páxina de actualización de Drupal http://localhost/drupal/update.php e pasaremos a actualizar a base de datos

Posinstalación

Agora xa temos o noso drupal actualizado, simplemente limpamos a cache (creo recordar que está en configuración -> rendemento), volvemos a escoller o noso tema (recomendo reactivar o tema aínda que o que esteamos usando sexa o tema predeterminado), actualizamos os módulos que desactivamos e os volvemos a activar.

Miña experiencia

Como todos sabemos non sempre sae todo fácil e ben sinxelo, moitas veces ocorren algúns problemas, intentarei expor algúns dos que me atopei.

  • Os módulos deben estar ben postos, poden dar problemas se andas a experimentar con eles.
  • Usa módulos que vexas que teñen futuro (se metes un módulo que esta moi guai pero resulta que non ten mantemento, cando teñas que cambiar de versión de drupal terás que buscar outra alternativa. Busca dende o principio un que sexa popular)
  • Eu antes de actualizar borro as carpetas css e color da carpeta files (ahi estan os estilos do tema, eu o fago porque sempre se me esquece limpar a cache despois de actualizar, non é necesario, eu o fago por capricho)
  • Se despois da actualización aparécete unha pantalla en branco na páxina, tranquilo, seguramente sexa problema de módulos. Volve a facer un update.php e en vez de ir directo a paxina de inicio da web vete a paxina de administración e alí poderalo arranxar, son problemas de módulos (polo menos é o que me aconteceu a min).
  • Ao pasar á versión 7 tiven problemas cos fields, isto creo que é debido a que non están os tipos de contido ben postos na BBDD, simplemente con ir a tipos de contido e ir gardando (non fai falla configurar nada simplemente lle das a editar e logo a gardar, nada máis) as configuracións xa se soluciona o problema.
  • Recordar que hai que facer un bo mantemento diario para evitar futuros problemas.
  • Coidado cos permisos http://www.google.com/search?q=Index+of+/sites/default


Supoño que hai moitas máis cousas das que falar, pero non as recordo, calquera cousa que aguen crea que haxa que ampliar que avise.

De todas formas hai mellores manuais onde aprender a actualizar drupal :D eu usei o primeiro que atopei http://cambrico.net/drupal/actualizando-de-drupal-6-a-drupal-7