Acoso sexual ─ Sexting ─ Ciberbullying ─ Ciber-groomingng
Un dos problemas máis publicitados pola prensa e, posiblemente, o que máis preocupa a sociedade actual, é o acoso sexual a menores. Recomendamos a consulta habitual de páxinas como Pantallas Amigas], dirixida por Jorge Flores ou Segu-Kids vencellada a empresa arxentina de seguridade informática Segu-Info , nas que atoparemos información actualizada e rigorosa (ambalasdúas en castelán).
De todas formas quixeramos destacar algunhas páxinas, para que entendamos mellor cal é o problema.
- Páxina de «Red Peruana contra la Pornografía Infantil» en Facebook
- Aviso de alerta de «Red Peruana contra la Pornografía Infantil» Sobre grupos de pederastia en Facebook
- Tuenti e Facebook son cada día máis usadas por pederastas para contactar con potenciais vítimas
- Os pederastas usan Facebook, Tuenti e outras redes sociais para seducir a menores de idade
- Facebook negase a incorporar un “botón de denuncia” solicitado pola Axencia de Protección de Menores británica
- INTERNET: Por que se resiste Facebook a poñer o «botón de pánico»?
- Deteñen a un menor por chantaxear a unha compañeira do instituto mediante Internet
Canle de Pantallas Amigas en Youtube, especialmente recomendado xa que ten uns videos ilustrativos moi ben feitos, tanto para pais/titores/educadores como para os rapaces.
Pero non podemos/debemos deixar de falar de outros casos gravisimos acontecidos arredor das redes sociais.