Desculpe as molestias ;-) |
Contenido
Introdución ─ Que é e que pretende esta campaña?
Referencias
- DRM contra los libros de texto {Caracteres}
- ¿Por qué los DRM violan las 3 leyes de la robótica? (Hispalinux)
- Xustificación do Ministerio de Educación Cultura y Deporte español
- Nesta páxina podemos ler:
- DRM
Para poder proteger los derechos de autor y evitar la copia indiscriminada de libros electrónicos sin permiso ha surgido la protección por DRM (Sistemas de gestion de derechos digitales - Digital Rights Management).
Estos sistemas se aplican a los libros electrónicos y también a la música y las películas. Existen múltiples sistemas de DRM, creados por distintas empresas, pero en general todos funcionan siguiendo el siguiente esquema:
Detectan quién, cuándo y bajo qué condiciones se accede a cada libro, y envían esta información a la editorial. De esta forma se autoriza o deniega el acceso al ebook en unas condiciones determinadas que suelen impedir la copia y distribución del libro.
- DRM
- Minería de datos aos seus fillos
- Neste artigo podemos ler:
- A NSA non ten nada sobre a empresa lanzadeira de tecnoloxía da educación coñecida como Knewton.
A empresa de análise de datos xa ollou para os cerebros de máis de 4 millóns de estudantes en todo o país. Ao supervisar cada clic do rato, cada tecla premida, cada fracción de segundo de dúbida, como traballan os nenos a través de libros dixitais, Knewton é quen de descubrir non só o que os nenos saben individualmente, senón tamén como pensan. Pode dicir que ten dificultade para concentrarse na ciencia antes do xantar e que vai batallar con fraccións o próximo xoves.
- A NSA non ten nada sobre a empresa lanzadeira de tecnoloxía da educación coñecida como Knewton.
Que é a DRM?
A Digital Restrictions Management (xestión de restricións dixitais) restrinxe o que ti e a túa familia podedes facer cos dispositivos electrónicos e os contidos que adquiristes.
É un intento por parte das grandes compañías de quitarche os teus dereitos a través da tecnoloxía.
O software e hardware con DRM supervisa e controla todos os teus movementos e os da túa familia.
Os usuarios de iPod teñen restricións á hora de transferir a súa música a outros dispositivos que non son da Apple porque a música descargada de iTunes está cifrada e bloqueada con DRM.
Apple permíteche gravar un CD de son pero se tratas de levarte a música a outro dispositivo, unicamente o permite cunha calidade de son moi baixa.
Sony Music engade secretamente rootkits con DRM nos seus ordenadores cando os usuarios reproducen os CD comprados.
Porqué apesta apoiar a DRM?
- A DRM non vai de protexer os dereitos de autor. Só é fume. A DRM vai da limitación de funcionalidade nos dispositivos, da venda de características e o retorno en forma de servizos. A DRM reduce a seguridade dos nosos dispositivos e reduce a confianza do usuario.
- A DRM non funciona; suponse que existe para protexer os creadores, mais xa foi rebentado facilmente e pode evitarse, é en gran medida ineficaz e irrelevante. Ao contrario, a DRM elimina os dereitos dun uso xusto.
- A DRM para vídeo é simplemente un cabalo de Troia de todas as industrias de dereitos de autor. Unha vez que todos os principais navegadores o teñan adoptado para o vídeo, a industria editorial e musical vano querer para os seus contidos.
- A DRM fai que atopar e informar de erros supoña un risco legal. Os desenvolvedores que informen de vulnerabilidades no decodificador de Adobe
arríscanse a demandas.
- A educación non necesita das grandes empresas editoriais e de comunicación; as grandes empresas editoriais e de comunicación necesitan da educación. Podemos facer moito máis para confrontar as consecuencias negativas da DRM que simplemente tentar mitigar o dano de seren adoptadas.
A DRM é moito máis ca unha molestia.
As industrias do cine e da música están día a día tentando incrementar o seu control sobre ti. pediron que as compañías tecnolóxicas impoñan a DRM para conseguir o que non lograron cambiar co seu lobby político sobre as leis de copyright. Pretenden converter cada interacción cunha publicación nunha transacción, eliminando o seu libre uso e mantendo o copyright por sempre. Ao aceptar a DRM, os usuarios involuntariamente rendemos os nosos dereitos, entregándolles a posibilidade de realizar sobre nós unha profunda vixilancia, enviándolles todo o que as nosas familias ven, escoitan, len ou por onde navegan.
Que lles dá ese dereito?
DRM significa: Non ao uso razoable. Non a poder comprar e revender. Non ás copias privadas. Non a compartir. Non ás copias de seguridade. Non ao intercambio. Non a crear discos personalizados. Non á intimidade. Non ao control dos nosos ordenadores. Non ao control dos nosos dispositivos electrónicos. A conversión dos nosos fogares no aparello que supervisa a nosa interacción con toda publicación (son, vídeo, texto ...) e ata coa propia web.
Que podes facer?
Mantente lonxe dos produtos dependentes da DRM como o Blu-ray e o HD-DVD, iTunes, Windows Media Player, Zune, Amazon Unbox... Mantente lonxe das distribuidoras que insisten en incluír a DRM nos seus paquetes. Deixa de financiar á xente que quere limitarte. Máis información en http://www.DefectiveByDesign.org
Texto publicado orixinalmente en castelán polo GPUL
A DRM nos libros de texto electrónicos
Quen participa nesta campaña?
Asociacións, entidades e agrupacións
- Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno
- Asociación de Empresas Galegas de Software Libre ─ AGASOL
- Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide ─ Melisa
- Grupo de Amigos Linux de Pontevedra ─ GALPon
- Grupo de Programadores e Usuarios de Linux ─ GPUL
A xeito individual
- Tucho Mendez, profesor de tecnoloxía no ensino medio.
Proposta de «liñas directrices»
Creación de repositorios libres (ollo, dicimos LIBRES)
Neste punto debemos ter presente que a tendencia, na maioría de publicacións, é empregar a licenza Creative Commons coa cláusula NC. debemos insistir en que esa cláusula converte a publicación en NON libre (o mesmo acontece coa ND, aínda que esta apenas se usa).
Debemos insistir que a licenza debe ser do tipo copyleft como a CC-By-SA ou CC-By, que aínda que non é compatíbel (segundo a FSF) por non seren vírica, si que permite unha reutilización axeitada aos propósitos de universalidade.
Presenza/influencia de «Pearson» na educación
- :-) proxecto financado por: ...
- Pearson Wins Major Contract From Common-Core Testing Consortium
- Pearson, Microsoft announce joint venture for Common Core curriculum, apps, tools. Good news for schools? Or sign of the apocalypse?
- Lo que oculta el informe Pisa
- Microsoft and Pearson Join Forces to Create Common Core Curriculum: Are You $urprised?
- Pearson to develop PISA framework
- Pearson to develop frameworks for OECD’s PISA student assessment for 2015
- Adiviña quen está detrás de eScholarium
- Should Pearson, a giant multinational, be influencing our education policy?
- Quen está trala plataforma «Knewton» ?