Diferencia entre revisiones de «Actividades»

De GALPon WiKi
m (Actividades xa realizadas)
m (Actividades realizadas durante o 2017)
Línea 1: Línea 1:
= Actividades realizadas durante o 2017 =
+
= Proposta de actividades a realizar durante o ano 2018 =
  
 
==Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo==
 
==Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo==
<span style="background:#00FF00">[Proposta 1 do Convenio]</span>
+
!!<span style="background:#00FF00">[Proposta 1 do Convenio]</span>
  
 
A dirección técnica e de produción, destas xornadas foi realizada pola Xunta Directiva de GALPon, facéndose cargo da secretaría, instalacións técnicas, CM, deseño dos diplomas e da posta en práctica, a empresa [http://www.librebit.com/ Control Suprimir S.L.U.].
 
A dirección técnica e de produción, destas xornadas foi realizada pola Xunta Directiva de GALPon, facéndose cargo da secretaría, instalacións técnicas, CM, deseño dos diplomas e da posta en práctica, a empresa [http://www.librebit.com/ Control Suprimir S.L.U.].

Revisión del 12:25 30 nov 2017

Proposta de actividades a realizar durante o ano 2018

Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

!![Proposta 1 do Convenio]

A dirección técnica e de produción, destas xornadas foi realizada pola Xunta Directiva de GALPon, facéndose cargo da secretaría, instalacións técnicas, CM, deseño dos diplomas e da posta en práctica, a empresa Control Suprimir S.L.U..

Descrición

Programa adicado a facer que o alumnado de ensino medio coñeza, nun principio, o proxecto OpenStreetMap e animalos a colaborar na súa edición. Para iso contamos coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos).

Este programa constou de dous ciclos, un primeiro realizado os días 22 e 23 de maio (luns e martes), nos que se fixeron unhas charlas/obradoiro en tres institutos de Vigo.

Luns 22
Pola mañá estivemos no IES Alexandre Bóveda, sito na rúa Cuntis s/n 36209 (Coia)
Pola tarde estivemos no IES do Castro de Vigo, sito na rúa José Gómez Posada Curros, nº 1 - 36203 (O Castro)
Martes 23
Pola mañá estivemos no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

As charlas orientaranse cara á explicación de en que consiste o proxecto OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.

Tralo remate de cada charla/obradoiro, fíxoselle as rapazas e rapaces a encomenda de ir achegando datos cartográficos para mellorar as zonas de influencia dos seus respectivos Institutos e daqueles lugares aos que se despracen. Deixámoslles a todas e todos un chisco de traballo, xa que preparamos un pequeno concurso, con algún agasallo, para que durante as próximas tres semanas conseguiran ser os que máis achegas fixeran a OSM no seu centro.

A volta de 21 días, concretamente o luns e o martes 12 e 13, pasamos de novo polos centros de ensino, a fin de que nos consultasen calquera problema que tiveran durante o cartografado ou rexistro dos PoI, e facerlle entrega as persoas gañadoras do seu agasallo e dun diploma conmemorativo.

Temos que agradecer non só a boa acollida e facilidades que nos deron nos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ao seu alumnado, Senón tamén a implicación do mestrado facendo actividades na aula tendentes a reforzar a nosa acción de promoción.

Documentación

A documentación elaborada polos distintos profesores/directores dos obradoiros, está aloxada nesta wiki e no GitHub de Xeoinquedos

Asistencia

Datos finais

Total de editores Conxuntos de cambios Cambios no mapa
59 1 071 10 744

Difusión

No noso web → Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

No noso web → Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo II

No noso web → Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo III

Facebook do IES A Guía

Blog de tecnoloxía do IES Alexandre Bóveda

Mancomún (22 Xuño 2017)

Imaxes

OSM IESoCastro.jpg OSM IESaGuía-ent-premio.jpg OSM IES Diplomas.jpg

Conclusións

Consideramos que estas actividades acadaron un resultado satisfactorio, tanto de asistencia como de impacto no contorno de OSM. Este tipo de actividades casan (poden considerarse unha evolución) coas «Festas dos mapas» que fixemos en datas anteriores tanto nós coma outras asociacións a prol do software libre; podendo considerarse con moito futuro ao implicar a mocidade.

Coa colaboración de:

Xeoinquedos

Logo xeoInquedos.png


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Proxectos MiniNo e PicarOS

[Proposta 2 do Convenio]

Sobre MiniNo Alguadaira (1.2.3)

Tras ser declarada obsoleta vai xa dous anos, pasámola ao repositorio de reserva.

Sobre MiniNo Ártabros (2.1)

Procedemos a declarala obsoleta, mais mantemos a dispoñibilidade de descarga das dúas versións.

