2014

De GALPon WiKi
Revisión del 11:32 1 nov 2014 de Miguelbf (Discusión | contribuciones) (Difusión)

(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

Contenido

Obradoiro de introdución ao Software Libre e GNU/Linux na Uvigo

Cancelado por Extensión Universitaria

Como tódolos anos, novamente GALPon impartirá un Obradoiro de Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo.

Este obradoiro iniciarase o 18 de febreiro e rematará o 10 de abril, o horario será de 14:00 a 16:00 tódolos martes e xoves (agás os festivos). Terá lugar no Laboratorio AS06 do edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións


Día da Liberdade dos Documentos

Programa

mércores 26 de marzo ás 10:45 horas Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo

Conferencia

A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación

D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez, técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada

Guión da conferencia (unha aproximación)
  • ¿Qué son el Copyleft y las licencias libres?
  • Cultura libre y Ciencia abierta
  • ¿Por qué debería usar licencias libres?
  • Receta rápida para liberar trabajos
    • Nota: a conferencia foi ditada en castelán
Datos biográficos do conferenciante:
Namorado da rede e do mundo de Internet dende 1998, veterano da blogosfera dende 2003. Traballou durante anos como programador e webmaster tanto de modo «freelance» como en varias empresas.
Convencido do Software e da Cultura Libre, actualmente é Técnico na Oficina de Software Libre da Universidade de Granada onde, entre outras tarefas, asesora sobre o uso de licenzas de software e obras libres.
Imparte conferencias, obradoiros e cursos para diversas institucións, como a Universidade de Granada, a fundación CENATIC ou as Cámaras de Comercio de Granada e Almería, sobre temas como liberación de software, aspectos legais do Software Libre, as redes sociais e o e-comercio, licenzas Creative Commons e diversas tecnoloxías web e de programación como GIT, HTML, Python ou XML.
Blog: http://www.psicobyte.com
Twitter: @psicobyte_
  • Esta conferencia ía dirixida especialmente aos alumnos de Tese, TFG, PFC, doutorandos, investigadores ... e a todo o público interesado na Cultura e nos estándares Libres.

Debate

A seguir celebrouse un debate aberto sobre a tese da conferencia, no que participaron:

  • D. Miguel Cacho, Prof. de Enxeñaría de Sistemas e Automática na Escola de Enxeñaría Industrial (UniversidadeVigo)
  • Da. Mar Castro Pereiro, Técnica asesora da Oficina de Software Libre da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia – Xunta de Galicia.
  • Da. Hilda Iglesias Galán, Técnica superior I+D, da OTRI da UniversidadeVigo

Actividades paralelas

  • Desde as 11:00h ata as 14:00h realizouse un obradoiro de instalación de LibreOffice no «hall» da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo) a cargo da OSL-CIXUG e dos voluntarios do GRUVI

Medios de difusión

«Evento» no G+

no web de mancomun

Código Cero

Páxina oficial do evento internacional

web da OSL do CIXUG

Asistencia

A asistencia total foi dunhas 25 persoas (despistámonos e non fixemos un reconto como é debido)

No obradoiro de instalación de LibreOffice no «hall» da EET atendeuse a instalación de 5 suites, todas elas en entornos Windows.

Elementos gráficos

Fotos no G+

Presencia na web oficial do Document Freedom Day

Gravación en vídeo da xornada feita por UVigo Tv

Documentación

Esta actividade celebrouse coa colaboración de:

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UniversidadeVigo)

Logo-ETS-Telecom.png


Oficina de Software Libre da Universidade de Granada

Logo-osl.png


Oficina de Software Libre das Universidades Galegas

Logo-cixug-sl.png


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png


Proxectos MiniNo e PicarOS

Estas actividades forman parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Encontro de desenvolvedores de GALPon MiniNo e PicarOS ─ IV minino-devconf

Encontro anual dos que traballamos no desenvolvemento das 3 distribucións, para definir as liñas estratéxicas das distribucións, poñer en común os problemas que imos atopando e manter unha xornada de compañeirismo.

Cita

  • Día: sábado 26 de xullo (2014)
  • Hora: 11:00 am
  • Lugar: Sala 2, Planta 6, Edif. Eldorado (Uruguai nº 8, Vigo)
    • Asistiron 6 desenvolvedores (dos que un viu desde Murchante, Navarra, outro desde Tudela, Navarra e outro desde Sevilla), o noso deseñador, 2 betatesters (unha desde Murchante, Navarra, que ademais é a nosa tradutora ao inglés), así como 1 usuario avanzado en GNU/Linux que ademais de colaborador habitual é patrocinador.

Temas tratados

Comezamos facendo unha breve exposición do estado da arte actual. Nun primeiro lugar falamos da moi boa acollida que segue a ter a MiniNo Alguadaira, seguimos cunha exposición e debate sobre os últimos problemas xurdidos na MiniNo Ártabros e a planificación do traballo pendente para rematar a PicarOS.

