Actividades

De GALPon WiKi
Revisión del 10:48 25 may 2019 de Miguelbf (Discusión | contribuciones) (Coa colaboración de:)

Proposta de actividades a realizar durante o ano 2019

Akademy-es 2019

Akademy-es é o encontro anual de desenvolvedores, colaboradores e usuarios de KDE en España, celebrase dende o ano 2006 en distintas cidades do territorio español e con esta chegarase á décimo cuarta edición.

Lugar e datas:

Os relatorios e encontros desenvolveranse no MARCO os días 28, 29 e 30 de xuño.

Inscricións:

A asistencia é aberta, libre e de balde, só é preciso rexistrarse na páxina creada ao efecto na web de KDE-España.

Coa colaboración de:

Podedes ver todos os patrocinadores na páxina de patrocinios do evento

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2018 da Xunta de Galicia.

Hackaton de e-téxtiles

Propoñemos o relatorio da especialista en e-téxtiles Paola Guimeráns (sábado mañá) seguido dunha hackatón que empregue estas tecnoloxías (resto do sábado e domingo pola mañá). A hackatón consistirá nun concurso de ideas tecnolóxicas co seu desenvolvemento, que se levará a cabo por grupos. Na última hora da mañá do domingo farase unha presentación da idea e os resultados do desenvolvemento. Un xurado decidirá os gañadores.

O relatorio e a hackatón serán de acceso libre, agás os requisitos de inscrición previa e capacidade. As inscricións do relatorio e da hackatón levaranse a cabo por separado, xa que o formato de relatorio admite máis participantes. Estas actividades están orientadas, principalmente, cara a makers e afeccionados á electrónica.

Para o relatorio admitirase un máximo de 100 asistentes. Para a hackatón admitirase un máximo de 50 asistentes, xa que un maior número faría difícil o traballo coa atención requirida en detrimento da efectividade do evento.

Lugar e datas:

O evento durará unha fin de semana (sábado e domingo pola mañá) e celebrarase no outono O relatorio será de aproximadamente unha hora e media (o sábado de 10:00 a 11:30). A hackatón durará o resto do sábado (ata as 20:00) e o domingo pola mañá (de 10:00 a 14:00) O evento celebraranse nun lugar aínda por determinar unha boa opción sería que o Concello nos facilite a Casa das palabras (O Verbum).

Inscricións:

A asistencia é aberta, libre e de balde, ata o máximo de prazas admitidas

Coa colaboración de:

Podedes ver todos os patrocinadores na páxina de patrocinios do evento

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2018 da Xunta de Galicia.

Xornada técnica/hackatón de FPGA libres con Obijuán

Tratase dun relatorio do recoñecido maker e especialista no desenvolvemento de proxectos con FPGA e software libre Juan González Gómez (Obijuán) (sábado mañá) seguido dunha hackatón que empregue estas tecnoloxías (resto do sábado e domingo pola mañá). A hackatón consistirá nun concurso de ideas tecnolóxicas co seu desenvolvemento, que se levará a cabo por grupos. Na última hora da mañá do domingo farase unha presentación da idea e os resultados do desenvolvemento. Un xurado decidirá os gañadores.

O relatorio e o hackatón serán de acceso libre, agás os requisitos de inscrición previa e capacidade. As inscricións do relatorio e da hackatón levaranse a cabo por separado, xa que o formato de relatorio admite máis participantes. Estas actividades están orientadas, principalmente, cara a makers e afeccionados á electrónica.

Para o relatorio admitirase un máximo de 100 asistentes. Para a hackatón admitirase un máximo de 50 asistentes, xa que un maior número faría difícil o traballo coa atención requirida en detrimento da efectividade do evento.

Inscricións:

A asistencia é aberta, libre e de balde, ata o máximo de prazas admitidas

Lugar e datas:

O evento durará unha fin de semana (sábado e domingo pola mañá) celebraráse no outono O relatorio será de aproximadamente unha hora e media (o sábado de 10:00 a 11:30). A hackatón durará o resto do sábado (ata as 20:00) e o domingo pola mañá (de 10:00 a 14:00) Pretendemos que o Concello de Vigo nos facilite a Casa das palabras (O Verbum).

Open GALPon – A Industriosa de robótica libre

Tratase dunha serie de probas de carreiras e loitas entre robots feitos polos participantes con hardware e software libres. En concreto serían as seguintes competicións: • Velocistas • Labirinto • Minisumo • Hebocon As normas serán as habituais neste tipo de competicións (https://open-robosports.github.io/ http://rules.oshwdem.org/hebocon_es)

O público estará formado polos participantes (agardamosunhas 50 persoas, tendo en conta a participación en eventos semellantes en Galicia, como a OSWHDEM da Coruña) e os espectadores das competicións (agardamos outras 100 persoas). O evento será de acceso libre, agás os requisitos de inscrición previa para os participantes e capacidade para o resto.

Inscricións:

A asistencia é aberta, libre e de balde, ata o máximo de prazas admitidas

Lugar e datas:

O evento durará un día (sábado ou domingo, de 10:00 a 20:00) O evento celebraranse en Vigo no outono, nun lugar aínda por determinar con escenario e palco. Pretendemos que o Concello de Vigo nos facilite a Casa das palabras (O Verbum).

Proxectos MiniNo e PicarOS

Ver o desenvolvido en anos anteriores (dende 2011)

Outras actividades...

15º aniversario de GALPon

16 de novembro de 2017

Xantar de confraternización de socios e simpatizantes, celebrado o día 18 de novembro

Xantar15aniversario.jpeg

Resumo dos primeiros 15 anos da nosa historia

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información

Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta

= Actividades xa realizadas