2008

De GALPon WiKi
Revisión del 12:26 16 jul 2008 de Capri99 (Discusión | contribuciones) (Nueva página: === "Participación no Xuventude Galiza Net 2008 === Xuntamente cos Grupos de Usuarios de GNU/Linux de Galicia (GULs) realizaranse unha serie de actividades a prol do Software Libre n...)

(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)

"Participación no Xuventude Galiza Net 2008

Xuntamente cos Grupos de Usuarios de GNU/Linux de Galicia (GULs) realizaranse unha serie de actividades a prol do Software Libre nesta party que se celebrará os días 14, 15 e 16 de Marzo de 2008.

"Obradoiro de OpenOffice na Universidade de Vigo"

Froito da colaboración co Vicerreitorado de Extensión Cultural e de Estudantes, GALPon ofrecerá un obradoiro de OpenOffice cunha duración de 30 horas e convalidable por dous créditos de Libre Elección.

O contido do programa do obradoiro incluirá todos os compoñentes da suite ofimática:

  • Procesador de Textos, Writer
  • Folla de cálculo, Calc
  • Dibuxo vectorial, Draw
  • Presentacións, Impress
  • Acceso a bases de datos, Base

As clases ofreceranse na Aula 5 do novo edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións da Universidade de Vigo.

As clases escomenzarán o día 10 de Marzo de 2008 e serán os luns e mércores en horario de 16:00h - 19:00h.

Máis concretamente os días de clase serán:

  • 10, 12, 24, 26 e 31 de marzo
  • 2, 7, 9, 14, 16 de abril

O profesor será Jose Antonio Troncoso (socio de GALPon)

"Cursiños de iniciación en Caixanova"

Dous cursiños de igual contido (un repetición do outro)

"Introducción a GNU/Linux"
Semana do 11 ó 15 de febreiro
Semana do 10 ó 14 de marzo
"OpenOffice"
Semana do 25 ó 29 de febreiro
Semana do 31 de marzo ó 4 de abril
  • Horario: de 8.00 a 10.00 (tarde-noite)
  • Duración: das clases: 2 horas
  • Duración: total de cada cursiño: 10 horas

Os cursiños serán Impartidos por Miguel Anxo Bouzada

Máis información:

http://www.centrosocialcaixanova.com/nt/
teléf: 986 12 00 83

"Curso de Iniciación a Guadalinex Mini para voluntarios da Universidade de Vigo"

  • Impartido por Miguel Bouzada (6 horas).
  • Dentro do marco do GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
  • Datas e horas previstas: Luns, martes e mercores 18,19 e 20 de febreiro de 11 a 13 horas.
  • Lugar: Ainda sen determinar, probablemente na nova ubicacion do obradoiro do GRUVI na sala 5 (inmediata anterior a actual) Facultade de Filoloxía e Traducción, Pabillon C, Edificio Newton, 2º Andar, (antigo CUVI)