Sobre MiniNo Alguadaira (1.2.3)

  • Descargas no día do encontro, revisado ás 09:20 am: 7.277
    • Versión 1.2.2
      • i486 : 3.894
      • i686 : 2.784
    • Versión 1.2.3 (publicada o 1 de xuño de 2014)
      • única i486 : 599

Tal e como decidiramos na III minino-devconf, por mor de revisar a seguranza, publicamos a revisión 1.2.3, desta volta xa só co núcleo i486, considerabamos que esta era unha versión «a extinguir», máis observando que aínda segue a seren descargada (destacar que da revisión 1.2.3, publicada o 1 de xuño deste ano, xa leva 600 descargas), seguiremos a mantela para equipos de moi baixas prestacións (o que supón computadores de máis de 12 anos).

Sobre MiniNo Ártabros (2.1)

  • Descargas no día do encontro, revisado ás 09:20 am: 14.224
Nota: Estes datos corresponden só á versión 2.0.

Após case 2 anos, decidimos facerlle unha revisión a fondo e proceder a substituír algúns aplicativos. Neste encontro fixemos as probas previas da versión RC, acordando proceder a publicala para que a xente poida probala e facer os informes de fallos que considere. Dependendo disto, procederemos a corrixir o necesario e segundo sexan estes informes, decidir facer unha segunda RC de aquí a 10-15 días, ou proceder directamente a publicar a versión definitiva. Esta publicación final estimamos que non debera ir máis aló da semana final de agosto ou primeira de setembro.

A versión RC coa que traballamos neste encontro ten un tamaño de máis de 850 MB, o que nos presenta un serio problema, xa que queremos manter a mesma estrutura de discos CD cos 2 núcleos (486 e 686) e a posibilidade de facer unha instalación completa sen depender dunha conexión á Internet. Mais por un lado atopámonos con equipos que só poden empregar discos CD (nin DVD nin USB) e por outro, incorporáronse á lista de equipos de mais de 10 anos de antigüidade, computadores que son quen de mover ferramentas máis funcionais como LibreOffice. Isto lévanos a unha colisión de intereses, xa que facer a distro «modernizada» lévanos a necesitar preto dos 900 MB para poder empaquetalo todo, o que obriga a empregar un DVD ou un USB.

Tras analizar distintas solucións, decidimos facer dúas edicións:

  • Unha «minimal» que poida seren gravada nun CD
  • Unha «full» que precisará seren gravada nun DVD ou USB

De todos os xeitos, a edición «minimal» incorporará un script que permita, tras a instalación e estando conectado á Internet, facer unha replica da instalación «full».

Así mesmo, decidimos que a versión «minimal» manteña a mesma paquetería que a v2.0, pensada para os equipos máis modestos e a «full» inclúa LibreOffice e a mensaxería de Pidgin en substitución de Abiword, Gnumeric e Ayttm, na «minimal» manterase como predeterminado o tema gráfico de xanelas Orta-Minino e no da «full» engadiremos os temas de Mate e predeterminaremos o tema Reverse, xa que o Orta-Minino colide co tema gráfico de LibreOffice.

Salientar que, tras os últimos axustes, conseguimos reducir o consumo de RAM (nunha instalación e só co escritorio) a 65 MB, a versión anterior precisaba de 74 MB, o que supón unha redución de algo máis do 12%.

As dúas versións empregarán a base Debian 7[.6] (Whezzy)

Sobre PicarOS Diego 2014

  • Descargas no día do encontro, revisado ás 09:20 am: 4.613
    • PicarOS 2012
      • Directas: 970
      • Torrent: 326
    • PicarOS Diego 2013 (Versión inicial e primeira revisión ou B, publicada o 10/11/2013)
      • Directas: 2.186
      • Torrent: 827
    • PicarOS Diego 2013 (revisión C, publicada o 1/06/2014)
      • Directas: 304
      • Neste punto temos que agradecer a disposición de 18 usuarios a manter permanentemente activada (normalmente mediante os seus servidores multimedia) a semente «torrent»
      • As descargas por Torrent, foron desactivadas durante este encontro, posibelmente se repoñan unha vez rematada a nova versión.
Propostas de traballo

Estudio de propostas, que resultaron aceptadas por todos, para facer unha revisión moi profunda a publicar a fins de setembro ou primeiros de outubro.