Nova versión Queiles (3.0)

O día 3 de setembro publicaronse as versións finais das dúas versións:

  • Unha «estándar de 32bits» que mantén o núcleo modificado de 32 bits e que precisará seren gravada nun DVD ou USB
  • Outra «experimental co núcleo de 64bits» substituímos o núcleo de Debian polo de Licoris. Precisará seren gravada nun DVD ou USB

As dúas versións empregan a base Debian 8 (Jessie).

Tras xurdir unha serie de problemas na ferramenta que usabamos para compilar a ISO (procedente de remastersys) pola súa incompatibilidade co novo núcleo, vímonos obrigados a recorrer ás ferramentas de Refracta. Isto implicou modificalo para axustalo ás nosas necesidades e a reescribir o noso instalador e modificar os de refracta.

Ademais, nesta versión, disporemos de 4 instaladores (en realidade 5) que operan do seguinte xeito:

  • O modo desasistido é o recomendado para os máis inexpertos.
    • Este modo ten dúas variantes:
      • Automática: É a máis sinxela, ocupa todo o disco.
      • Manual: Permítenos elixir a partición na que queremos facer a instalación. Non permite configurar ningún parámetro.
  • O modo básico permítenos axustar algúns parámetros, lémbranos o instalador de Debian. Permite escoller o disco de destino e instalar a partición /home separada, mais non permite configurar usuarios.
  • O modo avanzado é moi sinxelo, permítenos configurar o usuario e o seu contrasinal. O arrinque pono sempre no MBR do primeiro disco (sda).
  • O modo experto está indicado só para usuarios con experiencia na configuración de múltiples particións.

Por mor da cantidade de problemas que nos estaba a dar, especialmente coa reprodución de vídeos de Youtube, eliminamos o navegador Midori. No seu lugar deixamos configurada a base, para que quen o desexe poida instalar doadamente Tor Browser simplemente executando na terminal «sudo apt install torbrowser-launcher» ou mediante Synaptic instalar «torbrowser-launcher» (acordarse de actualizar os repositorios antes). Non o instalamos definitivamente xa que no inicio hai que facer unha mínima configuración que depende de cada caso en concreto e, incluso, hai quen nunca o usa por non comprender a forma de funcionamento da rede Tor.

Para os que teñen especial interese na preconfiguración de Tor browser, indicarlles que seguimos as indicacións de: https://www.torproject.org/docs/debian.html.en#ubuntu coa modificación de que a última liña aplicada foi, simplemente: $ sudo apt install deb.torproject.org-keyring, xa que tor instalase como dependencia de «torbrowser-launcher»

Tamén fixemos unha substitución, cambiando UMPlayer, que quedou bastante obsoleto, por SMPlayer.

Tendo en conta que as máquinas obxectivo desta distribución adoitan ser bastante vellas é cotiá que teñamos temor á perda de datos por ser o disco tamén moi vello; para paliar este eventual problema temos xa instalado «Cronopete» (ver máis).

E non esquezamos Inxi, unha ferramenta que incorporamos a fin de que sirva de axuda para as consultas no foro ou para facer calquera instalación de controladores específicos de hardware, da que podedes ver formas de uso aquí e aquí.

Se alguén quixer instalar para libreoffice o tema de iconas (non oficial) Kalahari, pode descargar https://minino.galpon.org/public/LibreOffice/Kalahari_Icons-0.5.0-b2.tar.gz, no interior atoparedes un manual de como facelo en distintos contornos.

No caso da versión de 64 bits -experimental- modificamos a ferramenta mininera MiniNo traspasa para que permita transferir o S.O. a un dispositivo que poida ser arrincado en equipos modernos con UEFI (ver máis) podedes ver un vídeotitorial feito sobre PicarOS no que se explica como facer ese «traspaso», o método é exactamente igual.

Información da publicación

Difusión

Sobre PicarOS Diego 2017

Publicada o 1 de maio tras facerlle unha revisión da paquetería, con novos materiais educativos, e unha actualización a fondo.

Actualizacións de paquetes:

  • Firefox
  • Chrome
  • Xorg
  • Firmware
  • Openshot
  • Freetux
  • Kataluga
  • Katalekto
  • Gparted
  • Kiwix
  • FetTimetable
  • Scratch2
  • Opensankoré
  • Vue
  • Gdisk, mtools, live-boot, udev, etc...
  • Continuamos sen systemd

Novos programas engadidos:

