Istononvai.org

De GALPon WiKi
(Galego) Este wiki é un proxecto colaborativo feito por persoas que poden escribir tanto en galego coma en castelán. Esperamos que poidas disfrutar del e que o completes coas túas aportacións. A comunidade de Software Libre agradeceracho :-)

(Castellano o español) Este wiki es un proyecto colaborativo hecho por personas que pueden escribir tanto en gallego como en castellano. Esperamos que puedas disfrutar de él y que lo completes con tus aportaciones. La comunidad del software libre te lo agradecerá :-)

Para ver una versión automática traducida al castellano, por favor, haga click en este enlace (tecnología Opentrad - Apertium con licencia GPL).

Obxectivos e estrutura da web

O obxectivo principal da web é ser un referente na denuncia de actividades irregulares ou ilegais de diferentes entidades contra as liberdades dos cidadáns no emprego de estándares abertos normalizados e recoñecidos internacionalmente. Por outra banda, valorarase positivamente, a través dun recoñecemento, aquelas iniciativas que protexen estes dereitos dos cidadáns e que sirvan de exemplo a outras entidades.

A estrutura da web estaría formada por tres seccións que se centrarían nos distintos obxectos de denuncia ou recoñecemento segundo o caso:

  • Sitios de internet (denuncia ou recoñecemento)
  • Software (denuncia ou recoñecemento)
  • Institucións públicas (denuncia ou recoñecemento)

Ademais, tería información non variable, ou pouco variable, sobre "quen somos", "obxectivos da páxina", "bases legais", "estándares", "accesibilidade", etc...

Funcionalidades

A funcionalidade principal a implementar tería tres áreas ben definidas que se corresponden con:

  • Páxinas principais de cada sección co anuncio das últimas denuncias e o ránking dos máis denunciados ou con máis actividade.
  • Procedemento para efectuar a denuncia en cada un dos distintos obxectos de denuncia.
  • Administración da páxina que inclúe a xestión de denuncias e de normas e solucións que guían ao usuario a cumprimentar os procedementos.

En canto ao deseño funcional, ideámolo para que sexa moi sinxelo dende a execución da denuncia ata a publicación polo administrador, con pasos ben guiados na denuncia e con opcións tipo persoal con posibilidade de ampliación por texto que o administrador incorporará dende a administración aos persoais (retroalimentación con aprendizaxe). En principio en galego, pero con posibilidade de ampliala a varios idiomas en futuras fases.

Identificación dos usuarios

Os usuarios poderían ser anónimos ou identificados (polo seu correo, obrigatorio para administradores ou seguidores de cambios en denuncias por correo). Poderían realizar unha nova denuncia ou completar unha delas en calquera fase da mesma (por exemplo, propoñendo novas solucións e informando da evolución da mesma ou dos feitos que se denuncian). Poderá haber varios usuarios administradores que poderán encargarse de distintas seccións para repartir a carga das seccións.

Tecnoloxía

A tecnoloxía escollida é PHP 5.0 e MySQL 4.1 para o modelo-controlador. Para a vista, e para cumprir os estándares de accesibilidade desde unha primeira fase utilizarase XHTML, CSS (nada de táboas para maquetar) e texto estándar. Nunha posible futura fase ampliarase para AJAX. Descartouse un CMS para gañar en flexibilidade de deseño e implementar unha administración concreta sobre a moderación das denuncias, envío de correos e ampliación dos campos de denuncia.

Será imprescindible empregar un sistema de plantillas (patTemplate o Smarty) para poder separar o deseño do código PHP.

Orzamento

A web básica tería unhas 10 pantallas básicas e 15 pantallas de formulario que integradas en portal co seu programación, base de datos con carga inicial vanse ao reparto seguinte:

  • Horas de analista e xestor de proxecto: 17 ( 3 utilizadas para a análise previa)
  • Horas de programador e deseñador gráfico: 38
  • Horas de xerador de información: 10

Isto define un custo do proxecto duns 1.530 euros e un prazo de entrega non inferior a 10 días laborables e non superior a 20 días laborables, a revisar cando se concrete o deseño funcional e detalles opcionais.

Neste orzamento deberase incluír un deseño artístico básico do sitio web que logo a Asociación adaptará aos seus intereses. Para elo a codificación do sitio deberá ser comentada e facilitar a súa lexibilidade.

Propiedade intelectual

O código fonte deste proxecto deberá estar libre de licencia algunha ou ter unha licencia compatible coa de GPL. En caso de non ter licencia algunha ou ser integramente creación propia do programador/a, o código pasará a ser propiedade da Asociación e se licenciará baixo a GPL de Software Libre facendo referencia ao programador/a se así o desexa este.

Opcións

En canto aos detalles opcionais, que poden variar ese número de horas son (aínda en brain-storming):

  • RSS coas denuncias para a páxina en global e para cada unha das seccións.
  • Subscrición á notificación por correo electrónico de cambios en denuncias concretas.
  • Incorporación de imaxes (pantallazos) en distintas fases da denuncia.
  • Uso de varios idiomas para denuncias e selección de cales deséxanse ver.
  • Buscador simple de texto en denuncias.
  • Buscador avanzado con filtros por data, estados da denuncia, etc...