Melloras na seguridade e na intimidade
  • Engadir bloqueo de publicidade e vídeos suxeridos do Youtube no addblocks para que os cativos non accedan a vídeos inapropiados ou simplemente para non distraer a atención
  • Bloquear de forma predeterminada o panel. Xa tivemos varios casos de cativos que o teñen borrado, sen pretendelo, ao fedellar no sistema.
    • Nota 1: O sistema de bloqueo aplicado permitirá calquera cambio na sesión, máis no seguinte (re)inicio volverá cargarse a configuración gardada
    • Nota 2: Este bloqueo será desactivábel/activábel como administrador (sudo)
  • Configurar «todos» os navegadores para que non garden o historial de navegación, contrasinais nin cookies a fin de preservar a intimidade dos rapaces, especialmente nas aulas con equipos compartidos.
  • Revisar a presentación do pequerrechos. Está moi agochado e pasa desapercibido para todo o mundo, hai que estudar como activalo dun xeito máis transparente, mais sen perder a súa funcionalidade.
Melloras na navegación
Melloras estéticas
  • Cambiar o tema predefinido de xanelas para os escritorios serios a fin de corrixir un erro na presentación do LibreOffice
  • Nova preconfiguración das iconas do LibreOffice (novo tema plano a cores Kalahari Simple)
  • Incorporar tipos de letra para disléxicos.
  • Engadir novo fondo de pantalla circles para o escritorio (serio) de profesor.
Mellorar e engadir máis programas educativos ou de ocio formativo
  • Engadir algúns xogos como o Armagetron ou o Secret Mario
  • Engadir o xogo PySioGame
  • Engadir o motor de xadrez Mango Paola
  • Actualizar o genxword a unha versión modificada que admite diferentes idiomas en función da variábel $LANG.
    • Este paquete foi i18n por petición nosa ao desenvolvedor e colaboramos no seu proceso.
  • Engadir o Word Search Creator (Creador de sopas de letras) ao que xa se lle aplicou o proceso i18n.
    • Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
  • Engadir o aplicativo Escaleta desenvolvido para o PicarOS por «JSBSan». Este é un aplicativo para rexiduría (xestión dos efectos sonoros) das obras teatrais das escolas.
  • Engadir o aplicativo Vigilia desenvolvido para o PicarOS por «JSBSan». Este aplicativo é un semáforo de son ambiente, configurábel para diversos entornos (aulas/salas) e distintos usos (coloquios/exames/clases).
  • Corrixir o ficheiro de execución do Scratch para que non quebre ao gardar son (o orixinal carga co antigo OSS).
  • Engadir a tradución do Scratch 2.0 ao galego.
  • Ver de engadir pipelight (se entra na capacidade do DVD) para poder executar Tagxedo
Melloras nas ferramentas de aula
  • Engadir un script para o calibrado de encerados dixitais e tabletas cando existe máis dun dispositivo apuntador (a versión anterior ─xinput_calibrator─ só permite calibrar o primeiro dispositivo detectado).
  • Engadir Easystroke para os encerados dixitais
  • Preparar o epoptes para que sexa doado facer unha configuración en función de se o equipo é un servidor (profesor) ou un cliente (alumno)
  • Preparar unha configuración máis sinxela para unha LAN (cambiar o hostname e demais)
  • Preparar unha configuración para sincronización nunha aula, o script actual e sinxelo de máis.
  • Engadir servidor NX e cliente NX/x2go, para traballar con clientes lixeiros
  • Preinstalación do tipo de letra Ryman Eco que aforra o 30% da tinta nas impresións a papel.
  • Solicitada a actualización (ao desenvolvedor) do LliureX Mini-Screen, un aplicativo que: «permite interactuar coa pantalla principal do computador desde unha pequena área limitada; de modo que pode controlarse completamente un encerado dixital interactivo (PDI) sen necesidade de alcanzar fisicamente toda a súa extensión. Eliminaríase así a barreira da altura, e posibilitase o acceso ao PDI para todos».
Melloras no plano operacional
  • Integración de Picar SOS Un pequeno aplicativo para amosar os videotutoriais dos aplicativos incluídos en PicarOS.
  • Cambiar o gravador de CD/DVD a Cdrskin/Brasero
  • Preparar extensións de VLC
  • Engadir algunhas ferramentas de administración como fsarchiver, partimage, partclone
  • Engadir compatibilidade para prism2 wlan coa instalación do seu firmware
  • Modificar a mensaxe Cargando… sen usar fade ou semellante. En equipos con pouca potencia gráfica fai que todo tarde o dobre en cargar
  • Retirar Abiword e Gnumeric. Temos comprobado que os cativos desenvólvense perfectamente ben co LibreOffice
  • Corrixir un bug das vistas previas (miniaturas). atril-thumbnailer agora non acepta os formatos ODP e ODT, polo que ao atopar un ficheiro coa extensión .odp ou .odt deixa de funcionar en todas as extensións.
  • Instalar o corrector gramatical LanguageTool e a súa dependencia openjdk-7-jre, aínda que no LibreOffice, a fin de aminorar a carga, deixaremos desactivado o motor Java, que terá que seren activado polo usuario (aínda que empregamos a máquina libre OpenJava, a opción a activar é a Oracle 1.7.0_45)
  • Facer un script para poder aplicar as opcións da biblioteca ooopy agora que foi modificada a orde ooo_cat (para concatenar varios ficheiros de AOO/LibO nun só) para aceptar páxinas con distinto formato e orientación, así como as imaxes e táboas incluídas nelas.
    • Esta modificación foi feita a petición nosa e fixemos o traballo de testers.
  • Engadir ODPMerge
  • Actualizar as traducións dos: ffDiaporama (gl), Mixxx (gl), Imagination (gl, es, ca) e Songwrite2 (gl, es).
  • Corrixir as ausencias do binario de tradución qt_ca|es|gl.qm.

Actualización da actual MiniNo Alguadaira v1.2.2 cara unha nova versión 1.2.3

Publicada o 1 de xuño de 2014

Nova no web de MiniNo
Nova no web de GALPon
  • Revisión/Actualización da base Debian con revisión de posíbeis problemas de seguranza.
  • Cambiar repos a «archive.debian».
  • Engadida a configuración de Xorg feita para o Sony Vaio PGC-C1 XD con gráfica NeoMagic de 1280x480 px.

