Discusión:Portada

De GALPon WiKi
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Tras atoparme no GRUVI con unha serie de scanners SCSI (HP 4c e 4p) provistos dunha controladora Adaptec AVA-1502 (ISA por máis señas) da que non se dispón de módulo específico, comencei a furgar pola rede e atopei unha serie de trucos, ningún fucionaba doadamente, así que tras darlle voltas (é coa axuda de Victor) atopamos a forma de solucinar o proplema. Ahí vai:

Tras conectar a placa arrancamos o equipo, estamos ben atentos, e según recoñece os discos ríxidos pasa a recoñecer o resto de dispositivos, presentando un listado deste tipo:

PCI device listing
......
......

ISA/PNP device listing
Card No.  Device No.  DMA  IRQ  Device name
___________________________________________
 1          0        1,3    5  Audio
 2          0        NA    10  SCSI Controler

É nesta liña SCSI Controler na que debemos fixarnos. Como a cousa pode ir muy rápida, prememos la tecla Pausa-Inter e así temos tempo para ver ben cal é a IRQ que se lle asigna a controladora SCSI. premendo calqueira tecla segue o arranque do equipo.

Unha vez remate a carga, abrimos unha terminal de consola, e como administrador (su ou sudo) cargamos un módulo correspondente a unha controladora que é curmán da nosa, a AHA-1520, pero modificando a súa configuración. A orde a introducir e a seguinte

# modprobe aha152x aha152x=0x140,X # sendo X o valor da IRQ que vimos durante o arranque.

No caso do exemplo, a orde sería:

# modprobe aha152x aha152x=0x140,10

A partires de aqui xa podedes usar esa controladora con calquer dispositivo SCSI

non debemos de esquencer engadir o modulo e os parámetros aha152x aha152x=0x140,X en /etc/modules ven editandoo ou con:

# cat aha152x aha152x=0x140,X /etc/modules

Ollo coa X.

Si temos dificultades para saber cal é a IRQ (v.g. que a BIOS non nos dexa ver a carga) hai outra forma de facelo. En terminal escribimos

$ cat /proc/interrupts

E devolvenos unha listaxe ordenada das IRQ ocupadas so nos queda ir probando unha a unha coas baleiras (normalmente utiliza entre a 9 e a 13) e comprobar cal funciona corectamente. A ter en conta que ainda que a maioría das PCI poden compartir IRQ as ISA nunca comparten IRQ.