As imaxes — fotografías

De GALPon WiKi
(Redirigido desde «As imaxes ─ fotografías»)

Aínda observando coidadosamente as cautelas debidas á hora de fornecer datos persoais nas redes sociais, non se debe esquecer o elevado grao de compoñente exhibicionista, que leva, as veces de forma compulsiva, a publicar toda canta foto facemos ou temos.

Esta práctica, aínda tendo a cautela de respectar a máxima que di «non publiques aquela foto que non quixeras que vira a túa nai», esquece moitas veces que as fotos son unha grande fonte de información, da que o autor/propietario, na maioría dos casos non é consciente de que existe.

Recentemente estamos a ver como entra, cada vez dun xeito máis forte, o chamado «xeoposicionamento», isto é, un sistema de etiquetado dos datos xeográficos (xeoetiquetado) destinado a que os propietarios saiban onde tomaron unha foto e poder volver ao mesmo sitio grazas a un GPS, ou para guiar aos amigos ata aquela paraxe, monumento ou restaurante co que quedaron engaiolados.

Este é un problema que afecta especialmente aos teléfonos móbiles, xa chamados teléfonos intelixentes, os que ademais xa permiten enviar a fotografía á páxina segundo se toma. No caso dos teléfonos adoita ser un servizo que está desactivado, pero moitas veces, canda a configuración inicial activámolo sen ser conscientes de que é o que fai, xa que non fornecen unha información detalla de en que consiste, ou en aparellos fornecidos por operadoras telefónicas que puideron activalo. Nas cámaras é, polo de agora, pouco habitual e moitas precisan dun accesorio GPS adicional.

Nota: o caso dos iPhone é distinto, xa que ademais de traer prefixado o xeoposicionamento de imaxes, este é inalterable, aínda que semelle (engane) que foi desactivado.

Os dispositivos fotográficos dixitais incorporan un rexistro, incrustado na propia imaxe, no que se gardan datos como as características da cámara, incluso o número de serie, tipo de obxectivo, enfoque, condicións de luz e as veces nome e apelidos do fotografo (ou propietario do dispositivo). Este etiquetado coñecese como datos, ou metadatos no seu nome máis técnico, EXIF (Exchangeable Image File format)». O xeoposicionamento ou xeoetiquetado, engade aos datos habituais a posición xeográfica, determinada por GPS, por medio de coordenadas.

Visor Exif Viewer en Firefox
Visor gThumb en Linux

En palabras de Peter Eckersley, un especialista da Electronic Frontier Foundation de San Francisco (E.U.A), o consentimento convertese nunha especie de terreo esbaradizo cando a única forma en que se pode desactivar a función dun teléfono intelixente é a través dun menú invisible do que ninguén sabe gran cousa.

De feito, desactivar a función de xeoetiquetado polo xeral comprende pasar por varias capas de menús ata que se atopa a función «ubicación (location)», logo do cal selecciónase «desactivar (off)» ou «non permitir (don't allow)». Pero facer iso ás veces pode desactivar todas as funcións de GPS, incluído o mapeo, de modo que pode ser complicado.

O sitio web ICanStalkU.com fornece instrucións paso a paso para desactivar a función de xgeoetiquetado de fotos en aparellos iPhone, BlackBerry, Android e Palm. Ás veces crémonos seguros porque nas nosas fotos non figura (ou xa o esborrachamos) nomes de rúas, letreiros, camisetas, etc... que puideran facer referencia ao lugar e esquecense os datos que hai incrustados nas imaxes en forma de «metadata».

Recentemente, Gerald Friedland e Robin Sommer, investigadores do ICSI International Science Institute, demostraron o fácil que é para un pederasta, un ladrón, un secuestrador ou un acosador obter datos das fotografías. Descargaron fotos dun servizo de Internet chamado Craig List. É a lista de anuncios clasificados máis antiga de Internet, e ofrece aos usuarios a opción de que non se publique ningún outro dato persoal. Friedland e Sommer conseguiron extraer información xeográfica de fotografías de obxectos á venda. A continuación fixeron unha procura de vídeos en YouTube, baixo a etiqueta «pícaros». A maioría deles foran tomados cun teléfono intelixente e contiñan información xeográfica. Aínda máis grave, lograron reconstruír o itinerario da viaxe de moitos internautas que puxeran, na súa páxina, fotos ou vídeos de todos os lugares que percorreran, e ata puideron determinar que aínda non volveran a casa, e cal era o seu enderezo postal. Para obter toda esta información sensible, non tiveron que romperse demasiado a cabeza. Bastou con que introducisen as coordenadas xeográficas que aparecen nas xeoetiquetas, nun servizo gratuito como Google Street View. Así puideron facerse co enderezo do domicilio, e ver a fotografía da fachada. Para obter a información EXIF detallada e desglosada, pódese utilizar un programa como Exiftool ou o engadido de Firefox Exif Viewer.

Cando se envien fotografías, ou calquera outra imaxe debese tomar a decisión de desactivar a opción de xeoetiquetado do seu teléfono móbil con GPS. O sitio web ICanStalkU.com fornece instrucións paso a paso para desactivar a función de xgeoetiquetado de fotos en aparellos iPhone, BlackBerry, Android e Palm. Quen atope esta función necesaria, sempre pode procesar as fotos por lotes con programas como o gratuito para window$ IrFanView ou as ferramentas libres Exiv2 ou jhead para Linux, que ofrecen a opción de eliminar todos os metadatos EXIF.

--miguelbf 19:14 14 ago 2010 (UTC)