2023
Colaboración na organización do Congreso esLibre 2023
esLibre1 é un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías e na cultura libre, enfocado a compartir coñecemento e experiencias arredor das mesmas. Após a anterior edición, celebrada en Vigo, GALPon pasou a formar parte de grupo organizador. A nosa colaboración inclúe a colaboración na xestión de relatorios e análise de propostas, ata a organización material, coordinación de salas e relacións cos relatores. Tamén xestións previas con entidades locais ou empresas, para o mellor fin do Congreso. Este ano celebrouse en Zaragoza, da man dos grupos «Vitalinux2» e «Migasfree3», precisamente grazas ás xestións de GALPon, tras botarse atrás a Universidade de Zaragoza coa súa Oficina de Software Libre. Por esta circunstancia enviouse ao presidente e ao secretario coma representantes da Asociación para que asistiran a todas as conferencias, relatorios e obradoiros que consideraran de interese e representaran á asociación.
===Co patrocinio de:---
Este actividade foi parcialmente subvencionada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ao abeiro do programa de subvencións publicada no DOG Núm. 157 o luns 21 de agosto de 2023.