2015
Contenido
- 1 3º Ciclo de obradoiros sobre Hardware e Software Libre «Sábados Libres na Altamar»
- 1.1 Coa colaboración de:
- 1.2 Notas xerais
- 1.2.1 Horario:
- 1.2.2 Lugar
- 1.2.3 Documentación
- 1.2.4 Xaneiro, 31 ─ Programación de Arduino & Arduino Connect
- 1.2.5 Febreiro, 28 ─ Primeira Editatón da Galipedia
- 1.2.6 Abril, 11 ─ Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres
- 1.2.7 Abril, 25 ─ Administración dun sitio con Drupal
- 1.2.8 Maio, 30 ─ Hardware Libre no CPI Alcalde Xosé Pichel
- 1.2.9 Xuño, 27 ─ Tratamento dixital de imaxes (fotografía) en entornos libres
- 1.2.10 Outubro, 3 ─ Festa dos mapas (Mapping Party) de OSM
- 1.2.11 Outubro, 24 ─ Iniciación ao editor de textos LaTex
3º Ciclo de obradoiros sobre Hardware e Software Libre «Sábados Libres na Altamar»
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Notas xerais
A dirección técnica e de produción, destas xornadas foi realizada pola Xunta Directiva de GALPon, facéndose cargo da secretaría, instalacións técnicas, CM, deseños das cabeceiras das páxinas no G+ e da posta en práctica, a empresa Control Suprimir S.L.U. (antes CTI TEGNIX, S.L.).
Estas actividades forman parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (cunha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h ás 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (algún remate tense prolongado en función dos contidos)
Lugar
Mapa da localización desta actividade
Documentación
Toda a documentación elaborada polos distintos profesores/directores dos obradoiros, está aloxada nunha mesma páxina estática, accesíbel desde a portada do noso web.
Xaneiro, 31 ─ Programación de Arduino & Arduino Connect
Realizado
O obradoiro estará dirixido por Guillermo Cordeiro, socio de GALPon e técnico de sistemas.
Contidos:
- 1.- Presentación da plataforma de hardware libre Arduino.
- 2.- Iniciación ao entorno de programación «procesing».
- 3.- Realización dos distintos exemplos dispoñíbeis na páxina de Arduino.
- Escritura nunha saída dixital (acender un led)
- Lectura nunha entrada dixital (probas cun premedor)
- Lectura de valores analóxicos (sensor de temperatura lm133)
- Escritura PWM nunha saída dixital (facer soar un zumbador)
- 4.- Titorial das diferentes «shields» que existen para Arduino.
- 5.- Exemplos de proxectos que se apoian nesta plataforma.
- Proxecto RepRap
- PrintBot
- QuadCopters.
- Openpipi
- Micro satélites.
- Opendomo / CanBus
- Lottie Lemon
- 6.- Integración con outras plataformas
- Android
- Raspberry
A organización disporá de elementos Arduino para as prácticas por parte dos asistentes, mais, quen queira, poderá levar o seu propio material.
DIFUSIÓN
INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: | 24 + 4(ORG) |
Total inscritos: | 37 |
Dos que: | |
Pertencen á organización: | 4 |
Só para 1/2 xornada: | 2 |
En lista de espera: | 6 |
Admitidos (agás organización): | 24 |
Renunciaron á praza asignada: | 7 |
Rexeitados por exceso de capacidade: | 1 |
Asistentes (totais): | 28 |
Fallaron: | 1 |
Nota 1: Un asistente non se inscribira previamente, formalizándoa na mesma actividade.
Nota 2: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
Ver a documentación do obradoiro do sábado 25 de maio de 2013
Febreiro, 28 ─ Primeira Editatón da Galipedia
Realizado
É recomendábel que todos levedes xa creado o voso usuario na Galipedia.
- Accedede á páxina principal e, na parte superior dereita, premede en Crear unha conta
- Cubride os campos solicitados, e tras premer en Crear a conta recibiredes no voso correo unha ligazón para confirmar o rexistro.
- Importante: Non esquezades o voso nome de usuario e o contrasinal. :-)
Esta editatón é coordinada e dirixida polos administradores da Galipedia.
Mapa da localización desta actividade
Para que editar a Galpedia?
- Para que todo o coñecemento estea dispoñíbel libremente e en galego.
- Para mellorar algún dos 119.340 artigos da Galipedia.
- Para difundir o galego por todo o mundo.
- Para amañar erros lingüísticos.
- Para enriquecer os artigos engadindo imaxes e vídeos.
Propostas de traballo
Artigos que mellorar
- Software libre
- Open Street Map
- Arduino
- Inkscape
- GIMP
- Creative Commons
- Copyleft
- Chamilo
- MySQL
- Proxecto GNU
- GNU (sistema operativo)
Artigos que crear
- Software privativo
- Copiade, malditos!