Actualización da actual MiniNo Ártabros 2.0 cara unha nova versión 2.1

Desta vez estará formada por dúas edicións:

  • Unha «minimal» que pode ser gravada nun CD
  • Unha «full» que precisa ser gravada nun DVD ou USB

De todos os xeitos, a edición «minimal» incorpora un script que permite, tras a instalación e estando conectado á Internet, facer unha replica da instalación «full».

A versión «minimal» mantén a mesma paquetería que a v2.0 e a «full» inclúe LibreOffice e a mensaxería de Pidgin en substitución de Abiword, Gnumeric e Ayttm, engade tamén os temas de Mate.

En ámbolos dous casos a base é a Debian 7[.6] (Whezzy)

Información da publicación da «Release Candidate»

Información da publicación da «Final»

Difusión

Changelog

Eliminado o antigo repositorio «minino.galpon.org»
Engadidos os repositorios de «backports»
Instalados os temas de «Mate»
Cambiado o tema ao «Reverse» (só na variante «full»)
Cambiado o fondo de escritorio
Corrixida a compresión/descompresión de ficheiros con «engrampa»
Instalado o «LibreOffice» (neste momento a v 4.2.5.2)  (só na variante «full»)
Instalados os temas «flat» para LibreOffice  (só na variante «full»)
Instalada a MI «Pidgin»  (só na variante «full»)
Actualizada a biblioteca «gnuTLS»
Actualizada a biblioteca «libssl»
Actualizado o sistema de «APT»
Actualizado o «Iceweasel» á última versión (neste momento a v 30.0)
Retirado o «Abiword»  (só na variante «full»)
Retirado o «Gnumeric»  (só na variante «full»)
Retirada  a MI «Ayttm»  (só na variante «full»)
Modificada a pantalla de saída/apagado
Modificada a configuración de «Tor»
Anovado todo o sistema á v 7.6 (12 de xullo de 2014)

Actualización da actual PicarOS Diego 2013 cara unha nova versión 2014

Novidades

A maior parte deste documento segue a estar ao día agás as cousas que imos comentar a seguir:

  • Temos preparado uns scripts (Menú -> Utilidades de Minino -> Aula de informática) moi sinxelos de empregar para que a tarefa de instalar PicarOS nunha aula de informática estea ao alcance de todos. Configuran a rede (nome do equipo, da un IP estático, conexión a internet), Epoptes (para o control da aula), un cartafol compartido (por samba) e a configuración dun programa que sincroniza toda a aula cun par de clics, todo isto sen necesidade de que a persoa que instala saiba nada de administración do sistema.
  • Novo entorno de escritorio (Menú -> Utilidades de Minino -> Estilo de escritorio) deseñado especialmente para os encerados dixitais interactivos.
  • PintaScreen, un programa que nos axudará no uso do EDI.
  • Vigilia, un programa que mide o volume de son da nosa aula a través dun simpático semáforo.
  • WiimoteWhiteBoard, un script que axuda a configurar o mando da Wii para crear rapidamente un encerado dixital de baixo custo.
  • Engadido un teclado virtual para usalo desde o EDI.
  • Un mini-iniciador moi práctico para buscar rapidamente ficheiros no sistema, vídeos no youtube, palabras no dicionario ou traducións a distintos idiomas.
  • Engadido tamén o easystroke, co que se pode iniciar outros programas simplemente facendo xestos sobre o EDI.
  • Engadido MiniScreen da man dos nosos compañeiros de Lliurex, que temos axustado para que funcione en PicarOS.
  • Na sección de gráficos engadimos un convertedor de imaxes para converter por lotes ficheiros png, jpeg, gif, svg ou pdf. Tamén cambiamos o gpaint que era excesivamente básico, por Pinta, máis completo e útil sen chegar á complexidade do Gimp.
  • Un programa para que os pícaros poidan facer transparente o fondo de ficheiros gráficos e poder usalos noutros programas como Scratch.
  • No eido da programación para cativos, actualizamos o Scratch á versión 2.0 e engadimos varios programas como a saga de xogos Lightbot e un iniciador que apunta cara CodeStudio, onde os máis cativos poden introducirse no mundo da programación sen necesidade de saber ler.
  • Respecto dos xogos, engadimos algúns novos, como Mango Paola, para aprender a xogar ao xadrez, ou algúns de pericia, como Mobius (unha balea que se defende dos pescadores), Pillows ou Pysiogame (para os mais miúdos). Temos engadido tamén todas as fases extra que había na web de NumpthyPhisics, creamos tamén un curso completo desde cero de mecanografía para pícaros personalizando Tuxtype.
  • Na categoría Internet, incluimos un par de iniciadores que apuntan a Filetea.me para compartir rapidamente calquera cousa con calquera persoa no momento e a Appear.in co que poderemos facer una videoconferencia sen complicacións.
  • No apartado de son, a petición de mestras de inglés, temos engadido o reprodutor Clementine, moi práctico para conseguir as letras das cancións. Engadimos tamén novos programas como Protrekkr (para crear música electrónica) e Scoredate (para adestrar o oído e a lectura de partituras).
  • Na categoría de vídeos engadimos un script que descarga calquera vídeo, lista de reprodución ou canle enteiro de Youtube e outro para conseguir os subtítulos dos vídeos de Youtube.
  • Actualizado LibreOffice á versión 4.3.1 e tras comprobar que incluso los os nenos dos cursos iniciais non teñen ningún problema en utilizalo, temos eliminado o Abiword.
  • Tamén na sección de oficina, engadimos un script que une documentos independentes, sexan ODP, ODT ou PDF.
  • Outros programas novos entran na escena como «Escaleta», un programa que axuda a controlar os efectos de son dunha obra de teatro. Palabrotas, un sinxelo programa para crear unha presentación de palabras nas que resaltar as letras que queiramos (para traballar a ortografía).
  • Katamotz, con exercicios para traballar a lectoescritura e a dislexia.
  • Engadimos un novo programa de simulación física máis sinxelo de usar chamado Physion.
  • Instalados novos tipos de letra, entre os que destacamos OpenDislexic, pensada para facilitar a lectura a persoas con dislexia.
  • Un programa para «conxelar» o escritorio e evitar modificacións por parte do usuario.
  • Actualizados Firefox e Chrome ás súas últimas versións a data de 1 de outubro. Pola súa utilidade na aula, mantemos os complementos Adblock, Screegrab e Downloadhelper. Pero ademais engadimos Pipelight para poder utilizar a famosa aplicación Tagxedo, programada por desgracia en Silverlight.
  • Instalado tamén Calendar Indicator, un frontend de Google Calendar.
  • Corriximos moitos bugs, actualizamos moitos paquetes, e fixemos moitas traducións novas.

