Formatar os dispositivos de memoria USB, cartóns SSD etc.. e/ou modificar a súa etiqueta de volume
Os que temos necesidade de manexar varios dispositivos USB e/ou cartóns SSD, normalmente témoslle apego a algunha marca e sule molestarnos o ter montados dous ou máis dispositivos co mesmo nome, ademais moitos utilizamos dispositivos en formato decente (léase ext2).
Como non é algo que fagamos habitualmente temos que rebuscar nas nosas notas ou pornos a navegar, así que tratei de reunir todas as instrucións e posibilidades nunha soa páxina.
Contenido
Información previa
Debemos ter instaladas as seguintes utilidades
- mtools
- e2fsprogs
Nas distribucións actuais adoitan vir instaladas de forma predeterminada. Se non fose así, instalámolas cun sinxelo
$ sudo ou # apt-get install mtools
ou
$ sudo ou # apt-get install e2fsprogs
ou
$ sudo ou # apt-get install mtools e2fsprogs
segundo que utilidade nos interese, ou ambas.
Descubrindo a nosa unidade
Para coñecer o nome da unidade
$ df -h -T
Outra opción
$ sudo ou # fdisk -l
nomes posibles
sda1 sdb1 sdc1 sdd1 etc...
Debemos desmontar a nosa unidade de memoria, ben en modo gráfico ou desde terminal
$ sudo ou # umount /dev/nome_unidade
Procedemos...
Só formatar
- ext2
$ sudo ou # mkfs.ext2 /dev/nome_unidade
- ext3
$ sudo ou # mkfs.ext3 /dev/nome_unidade
- fat32
$ sudo ou # mkfs.vfat /dev/nome_unidade
- ntfs
$ sudo ou # mkfs.ntfs /dev/nome_unidade
Fotmatar e pór/cambiar etiqueta
- ext2
$ sudo ou # mkfs.ext2 -L etiqueta /dev/nome_unidade
- ext3
$ sudo ou # mkfs.ext3 -L etiqueta /dev/nome_unidade
- fat32
$ sudo ou # mkfs.vfat -n etiqueta /dev/nome_unidade
- ntfs
$ sudo ou # mkfs.ntfs -L etiqueta /dev/nome_unidade
Só cambiar a etiqueta
- ext2 e ext3
$ sudo ou # e2label /dev/nome_unidade nova_etiqueta
- vfat
$ sudo ou # mlabel -i /dev/nome_unidade -s :: etiqueta
- ntfs
$ sudo ou # ntfslabel /dev/nome_unidade nova_etiqueta
Para esta última opción ntfslabel necesitamos ter instalada ntfsprogs
Notas sobre ntfsprogs
NTFSprogs: Administrador de particións NTFS desde Linux ntfsprogs é un paquete linux que contén unha ampla colección de utilidades que nos permiten traballar con particións NTFS.
Este paquete é habitual que estea nos repositorios, así que se tedes unha distribución Debian ou baseada en Debian, non tedes que facer máis que un apt-get install para instalalo.
$ sudo ou # apt-get install ntfsprogs
Tamén podedes descargar o código fonte para instalalo: http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_ide=13956&package_ide=14232 Utilidades que contén este paquete:
- ntfsfix Tal e como di a axuda, ntfsfix é unha utilidade que soluciona algúns problemas comúns en volumenes NTFS.
- mkntfs Formatar unha partición co sistema de arquivos NTFS.
- ntfsinfo Ver informacion detallada de volumenes NTFS.
- ntfslabel Ver e cambiar a etiqueta de volume dunha partición NTFS.
- ntfsresize Redimensionar un volume NTFS de forma non destrutiva, movendo de forma segura calquera dato se é necesario.
- ntfsundelete Rrecuperar arquivos eliminados dunha partición NTFS.
- ntfscluster Identifica ficheiros nunha rexión específica dun volume NTFS.
- ntfscat Amosa en pantalla ficheiros de volumenes NTFS sen montar a partición.
- ntfsls Lista o contido de directorios sen montar a partición.
- ntfscp Para copiar ficheiros nun volume NTFS.
- ntfsclone Para clonar volumenes NTFS ou unha parte deles.
Para coñecer o formato da orde, en cada caso buscar na terminal coa orde:
$ man utilidade
onde utilidade é cada unha das utilidades descritas máis arriba, por exemplo: man ntfslabel