- MOOC
- Cultura libre
- Datos abertos
- Licenzas Creative Commons
- Hardware libre
- Arquitectura aberta
- Bitcoin
- Educación aberta
- Impresora 3D
DIFUSIÓN
Info detallada da xornada, na Galipedia
No web de GALPon (chamada aos docentes)
No web de GALPon (publicación da actividade)
INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
Total inscritos: | 12 |
Dos que: | |
Pertencen á organización: | 2 |
Xa son editores da Galipedia: | 3 |
Son docentes: | 2 |
En lista de espera: | 0 |
Admitidos (agás organización): | 10 |
Renunciaron á praza asignada: | 0 |
Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
Asistentes (totais): | 12 |
Fallaron: | 0 |
Participaron en liña
(Inscritos na páxina da Galipedia): |
3 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
Abril, 11 ─ Seguridade nas comunicacións e nas transaccións en entornos libres
Realizado
Por mor das datas festivas de semana santa, co engadido de seren o mesmo 28 de marzo festa en Vigo, pola celebración do Día da Reconquista, desprazase esta xornada para esta nova data.
Este obradoiro dividirase en dous bloques:
- Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
- Dirixido por Julio J. Herrero Arias (aka julher).
- Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
- Dirixido por Chema Casanova (@txenoo), socio de Igalia asesor de tecnoloxías libres para a administración pública.
Contidos
- Cifrado e descifrado de correo electrónico con GnuPG
- Creación das chaves pública e privada
- Envío a depósitos de chaves
- Cifrado dun texto
- Descifrado dun texto
- Uso en entornos webmail
- Uso con xestores de correo
- Sinatura electrónica con @firma, ecofirma e DNIe en entornos libres
- Certificados Dixitais Persoais: FNMT e DNI electrónico.
- Fundamento da sinatura electrónica e dos certificados dixitais.
- Asinando documentos en GNU/Linux: @firma, ecofirma, etc...
- O reto de acceder á administración electrónica con Software Libre.
- DNI electrónico e software libre, como configuralo.
- Aviso: Se alguén quere probar o seu DNI electrónico é importante que teña un certificado en vigor, a pesares de que o DNI ten validez de 5 ou 10 anos. O certificado instalado no chip caduca pasados 30 meses dende a última renovación. Polo que se temos o DNIe activado, pero nos caducou o certificado, é preciso acudir a unha comisaría de policía a renovalo nas máquinas que teñen a disposición da cidadanía nas oficina de renovación do DNI. Non é preciso facer cola para este trámite.
Info adicional: Portal Oficial sobre el DNI electrónico. Proceso de Expedición.
DIFUSIÓN
No blog de «Seguridade na rede»
INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
Total inscritos: | 24 |
Dos que: | |
Pertencen á organización: | 2 |
En lista de espera: | 0 |
Admitidos (agás organización): | 22 |
Renunciaron á praza asignada: | 4 |
Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
Asistentes (totais): | 17 |
Fallaron: | 3 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
- Presentación PDF sobre «GnuPG - GNU Privacy Guard» de Julio Herrero
- Presentación «Sinatura electrónica en entornos libres» de Chema Casanova no espazo persoal do autor
- Cartel en galego da GnuPG Email Self-Defense (autoprotección do correo).
- Podedes descargalo, incluídas as fontes.
- Imprimídeo e difundídeo
Abril, 25 ─ Administración dun sitio con Drupal
Realizado
A cargo de Alberto Permuy responsábel técnico da empresa Codery dedicada ao desenvolvemento web sobre Drupal e Software Libre.
XORNADA DE MAÑÁ (de 10 a 14)
- Visión xeral dun proxecto web Drupal
- Ecosistema Drupal
- Kit de ferramentas
- Boas prácticas de administración e desenvolvemento.
- Caso práctico
- Presentación do proxecto e obxectivos
- Entidades e tipos de contidos
- Administración e fluxo de traballo
XORNADA DE TARDE (de 16 a 18:30)
- Xestión eficiente Drupal
- Ferramentas básicas
- Drupal dende liña de ordes
- Instalación e actualización de módulos e «core»
- Xestión de usuarios e contidos
- Optimización Drupal
DIFUSIÓN
INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
Total inscritos: | 21 |
Dos que: | |
Pertencen á organización: | 1 |
En lista de espera: | 0 |
Admitidos (agás organización): | 20 |
Renunciaron á praza asignada: | 3 |
Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
Asistentes (totais): | 16 |
Fallaron: | 2 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
Apuntes recollidos colaborativamente
Maio, 30 ─ Hardware Libre no CPI Alcalde Xosé Pichel
Realizado
A cargo do grupo PatacaLabs (@patacalabs) do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco, A Coruña). Alumnos con idades entre 14 e 17 anos, baixo a dirección do profesor Tucho Mendez (@procastino).
Presentarán polo miúdo o traballo realizado nas aulas, describindo todo o proceso de desenvolvemento. Coa mesma presentarán as notas de traballo que liberan baixo cláusulas CC By-SA.
Durante esta presentación realizaranse tres actividades prácticas coordinadas polos propios alumnos:
- Manexo de motores de continua usando o controlador (driver) l293D
- Montaxe de sensores para segueliñas e lectura con Arduino
- Realización dun deseño sinxelo con OpenSCAD
Para a realización destas prácticas disporemos de hardware para prestar aos asistentes.
Recomendamos que traiades instalado no voso portátil o seguinte software:
- IDE do Arduino (Ligazón da descarga)
- OpenSCAD (Ligazón da descarga)
Falarannos tamén, e isto parécenos moi importante, da experiencia de aprendizaxe desde a súa perspectiva de alumnos. Asemade o profesor Tucho Mendez falaranos da súa experiencia docente como mestre/coordinador deste grupo de (alumnos) traballo.
Este obradoiro deriva do Proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon
No remate desta actividade, GALPon presentará a próxima convocatoria desta experiencia de colaboración.
DIFUSIÓN
INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
Total inscritos: | 20 |
Dos que: | |
Pertencen á organización: | 2 |
En lista de espera: | 0 |
Admitidos (agás organización): | 18 |
Renunciaron á praza asignada: | 1 |
Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
Asistentes (totais): | 16 |
Fallaron: | 3 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
Xuño, 27 ─ Tratamento dixital de imaxes (fotografía) en entornos libres
Realizado
A cargo de Andres Bott fotógrafo profesional, usuario de Software Libre e socio de GALPon.
Contidos: Faremos todo o proceso de elaboración dun cartel a partires dunha foto ata o cartel final en Inkscape.
- Nocións básicas de Gimp
- Organización da xanela (xanela única)
- Abrir ou crear
- Espacio de traballo
- Medidas → píxel vs ppp, PS error
- Gardar e exportar
- Ufraw (unha vista leve)
- Balance de brancos, exposición, temperatura, ton, selector de punto neutro
- Exif
- Gimp
- Capas
- Transparencia
- Selección
- Máscara
- Máscara a selección e selección a mascara
- Combinar capas
- Endereitado, recorte e escalado (da foto)
- Colorear: (menú colorear, para ver ton, saturación e luminosidade)
- Niveis
- Curvas
- Filtros, p. ex. desenfoque (blur), pixelar
- Inkscape
- Nocións básicas
- Abrir ou crear, importar, espacio de traballo (72ppp como predeterminado)
- Gardar e exportar
- Capas (Ctrl + Maiús + L)
- Obxectos vs trazo
- Trazo e recheo (cor + grosor)
- Crear, editar, combinar trazos
- Engadir puntos, eliminar puntos, crear unha curva,
- Aliñamento
- Engadir texto
- Truco de capa de exportado
- Nocións básicas
DIFUSIÓN
INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
Total inscritos: | 26 |
Dos que: | |
Pertencen á organización: | 2 |
En lista de espera: | 0 |
Admitidos (agás organización): | 24 |
Renunciaron á praza asignada: | 3 |
Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
Asistentes (totais): | 19 |
Fallaron: | 4 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
Outubro, 3 ─ Festa dos mapas (Mapping Party) de OSM
Realizado
Por mor da baixa asistencia, reenfocouse o obradoiro a:
OpenStreetMaps - Edición de mapas e emprego das ferramentas do Humanitarian OpenStreetMaps Team (HOT)
Dirixido por:
- Rafael Avila Coya @ravilacoya
Actividades:
- Traballo con editores: JOSM, iD, Potlatch, Vespucci, Mapzen, etc.
- Traballando com nodos relacionados.
- Aportación de obxectos para engadirde empregando Twitter (@osmthis).
- Como colaborar co «Humanitarian OpenStreetMap Team» (HOT).
DIFUSIÓN
INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
Total inscritos: | 13 |
Dos que: | |
Pertencen á organización: | 1 |
En lista de espera: | 0 |
Admitidos (agás organización): | 13 |
Renunciaron á praza asignada: | 1 |
Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
Asistentes (totais): | 6 |
Fallaron: | 6 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)
DOCUMENTACIÓN
Outubro, 24 ─ Iniciación ao editor de textos LaTex
Cancelado
Dirixido por: Miguel Cacho, Prof. de Enxeñaría de Sistemas e Automática na Escola de Enxeñaría Industrial (UniversidadeVigo)
Contidos:
- Paquetes necesarios
- Engadir ficheiros
- Símbolos matemáticos
- Cabeceira dun documento
- Paquetes
- Comezo do documento
- Seccións
- Formatado do texto
- Táboas en Latex
- Ligazóns
- Incluir imaxes no documento
- Compilar o documento e xerar o PDF
DIFUSIÓN
INSCRICIÓNS
Prazas dispoñíbeis: | 20 + 4(ORG) |
Total inscritos: | 6 |
Dos que: | |
Pertencen á organización: | 1 |
En lista de espera: | 0 |
Admitidos (agás organización): | 0 |
Renunciaron á praza asignada: | 0 |
Rexeitados por exceso de capacidade: | 0 |
Asistentes (totais): | 0 |
Fallaron: | 0 |
Nota: Non se considera como inscrito(s) ao(s) coordinador(es)