2018

De GALPon WiKi
Revisión del 12:15 30 nov 2017 de Miguelbf (Discusión | contribuciones) (Página creada con «==Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo== <span style="background:#00FF00">[Proposta 1 do Convenio]</span> A dirección técnica e de produción, destas xorna...»)

(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

Cartografando OpenStreetMap nos Institutos de Vigo

[Proposta 1 do Convenio]

A dirección técnica e de produción, destas xornadas foi realizada pola Xunta Directiva de GALPon, facéndose cargo da secretaría, instalacións técnicas, CM, deseño dos diplomas e da posta en práctica, a empresa Control Suprimir S.L.U..

Descrición

Programa adicado a facer que o alumnado de ensino medio coñeza, nun principio, o proxecto OpenStreetMap e animalos a colaborar na súa edición. Para iso contamos coa colaboración do grupo Xeoinquedos (capítulo galego de Geoinquietos).

Este programa constou de dous ciclos, un primeiro realizado os días 22 e 23 de maio (luns e martes), nos que se fixeron unhas charlas/obradoiro en tres institutos de Vigo.

Luns 22
Pola mañá estivemos no IES Alexandre Bóveda, sito na rúa Cuntis s/n 36209 (Coia)
Pola tarde estivemos no IES do Castro de Vigo, sito na rúa José Gómez Posada Curros, nº 1 - 36203 (O Castro)
Martes 23
Pola mañá estivemos no IES A Guía, sito na Avda. Dona Fermina nº 1 36207 Vigo (Teis)

As charlas orientaranse cara á explicación de en que consiste o proxecto OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.

Tralo remate de cada charla/obradoiro, fíxoselle as rapazas e rapaces a encomenda de ir achegando datos cartográficos para mellorar as zonas de influencia dos seus respectivos Institutos e daqueles lugares aos que se despracen. Deixámoslles a todas e todos un chisco de traballo, xa que preparamos un pequeno concurso, con algún agasallo, para que durante as próximas tres semanas conseguiran ser os que máis achegas fixeran a OSM no seu centro.

A volta de 21 días, concretamente o luns e o martes 12 e 13, pasamos de novo polos centros de ensino, a fin de que nos consultasen calquera problema que tiveran durante o cartografado ou rexistro dos PoI, e facerlle entrega as persoas gañadoras do seu agasallo e dun diploma conmemorativo.

Temos que agradecer non só a boa acollida e facilidades que nos deron nos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ao seu alumnado, Senón tamén a implicación do mestrado facendo actividades na aula tendentes a reforzar a nosa acción de promoción.

Documentación