  • Kernel 4.6.1 en 32bit (sen PAE) e 64bit (con PAE) (mantense o 3.10 por se a alguén lle vai mellor e o prefire)
  • Kdenlive (editor avanzado de vídeo)
  • Huayra Caripela (crear avatares facilmente)
  • Huayra Compartir (compartir arquivos na rede local)
  • Reloxo conta atrás con música
  • Foto puzzle (crea un quebracabezas a partires dunha imaxe)
  • Anagramarama (xogo de palabras)
  • Huayra Stopmotion
  • LenMus (curso de música)
  • OggBikoiztu (sixelo programa para crear dobraxes)
  • Bingoedu (programa para crear bingos e xogar no EDI)
  • Picapalabra (programa que simula o famoso xogo televisivo)
  • Controladores para as tabletas Wacom
  • Recompilador de imaxes
  • Impressive! (presentar PDF rapidamente)
  • Compresor de PDF
  • X2goclient/server para aproveitar equipos realmente vellos como terminais
  • Identinet, cambio fácil do teu nome na rede local
  • Programar tarefas (p. ex. apagar a certa hora o equipo)
  • Programa que elimina os ficheiros idénticos dun cartafol
  • Recuperador de ficheiros borrados en tarxetas, pendrives ou discos duros

Arranxos e axustes en varios programas:

  • Copiar ao portapapeis unha captura de pantalla
  • Convertedor de imaxes
  • Freetux, engadidos canles españois
  • Desfeita a incompatibilidade que había entre Openshot e Kdenlive
  • Descargador de Youtube
  • P2P Filetea
  • Axustado Opensankoré para que admita unha webcam de visor de documentos e configuración para non ter problemas coas importacións/exportacións.
  • Axuste en Aula de informática
  • Axuste en Java para que abra correctamente desde Firefox
  • Aumentado tamaño de Alea
  • Engadido Ublock como bloqueador de publicidade
  • Engadidos novos estilos de escritorio (MATE, Air, Tablet) coas súas correspondentes configuracións.

Información da publicación

Difusión

Resumo de descargas de todas as distribucións

Só presentamos as versións existentes na data indicada. As obsoletas retirase deste computo na data de declaración de obsolescencia e pasan a un repositorio de descarga non controlado.

Descargas
Data (periodo) PicarOS Diego Qeuiles 3.0 32bits Qeuiles 3.0 64bits Ártabros full Ártabros minimal Alguadaira i486 Todas
Anterior informe 25/oct/15 19 731 11 619 7 513 6 352 45 215
Ant. inf. ata 1/mai/17 5 388 137 (α,β) 5 037 2 887 2 313 15 762
1/mai/17 3/set/17 1 334 615 (RC) 139 936 475 3 499
3/set/17 25/out/17 623 562 265 313 202 1 965
Totais acumulados 27 076 1 314 404 17 905 11 077 8 665 66 441

Notas

  • O 1/mai/17 publicouse a versión 2017 de PicarOS Diego.
  • O 3/set/17 publicáronse as versións finais de MiniNo 3.0 Queiles.
  • O 26/out/17 redactouse este informe.

Temos que indicar que hai outros medios de descarga que nós non podemos cuantificar. Por exemplo, Distrowatch fornece a ligazón directa ao noso repositorio (co que non pasa polos contadores de Piwik nin de Google Analytics, ten tamén un torrent de minino xerado por eles. Así mesmo, tampouco podemos controlar as descargas por intercambio entre pares (torrent) de PicarOS.

Publicación USB

A fin de facer promoción das dúas distribucións, fixemos unha tiraxe de 200 USB de cada distribución en formato minitarxeta para entregárllelos aos asistentes á Librecon 2107.

Conclusións

Polo que respecta á actividade de Potenciación do proxecto de solidariedade social no eido das TIC «GALPon MiniNo», temos que indicar que o mellor aval é o moi importante número de descargas obtido, sendo unha constante desde o inicio desta actividade. Salientar aquí un comentario que nos fixera un dos responsábeis de Guadalinex (Junta de Andalucía), cando presentaramos en Málaga a nosa primeira versión, quen nos dixo: «... abandonamos o desenvolvemento da Guadalinex Mini ao comprobar que apenas chegabamos ás 2.000 descargas ...». Sendo este fito, o abandono de Guadalinex Mini, o que nos impulsou a esta serie de desenvolvementos, cremos que o nivel acadado é máis que satisfactorio.

Coa colaboración de:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.

Actividades pendentes...

15º aniversario de GALPon

16 de novembro de 2017

Resumo dos primeiros 15 anos da nosa historia

Documentos colaborativos

Documento consensuado do Profesorado galego de Ensinanza Primaria e Secundaria

  • Para impulsar as TIC e o Software Libre na educación en Galicia

Mais Información

Elaboración do documento consensuado dos Grupos de Usuarios de GNU/Linux galegos

  • Para impulsar o Software Libre en Galiza

Máis información

Actividades destacadas

Presenza de Richard Stallman en Vigo organizada por GALPon

Edicións da Linux-Party feitas por GALPon

Colaboracións de GALPon coa NX-Conecta

Actividades xa realizadas