Información da publicación

Difusión

ás 24 horas de seren publicada, figuraba como nova máis votada en «menéame»

MeneameMasVotada24h.png

Resumo de descargas das tres distribucións

No momento de redactar este documento (domingo 26 de outubro de 2014)

Captura da pantalla de descargas en modo de administración, as cifras entre parénteses corresponden coas descargas.

Descargas.png

2º Ciclo de obradoiros sobre Hardware e Software Libre «Sábados Libres na Altamar»

Coa colaboración de:

Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Notas xerais

A dirección técnica e de produción, destas xornadas foi realizada pola Xunta Directiva de GALPon, facéndose cargo da secretaría, instalacións técnicas, CM, deseños das cabeceiras das páxinas no G+ e da posta en práctica, a empresa CTI TEGNIX, S.L.


Horario:

Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (cunha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)

Parada para xantar das 14h ás 16h

Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (algún remate tense prolongado en función dos contidos)


Documentación

Toda a documentación elaborada polos distintos profesores/directores dos obradoiros, está aloxada nunha mesma páxina estática, accesíbel desde a portada do noso web.

1ª xornada ─ sábado 25 de xaneiro ─ Sistema de Control de Versións GIT (I)

Medios de difusión

No web de GALPon

Páxina do «evento» no G+

No web de mancomun

No FB de Cultural Vigo

Nova «engadida» (RSS)en GABIT

Nova «engadida» (RSS) en SIMCe

Nova en Código Cero Nota importante: Ver se coa nova LPI podemos incluír a ligazón.

Comentarios en blogs

Obradoiro Git en Vigo - Sabádos Libres en Altamar

Inscricións e asistencia

Por mor do aforo e da complexidade do obradoiro, desta vez decidimos limitar as inscricións a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando un formulario en GDrive (google docs).

Inscricións formais: 30

Indicacións de Asistirán no G+: 23 (deducido GALPon como promotor do evento)

A dous dos inscritos no G+ao non facer a inscrición formal non puidemos confirmarlle a praza (por non dispor do seu correo) co que finalmente, tras 4 renuncias, aceptamos 26 inscricións, das que dúas son dos membros responsábeis da organización e outro o propio director do curso.

Asemade, no G+ tiñamos 2 indicacións de Quizais (vou asistir).

Finalmente a asistencia foi de 24 persoas (fallaron 2 persoas).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Obradoiro dirixido por Jesús Amieiro Becerra, enxeñeiro de telecomunicación, editor do portal Barrapunto, adicado ao software libre, á tecnoloxía e aos dereitos dixitais. Actualmente traballa como CTO na empresa Quadralia, adicada a desenvolvemento de software e de solucións de comercio electrónico.

Contidos

  • Que son os sistemas de control de versións (VCS)?
  • Arquitecturas dos VCS.
  • Git. Orixe e características.
  • Instalación nos S.O. máis frecuentes.
  • Configuración inicial.
  • Uso da axuda.
  • Inicialización e clonado dun repositorio.
  • Xestionando os cambios nun proxecto con Git.
  • Desfacendo os cambios.
  • Ignorando arquivos.
  • Navegando polos commits.
  • Ramas: creación, cambio, fusión, borrado.
  • Gardado provisional.
  • Exercicio práctico.

Materiais de apoio

O director do obradoiro, dispuxo, para libre descarga, no seu seu web (persoal) a presentación e unha folla de ordes correspondente ao traballo nesta xornada.

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

  • Modelo da enquisa: Modelo Enquisa satisfacción SLA-1.pdf
  • Tabulación das respostas: SLA-2-1 respostas.png


2ª xornada ─ sábado 22 de xaneiro ─ Estatística con R (I)

Medios de difusión

No web de GALPon

Páxina do «evento» no G+

No web de mancomun

No web da OSL-CIXUG

No web de Analisys y decisión

Blog de Toni Soto

Inscricións e asistencia

Por mor do aforo e da complexidade do obradoiro, desta vez decidimos limitar as inscricións a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando un formulario en GDrive (google docs). Se ben, dada a alta especificidade deste obradoiro e os números de inscricións noutros cursos sobre o mesmo tema organizados por departamentos altamente especializados dalgunha Universidade, considerabamos que unha inscrición de 10 persoas sería un gran éxito.

