Actividades

De GALPon WiKi
Revisión del 20:22 22 feb 2020 de Miguelbf (Discusión | contribuciones) (Proposta de actividades a realizar durante o ano 2020)

Proposta de actividades a realizar durante o ano 2020

Obradoiro de formación de formadores sobre contornos de programación por bloques «Snap!», «Snap4arduino» e «microblocks»

Introdución

No seu momento, non hai moitos anos, falar de «Scratch1» e de «programación con bloques» eran sinónimo un da outra; ademais falabamos sempre de liberdade. A partires da publicación da v.2.x de Scratch, esta deixou de ser «realmente» libre, xa que estaba programada en flash e dependia de «Adobe AIR» (estritamente privativo), que, por se fose pouco, deixou de estar dispoñíbel para GNU/Linux. Nesta situación, Jens Mönig e Brian Harvey reescribiron scratch empregando html5 e javascript, dando lugar a un «fork» realmente libre: Snap! BYOB2. Neste monento o Scratch vai xa pola v.3.x, desta volta cun forte apoio económico por parte de Google, o que leva a que Scratch só desenvolva toda a súa potencia se se emprega no navegador ou no S.O Chrome de Google, e non existindo aínda un sistema «offline» que poida ser executado nun S.O. libre. Pouco a pouco o Snap! foi medrando, e hoxe en día é o sistema de programación por bloques máis potente, mantendo a liberdade como bandeira e mantendo a mesma facilidade para a programación pola xente miúda, pero engadindo funcionalidades que fan que sexa axeitado para unha introdución seria á informática para estudantes de secundaria ou universidade. A pesares do dito, Snap! segue a ser ignorado, deixándose a xente, especialmente o mestrado, levar pola «popularidade» do Scratch, e deixando de lado o concepto de liberdade.

Descrición

Conferencia/obradoiro/sesión maxistral a cargo de Bernat Romagosa, desenvolvedor dos proxectos Snap!, Snap4arduino co padriñazgo de EDC3 (Education Development Center) e BJC4 (The Beauty and Joy of Computing) así como do MicroBlocks. Desenvolverase unha lección teórica sobre Snap e Snap4arduino e a seguir unha lección práctica de MicroBlocks con placas micro:bit5 e CPX6. A organización disporá dalgunhas placas micro:bit e CPX para prácticas.

Publico obxectivo e estimación de impacto

Mestres de tecnoloxía, monitores de «laboratorios» e asociacións de facedores (makers) ou de difusión informática, e aficionados en xeral á programación. Esta actividade será de acceso libre, agás os requisitos de inscrición previa e capacidade. Estimamos que podemos acadar os 60 asistentes.

Estructura do obradoiro

A xornada dividirase en dúas partes, Na primeira, farase unha sesión divulgativa (relatorio + demos) sobre Snap!, que incluirá Snap4Arduino. Na segunda desenvolveremos un obradoiro práctico con MicroBlocks, con menos «leria» e máis «cacharreo». Requisitos de asistencia

Os participantes teñen que traer o seu propio computador portátil (ver na parte final desta nota as Recomendacións técnicas, relativas ao software a empregar).

Duración e datas

O evento desenvolverase ao longo dun sábado, a poder ser no primeiro trimestre do ano.

Inscricións:

A asistencia é aberta, libre e de balde, ata o máximo de prazas admitidas

Lugar e datas:

  • Data: Sábado 4 abril 2020
  • Relatorio de: 10.00- 12.30
  • Hora inicio obradoiro: 12.30
  • Hora fin: 18.30
  • Duración total: 8.30 horas (incluído o tempo do xantar)
  • Prazas dispoñíbeis: 40
  • Lugar: Salón de Actos do Centro Cívico de Teis. Oficina Municipal de Distrito, entre Camiño Cancelo, Rúa Maceiras e Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres.

Outras actividades...

15º aniversario de GALPon

16 de novembro de 2017

Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 18 de novembro

Xantar15aniversario.jpeg

Resumo dos primeiros 15 anos da nosa historia

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información

Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta

Actividades xa realizadas