ServiciosLinuxParty2006
De GALPon WiKi
Contenido
Servicios
¿Onde comer?
No propio Concello de Porriño hai bares e restaurantes ao redor do Pavillón de Deportes así coma un supermercado para mercar comida ou bebida.
¿Onde durmir?
Habilitación de espazo exterior, no aparcadoiro de coches, para as tendas de campaña (tipo IGLU) ou se queredes para os vosos sacos de durmir dentro do pavillón.
Hixiene
Duchas e baños separados para mozos e mozas dentro do pavillón.
Seguridade
Persoal para manter a seguridade e custodia dos equipos
Instalación eléctrica
Para conexión de 100 equipos informáticos