Inscricións formais: 24

Indicacións de Asistirán no G+: 15 (deducido GALPon como promotor do evento)

A un dos inscritos no G+ ao non facer a inscrición formal non puidemos confirmarlle a praza (por non dispor do seu correo) co que finalmente, tras 2 renuncias, aceptamos 22 inscricións, das que dúas son dos membros responsábeis da organización e outro o propio director do curso.

Asemade, no G+ tiñamos 6 indicacións de Quizais (vou asistir).

Finalmente a asistencia foi de 19 persoas (fallaron 3 persoas).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Obradoiro dirixido por Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UniversidadeVigo.

Deixounos a documentación na súa páxina en GitHub

Contidos

  • Introdución
    • Historia
    • Instalación de R, os IDE (RStudio)
    • Instalación de paquetes
    • Axuda e documentación
    • (intro e traballo dende sweave ou Markdown?)
  • Entorno de traballo
  • Estrutura de datos (introdución e práctica)
    • Tipos básicos de datos
    • Vectores
    • Matrices
    • Listas
    • Conxunto de datos (data frames)
  • Lectura e escritura de datos (introdución e práctica)
  • Gráficos (só o esencial)
  • Estatística
    • Datos cualitativos e cuantitativos (introdución, básico con gráficos)
    • Distribución de probabilidades (introdución)
    • Comprobación de hipóteses (exemplo)
    • Análise de varianza (exemplo e práctica)
    • Regresión lineal (exemplo e práctica)

Materiais de apoio

Ver a documentación na páxina en GitHub

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

3ª xornada ─ sábado 29 de marzo ─ Sistema de Control de Versións GIT (II)

Medios de difusión

No web de GALPon

Páxina do «evento» no G+

No web de mancomun

No web da OSL do CIXUG

Inscricións e asistencia

Por mor do aforo e da complexidade do obradoiro, desta vez decidimos limitar as inscricións a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando un formulario en GDrive (google docs).

Inscricións formais: 23

Indicacións de Asistirán no G+: 18 (deducido GALPon como promotor do evento)

A un dos inscritos no G+ao non facer a inscrición formal non puidemos confirmarlle a praza (por non dispor do seu correo) co que finalmente, tras 2 renuncias, aceptamos 21 inscricións, das que dúas son dos membros responsábeis da organización e outro o propio director do curso.

Asemade, no G+ tiñamos 5 indicacións de Quizais (vou asistir).

Finalmente a asistencia foi de 16 persoas (fallaron 5 persoas).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Obradoiro dirixido por Jesús Amieiro Becerra, enxeñeiro de telecomunicación, editor do portal Barrapunto, adicado ao software libre, á tecnoloxía e aos dereitos dixitais. Actualmente traballa como CTO na empresa Quadralia, adicada a desenvolvemento de software e de solucións de comercio electrónico.

Contidos

  • Revisión rápida dos conceptos do 1º obradoiro.
  • Colaborando nun servidor remoto: remote, fetch, push, pull.
  • BitBucket.
    • Crear unha conta.
    • Colaborando no servidor remoto.
  • Fluxos de traballo en Git.
  • Exercicio por parellas.
  • Alias de ordes.
  • Interfaces gráficas.
  • Depurando con Git.

Materiais de apoio

O director do obradoiro, dispuxo, para libre descarga, no seu seu web (persoal) a presentación e unha folla de ordes correspondente ao traballo nesta xornada.

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

4ª xornada ─ sábado 26 de abril ─ R: Entornos gráficos e creación de paquetes

Medios de difusión

No web de GALPon

Páxina do «evento» no G+

No web de mancomun

No web da OSL do CIXUG

Inscricións e asistencia

Por mor do aforo e da complexidade do obradoiro, desta vez decidimos limitar as inscricións a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando un formulario en GDrive (google docs).

Inscricións formais: 21

Indicacións de Asistirán no G+: 17 (deducido GALPon como promotor do evento)

A un dos inscritos no G+ao non facer a inscrición formal non puidemos confirmarlle a praza (por non dispor do seu correo) co que finalmente, tras 2 renuncias, aceptamos 19 inscricións, das que dúas son dos membros responsábeis da organización e outro o propio director do curso.

Asemade, no G+ tiñamos 4 indicacións de Quizais (vou asistir).

Finalmente a asistencia foi de 16 persoas (fallaron 3 persoas).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Obradoiro dirixido por Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia

Contidos

  • Introdución
    • R como linguaxe de programación (algo mais que un software estatístico)
  • Entornos de usuario para R
    • Rstudio
    • RCommander
    • Deducer
    • RKward
  • Desenvolvemento de entornos gráficos para os nosos programas
    • gWidgets2 (tcltk)
  • Distribución e publicación das nosas aplicacións: Creación de paquetes
    • Os repositorios «oficiais»
      • CRAN
      • Bioconductor
    • Creación de paquetes
      • Rtools
      • A función package.skeleton()
    • RStudio

Obxectivos desta xornada:

  • Coñecer as diversas opcións de IGU existentes e para que serve cada unha delas.
  • Desenvolver os nosos propios entornos gráficos
  • Crear paquetes para publicar e distribuír os nosos programas

Materiais de apoio

O director do obradoiro, dispuxo, para libre descarga,no servidor MEGA a documentación en PDF que inclúe todas as referencias e ligazóns, correspondentes ao traballo nesta xornada.

