Actividades

De GALPon WiKi
Revisión del 18:35 20 nov 2022 de Miguelbf (Discusión | contribuciones) (Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 18 de novembro)

(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

Proposta de actividades a realizar

Esta proposta estaba previsto realizala no ano 2020, por mor da epidemia da Covid19 vímonos na obriga de suspender todas as actividades presenciais. Deixamos este proxecto formulado para mellor momento

Obradoiro de formación de formadores sobre contornos de programación por bloques «Snap!», «Snap4arduino» e «microblocks»

Introdución

No seu momento, non hai moitos anos, falar de «Scratch» e de «programación con bloques» eran sinónimo un da outra; ademais falabamos sempre de liberdade. A partires da publicación da v.2.x de Scratch, esta deixou de ser «realmente» libre, xa que estaba programada en flash e dependía de «Adobe AIR» (estritamente privativo), que, por se fose pouco, deixou de estar dispoñíbel para GNU/Linux. Nesta situación, Jens Mönig e Brian Harvey reescribiron scratch empregando html5 e javascript, dando lugar a un «fork» realmente libre: Snap! BYOB2. Neste momento o Scratch vai xa pola v.3.x, desta volta cun forte apoio económico por parte de Google, o que leva a que Scratch só desenvolva toda a súa potencia se se emprega no navegador ou no S.O Chrome de Google, e non existindo aínda un sistema «offline» que poida ser executado nun S.O. libre. Pouco a pouco o Snap! foi medrando, e hoxe en día é o sistema de programación por bloques máis potente, mantendo a liberdade como bandeira e mantendo a mesma facilidade para a programación pola xente miúda, pero engadindo funcionalidades que fan que sexa axeitado para unha introdución seria á informática para estudantes de secundaria ou universidade. A pesares do dito, Snap! segue a ser ignorado, deixándose a xente, especialmente o mestrado, levar pola «popularidade» do Scratch, e deixando de lado o concepto de liberdade.

Descrición

Conferencia/obradoiro/sesión maxistral a cargo de Bernat Romagosa, desenvolvedor dos proxectos Snap!, Snap4arduino co padriñazgo de EDC3 (Education Development Center) e BJC4 (The Beauty and Joy of Computing) así como do MicroBlocks. Desenvolverase unha lección teórica sobre Snap e Snap4arduino e a seguir unha lección práctica de MicroBlocks con placas micro:bit. A organización disporá dalgunhas placas micro:bit e CPX outros compoñentes para prácticas.

Publico obxectivo e estimación de impacto

Mestres de tecnoloxía, monitores de «laboratorios» e asociacións de facedores (makers) ou de difusión informática, e aficionados en xeral á programación. Esta actividade será de acceso libre, agás os requisitos de inscrición previa e capacidade. Estimamos que podemos acadar os 60 asistentes.

Estructura do obradoiro

A xornada dividirase en dúas partes, Na primeira, farase unha sesión divulgativa (relatorio + demos) sobre Snap!, que incluirá Snap4Arduino. Na segunda desenvolveremos un obradoiro práctico con MicroBlocks, con menos «leria» e máis «cacharreo». Requisitos de asistencia

Os participantes teñen que traer o seu propio computador portátil (ver na parte final desta nota as Recomendacións técnicas, relativas ao software a empregar).

Duración e datas

O evento desenvolverase ao longo dun sábado, a poder ser no primeiro trimestre do ano.

Inscricións:

A asistencia é aberta, libre e de balde, ata o máximo de prazas admitidas

Lugar e datas:

  • Data: Sábado 4 abril 2020
  • Relatorio de: 10.00- 12.30
  • Hora inicio obradoiro: 12.30
  • Hora fin: 18.30
  • Duración total: 8.30 horas (incluído o tempo do xantar)
  • Prazas dispoñíbeis: 40
  • Lugar: Salón de Actos do Centro Cívico de Teis. Oficina Municipal de Distrito, entre Camiño Cancelo, Rúa Maceiras e Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres.

Outras actividades...

15º aniversario de GALPon

16 de novembro de 2017

Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 18 de novembro de 2017

Xantar15aniversario.jpeg

20º aniversario de GALPon

16 de novembro de 2022

Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 19 de novembro de 2022

Xantar 20 Aniversario.jpg

Resumo dos primeiros 20 anos da nosa historia

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información

Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta

Actividades xa realizadas