2008

De GALPon WiKi

Participación no Festigal 2008

Como cada ano, GALPon estará presente no Festigal que se celebrará no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela os días 24 e 25 de Xullo.

"Participación no Xuventude Galiza Net 2008

Xuntamente cos Grupos de Usuarios de GNU/Linux de Galicia (GULs) realizaranse unha serie de actividades a prol do Software Libre nesta party que se celebrará os días 14, 15 e 16 de Marzo de 2008.

"Obradoiro de OpenOffice na Universidade de Vigo"

Froito da colaboración co Vicerreitorado de Extensión Cultural e de Estudantes, GALPon ofrecerá un obradoiro de OpenOffice cunha duración de 30 horas e convalidable por dous créditos de Libre Elección.

O contido do programa do obradoiro incluirá todos os compoñentes da suite ofimática:

  • Procesador de Textos, Writer
  • Folla de cálculo, Calc
  • Dibuxo vectorial, Draw
  • Presentacións, Impress
  • Acceso a bases de datos, Base

As clases ofreceranse na Aula 5 do novo edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións da Universidade de Vigo.

As clases escomenzarán o día 10 de Marzo de 2008 e serán os luns e mércores en horario de 16:00h - 19:00h.

Máis concretamente os días de clase serán:

  • 10, 12, 24, 26 e 31 de marzo
  • 2, 7, 9, 14, 16 de abril

O profesor será Jose Antonio Troncoso (socio de GALPon)

"Cursiños de iniciación en Caixanova"

Dous cursiños de igual contido (un repetición do outro)

"Introducción a GNU/Linux"
Semana do 11 ó 15 de febreiro
Semana do 10 ó 14 de marzo
"OpenOffice"
Semana do 25 ó 29 de febreiro
Semana do 31 de marzo ó 4 de abril
  • Horario: de 8.00 a 10.00 (tarde-noite)
  • Duración: das clases: 2 horas
  • Duración: total de cada cursiño: 10 horas

Os cursiños serán Impartidos por Miguel Anxo Bouzada

Máis información:

http://www.centrosocialcaixanova.com/nt/
teléf: 986 12 00 83

"Curso de Iniciación a Guadalinex Mini para voluntarios da Universidade de Vigo"

  • Impartido por Miguel Bouzada (6 horas).
  • Dentro do marco do GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
  • Datas e horas previstas: Luns, martes e mercores 18,19 e 20 de febreiro de 11 a 13 horas.
  • Lugar: Ainda sen determinar, probablemente na nova ubicacion do obradoiro do GRUVI na sala 5 (inmediata anterior a actual) Facultade de Filoloxía e Traducción, Pabillon C, Edificio Newton, 2º Andar, (antigo CUVI)