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

5ª xornada ─ sábado 17 de maio ─ Sistema de Control de Versións GIT (III)

Medios de difusión

No web de GALPon

Páxina do «evento» no G+

No web de mancomun

Comentarios en blogs

[ Obradoiro Git en Vigo - Sabádos Libres en Altamar]

Inscricións e asistencia

Por mor do aforo e da complexidade do obradoiro, desta vez decidimos limitar as inscricións a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando un formulario en GDrive (google docs).

Inscricións formais: 18

Indicacións de Asistirán no G+: 12 (deducido GALPon como promotor do evento)

Tras 5 renuncias, aceptamos 13 inscricións, das que dúas son dos membros responsábeis da organización e outro o propio director do curso.

Asemade, no G+ tiñamos 2 indicacións de Quizais (vou asistir).

Finalmente a asistencia foi de 11 persoas (fallaron 2 persoas).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Obradoiro dirixido por Jesús Amieiro Becerra, enxeñeiro de telecomunicación, editor do portal Barrapunto, adicado ao software libre, á tecnoloxía e aos dereitos dixitais. Actualmente traballa como CTO na empresa Quadralia, adicada a desenvolvemento de software e de solucións de comercio electrónico.

Contidos

  • Gitolite. Instalación, configuración e posta en funcionamento de Git nun entorno de traballo privado.
  • Protocolos en Git: local, SSH, Git, HTTP(S).
  • Rebase.
  • Stash.
  • Uso de submódulos.

Materiais de apoio

Desde GALPon recomendamos o libro «Aprende git ... y, de camino, GitHub» de Ángel Pablo Hinojosa Gutiérrez y Juan Julián Merelo Guervós, publicado baixo licenza libre (CC-By-SA), que podedes descargar desde aquí, este páquete comprimido contén o libro en formatos PDF, ePub e Mobi.

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

6ª xornada ─ sábado 7 de xuño ─ Programación orientada a obxectos con Python e Vala

Medios de difusión

No web de GALPon

«evento» no G+

No web de mancomún No web de mancomún]

Inscricións e asistencia

Por mor do aforo e da complexidade do obradoiro, desta vez decidimos limitar as inscricións a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando corresponde formulario.

Inscricións formais: 24

Indicacións de Asistirán no G+: 23 (deducido GALPon como promotor do evento)

A tres inscritos no G+ao non facer a inscrición formal non puidemos confirmarlle a praza (por non dispor do seu correo) co que finalmente, tras 3 renuncias, aceptamos 21 inscricións, das que dúas son dos membros responsábeis da organización e outro o propio director do curso.

Asemade, no G+ tiñamos 4 indicacións de Quizais (vou asistir).

Finalmente a asistencia foi de 19 persoas (fallaron 2 persoas).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Obradoiro dirixidos por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW

Contidos

  1. Introdución
    1. Que NON é a POO?
    2. Que é a POO? Encapsulación, herdanza e polimorfismo
  2. Clases e obxectos
    1. Encapsulación
    2. Propiedades
    3. Métodos
    4. Getters e setters
    5. Métodos e propiedades estáticos
  3. Clases e obxectos en Python y Vala
    1. Definición dunha clase en Vala
    2. Definición dunha clase en Python
    3. Instanciar un obxecto en Vala
    4. Instanciar un obxecto en Python
    5. Acceso a métodos en Vala
    6. Acceso a métodos en Python
  4. Herdanza
    1. Necesidade e importancia da herdanza
    2. Herdanza en Vala
    3. Herdanza en Python
  5. Polimorfismo
    1. Necesidade e importancia do polimorfismo
    2. Métodos virtuais en Vala
    3. Interfaces en Vala
    4. Duck Typing en python

Materiais de apoio

O director do obradoiro, dispuxo, para libre descarga, no web de GALPon a presentación e un ficheiro comprimido co código empregado nesta xornada.

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

7ª xornada ─ sábado 26 de xullo ─ Programando con Python e Glade, casos prácticos

Medios de difusión

No web de GALPon

«evento» no G+

No web de mancomún

Inscricións e asistencia

Por mor do aforo e da complexidade do obradoiro, desta vez decidimos limitar as inscricións a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando corresponde formulario.

Inscricións formais: 13

Indicacións de Asistirán no G+: 12 (deducido GALPon como promotor do evento)

Aceptamos 13 inscricións, das que dúas son dos membros responsábeis da organización e outro o propio director do curso.

Asemade, no G+ tiñamos 3 indicacións de Quizais (vou asistir).

Finalmente a asistencia foi de 13 persoas (non fallou ningunha persoa).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Obradoiro dirixidos por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW

Contidos

Presentáronse algúns casos prácticos, de mais sinxelo a máis complexo, para que os asistentes realizaran a programación correspondente a cada caso.

