Actividades
Contenido
Proposta de actividades a realizar durante o ano 2019
Xornada técnica/hackatón de FPGA libres con Obijuán
Tratase dun relatorio do recoñecido maker e especialista no desenvolvemento de proxectos con FPGA e software libre Juan González Gómez (Obijuán) (sábado mañá) seguido dunha hackatón que empregue estas tecnoloxías (resto do sábado e domingo pola mañá). A hackatón consistirá nun concurso de ideas tecnolóxicas co seu desenvolvemento, que se levará a cabo por grupos. Na última hora da mañá do domingo farase unha presentación da idea e os resultados do desenvolvemento. Un xurado decidirá os gañadores.
O relatorio e o hackatón serán de acceso libre, agás os requisitos de inscrición previa e capacidade. As inscricións do relatorio e da hackatón levaranse a cabo por separado, xa que o formato de relatorio admite máis participantes. Estas actividades están orientadas, principalmente, cara a makers e afeccionados á electrónica.
Para o relatorio admitirase un máximo de 80 asistentes. Para a hackatón admitirase un máximo de 40 asistentes, xa que un maior número faría difícil o traballo coa atención requirida en detrimento da efectividade do evento.
Inscricións:
A asistencia é aberta, libre e de balde, ata o máximo de prazas admitidas
Lugar e datas:
O evento durará unha fin de semana (sábado e domingo pola mañá) celebraráse no outono O relatorio será de aproximadamente unha hora e media (o sábado de 10:00 a 11:30). A hackatón durará o resto do sábado (ata as 20:00) e o domingo pola mañá (de 10:00 a 14:00) Pretendemos que o Concello de Vigo nos facilite a Casa das palabras (O Verbum).
Open GALPon – A Industriosa de robótica libre
Tratase dunha serie de probas de carreiras e loitas entre robots feitos polos participantes con hardware e software libres. En concreto serían as seguintes competicións: • Velocistas • Labirinto • Minisumo • Hebocon As normas serán as habituais neste tipo de competicións (https://open-robosports.github.io/ http://rules.oshwdem.org/hebocon_es)
O público estará formado polos participantes (agardamosunhas 50 persoas, tendo en conta a participación en eventos semellantes en Galicia, como a OSWHDEM da Coruña) e os espectadores das competicións (agardamos outras 100 persoas). O evento será de acceso libre, agás os requisitos de inscrición previa para os participantes e capacidade para o resto.
Inscricións:
A asistencia é aberta, libre e de balde, ata o máximo de prazas admitidas
Lugar e datas:
O evento durará un día (sábado ou domingo, de 10:00 a 20:00) O evento celebraranse en Vigo no outono, nun lugar aínda por determinar con escenario e palco. Pretendemos que o Concello de Vigo nos facilite a Casa das palabras (O Verbum).
Proxectos MiniNo e PicarOS
Ver o desenvolvido en anos anteriores (dende 2011)
Outras actividades...
15º aniversario de GALPon
16 de novembro de 2017
Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 18 de novembro
Resumo dos primeiros 15 anos da nosa historia
Documentos colaborativos
Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria
- Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia
Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos
- Para impulsar o Software Libre en Galiza