Esta foi unha sesión eminentemente práctica na que os asistentes desenvolveron as seguintes propostas:

  • Xanela que presente os distintos tipos de apagado duns sistema e aplique a acción seleccionada
    • Apagar
    • Saír da sesión
    • Hibernar
    • Suspender
    • Cancelar
    • Aplicar/Confirmar ( a acción)
  • Xanela para obter os datos de filiación dunha persoa
    • Nome / Apelidos
    • DNI (contemplar outros tipos de documento)
    • Enderezo postal
    • Enderezo electrónico
    • Teléfono
    • Campo de «Notas»
    • Aplicar, sobre a base anterior os seguintes cambios
      • Xerar campos duplicados a fin de poder gardar datos correspondentes a actividade profesional, tales como enderezo, teléfono, etc... do centro de traballo.
  • Xerar unha xanela que permita extraer a ficha dunha persoa segundo un dato coñecido (vinculado á práctica anterior)

Materiais de apoio

O director do obradoiro recomenda:

e dispuxo, para libre descarga os scripts empregados no obradoiro

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:


8ª xornada ─ sábado 27 de setembro ─ Bash Scripting III

Medios de difusión

No web de GALPon

«evento» no G+

No web de mancomún

No web da OSL do CIXUG

Inscricións e asistencia

Por mor do aforo a inscrición limitouse a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando o correspondente formulario.

Inscricións formais: 12

Indicacións de Asistirán no G+: 9 (deducido GALPon como promotor do evento)

Aceptamos 10 inscricións, das que unha é dun membro responsábel da organización e outro o propio director do curso.

Asemade, no G+ tiñamos 4 indicacións de Quizais (vou asistir).

Finalmente a asistencia foi de 10 persoas (houbo 2 renuncias tras a asignación de prazas, non fallou ningunha persoa).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Obradoiro dirixido por Miguel Anxo Bouzada, coordinador e desenvolvedor das distros GALPon MiniNo e PicarOS

Contidos

Presentáronse algúns casos prácticos, de mais sinxelo a máis complexo, para que os asistentes realizaran a programación correspondente a cada caso.

Esta foi unha sesión eminentemente práctica na que os asistentes desenvolveron as seguintes propostas:

Interfaces gráficas
  • Creación dunha mensaxe | Aviso | información, en forma de xanela.
  • Creación dunha xanela de entrada de datos por teclado
  • Creación dunha xanela de selección:
    • Lista
    • Radius
    • Combobox
  • Creación dunha xanela con múltiplas opcións de entrada
Internacionalización (i18n) dos diálogos/mensaxes
  • Método mínimo para poucas cadeas mediante emprego dun case
  • Aplicación dun procedemento estándar (xeración dun ficheiro patrón de traducións .pot) empregando gettext

Materiais de apoio

O director do obradoiro, dispuxo, para libre consulta, no [ wiki de GALPon] o material desenvolvido para as prácticas desta xornada.

  • Manual sobre Gettext izar en "Bash scripting"
  • En preparación: Manual sobre YAD segundo os apuntes/scripts traballados no obradoiro.
    • Estimamos telo rematado sobre o 20 de outubro, xa que o director do obradoiro ten, neste momentos, outras lerias de traballo no entorno do S.L.

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada:

9ª xornada ─ sábado 27 de setembro ─ OpenStreetMap ─ 'Mapping Party'

Aportando os nosos propios datos a OpenStreetMap (Mapping Party)

Medios de difusión

No web de GALPon

«evento» no G+

OpenStreetMap España

No web de mancomún

[ No web da OSL do CIXUG]

Inscricións e asistencia

Por mor do aforo a inscrición limitouse a 24 persoas, estabelecendo a obrigatoriedade de proceder a unha inscrición previa empregando o correspondente formulario.

Inscricións formais: 26

Indicacións de Asistirán no G+: 18 (deducido GALPon como promotor do evento)

Aceptamos 23 inscricións, das que dúas son de responsábeis da organización e outros dous os coordinadores do obradoiro. Houbo 3 renuncias tras a asignación de prazas Asemade, no G+ tiñamos 6 indicacións de Quizais (vou asistir).

Finalmente a asistencia foi de 22 persoas (fallou 1 persoa).

Elementos gráficos

Fotos no G+

Documentación

Obradoiro dirixido por Micho García e Francisco P. Sampayo. Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos.

Contidos

O obradoiro organizouse do seguinte xeito:

10:00 - 11:00 Explicación de OSM, como se levanta información, organización de equipos e reparto pola zona a cartografar.
11:00 - 14:00 Levantamento de información no campo.
16:00 - 19:30 Traballo con ordenadores para enviar a información a OSM (explicouse como utilizar os datos nos nosos propios proxectos, e resolución de consultas...)
19:30 . 20:00 Peche do obradoiro, revisión do traballo realizado, aplausos :-)

Esta foi unha sesión eminentemente práctica na que os asistentes desenvolveron as seguintes propostas:

  • Ver nas Fotos do G+ a diferenza das zonas a cartografar, antes e após a xornada.

Enquisa aos asistentes

Solicitóuselle aos asistentes que cubriran unha pequena enquisa sobre o desenvolvemento da xornada: