Instalando Debian Etch → Testing/Lenny Con escritorio Xfce ou Kde

De GALPon WiKi

Porqué instalar Etch e despois subir a Testing/Lenny?

As imaxes que obtiven dos espellos da páxina oficial, http://cdimage.debian.org/cdimage/weekly-builds/ sempre resultaban nunha instación Gnome + Xfce ou Gnome + Kde, facendo a selección do escritorio no momento de identificarse no "GDM" (ou "KDM" segúndo elixíramos durante a instalación).

Xa que a miña intención e ter un sistema con Xfce ou con Kde, limpiños, sin as librerias e aplicacións de Gnome optei por un procedimento máis complexo pero máis adoitado os meus requerimentos.


Diferencias entre Testing e Lenny.

Resumindo moi brevemente:

  • Si eleximos lenny, chegado o momento esta será estable despois de pasar por un breve período de tempo como conxelada.
  • Si eleximos testing, cando lenny sexa convertida en estable, seguiremos tendo unha versión testing nunca estable, para contornas de escritorio creo que esta é a mellor opción,
    • NOTA: É importante non confundir testing con experimental (ou Sid, o neno malo) que esa si que é só para desenvolvedores, arriscados ou afectos a "versionitis".


Instalando

Facemos a instalación empregando a ISO que obtemos de aquí:

Se tes dubidas de cal empregar mira este enlace: http://es.wikipedia.org/wiki/AMD64

Podemos iniciar a instalación ó xeito tradicional en Debian (texto) premendo [Enter] ó aparecer a pantalla de Debian e a liña que remata en ... or ENTER to boot:

ou si somos menos amañados escribir a seguir de "boot:"

installgui

é así iniciará a instalación de xeito gráfico, neste caso debemos ter en conta que cando nos pida os contrasinais de administrador e de usuario deberemos desplazarnos coa tecla [TAB] xa que si prememos [Enter] antes de escribirla confirmación darános un erro nos contrasinais, xa que lee o segundo campo como "valeiro".

Recomendo que cando cheguemos a elección dos espellos elixamos os de Alemaña, Francia ou Finlandia, (sempre os XX.debian.org que acostuman ser ó primeiro de cada país) xa que son, na miña modesta experiencia, os que mellor van e se actualizan con máis regularidade.


Actualización a Testing/Lenny.

Recomendo que este proceso o fagamos sin entrar na contorna gráfica, senón que cando apareza a pantalla na que nos teríamos que "identificar" premamos [Ctrl]+[Alt]+[F2] e así abrimos unha consola.

Si somos moi novatos e lle temos moito respeto a eso tan negro, entraremos a contorna gráfica e abrimos unha terminal.

En calqueira dos dous casos o procedimento é sempre o mesmo.


¿Temos conexión a internet?

O primeiro e fundamental é asegurarnos de que temos conexión a internet. facemos un ping, por exemplo:

$ ping google.com

debe darnos unha saída deste tipo

64 bytes from py-in-f99.google.com (64.233.167.99): icmp_seq=1 ttl=240 time=142 ms
64 bytes from py-in-f99.google.com (64.233.167.99): icmp_seq=2 ttl=240 time=142 ms
64 bytes from py-in-f99.google.com (64.233.167.99): icmp_seq=3 ttl=240 time=151 ms
64 bytes from py-in-f99.google.com (64.233.167.99): icmp_seq=4 ttl=240 time=151 ms
...

paramos a execucion premendo [Ctrl]+[C]

e infórmanos do acontecido:

--- google.com ping statistics ---
7 packets transmitted, 7 received, 0% packet loss, time 6022ms
rtt min/avg/max/mdev = 142.733/147.610/151.932/3.764 ms

si se queda como "parado" e despóis nos dá unha mensaxe como esta:

ping: unknown host google.com

quere decir que non hai conexión a internet.

No caso de que non teñamos conexión a internet debemos verificar que esté doadamente conectado, si a conexión e inarámica non debe ter protección WPA, xa que neste momento Debian só aceptará WEP, e ter a certeza de que o dispositivo de rede é recoñeido doadamente polo S.O.

Superado o paso anterior só nos queda saber o nome do dispositivo, executamos

# ifconfig

e na saída de datos que obtemos veremos si é "eth0", "eth1", ou o que sexa.

En función dese dato executamos, modificando "eth0" si fose necesario en función do dito anterirmente.

# dhclient eth0

En pantalla obteremos algo similar a esto:

Internet Systems Consortium DHCP Client V3.0.4
Copyright 2004-2006 Internet Systems Consortium.
All rights reserved.
For info, please visit http://www.isc.org/sw/dhcp/

Listening on LPF/eth0/00:20:ed:87:a9:4b
Sending on   LPF/eth0/00:20:ed:87:a9:4b
Sending on   Socket/fallback
DHCPDISCOVER on eth0 to 255.255.255.255 port 67 interval 8
DHCPOFFER from 192.168.1.1
DHCPREQUEST on eth0 to 255.255.255.255 port 67
DHCPACK from 192.168.1.1
bound to 192.168.1.41 -- renewal in 33058 seconds.

Con isto, si repetimos a orden de "ping" deberemos comprobar que xa dispoñemos de conexión a internet.

Si a saída é parecida a esta:

There is already a pid file /var/run/dhclient.pid with pid 134993416
Internet Systems Consortium DHCP Client V3.0.4
Copyright 2004-2006 Internet Systems Consortium.
All rights reserved.
For info, please visit http://www.isc.org/sw/dhcp/

Listening on LPF/eth0/00:20:ed:87:a9:4b
Sending on   LPF/eth0/00:20:ed:87:a9:4b
Sending on   Socket/fallback
DHCPREQUEST on eth0 to 255.255.255.255 port 67
DHCPREQUEST on eth0 to 255.255.255.255 port 67
DHCPDISCOVER on eth0 to 255.255.255.255 port 67 interval 8
DHCPDISCOVER on eth0 to 255.255.255.255 port 67 interval 12
DHCPDISCOVER on eth0 to 255.255.255.255 port 67 interval 11
No DHCPOFFERS received.
Trying recorded lease 192.168.1.41
PING 192.168.1.1 (192.168.1.1) 56(84) bytes of data.

--- 192.168.1.1 ping statistics ---
1 packets transmitted, 0 received, +1 errors, 100% packet loss, time 0ms

No working leases in persistent database - sleeping.

quere decir que non pode conectarse. revisamos ben este punto até obter conexión e continuamos.


Procedendo a actualizar a distribución.

Común a ambas (Xfce e Kde)

Modificar o listado de fontes de aplicacións ou repositorios

Editamos o ficheiro de listas de fontes

# nano /etc/apt/sources.list

engadir contrib e non-free

sustituir etch por testing ou por lenny

comentar líñas de fontes "deb-src"

Este é o sources.list coas modificacións básicas:

# deb cdrom:[Debian/GNULinux 4.0 r3 _Etch_ -Official i386 xfce-CD Binary-1 20080217-12:10]/ etch contrib main 

deb ftp://ftp.de.debian.org/debian/ testing main contrib non-free
# deb-src ftp://de.debian.org/debian/ etch main

deb http://security.debian.org/ testing/updates main contrib non-free
# deb-src http://security.debian.org/ etch/updates main contrib

Gardamos e saimos do editor e executamos:

# aptitude update
# aptitude -y dist-upgrade

Aceptamos a proposta en configuracion de console-data e na seguinte ventá deixamos a opción por defecto No tocar el mapa de teclado

Nun momento dado, volve a deterse o proceso para pedirnos unha confirmación (ou denegación).

Preguntarános:

Do you want upgrade glibc now? [Y/n]

¿Desexas actualizar glibc agora?

Responderemos cun "y" que pode ser minúsculo máis [Enter] obviamente.

Ventás de Configuración de libpam0g Prememos [Enter] para aceptar, por defecto, as dúas veces.

Si estamos a traballar dende consola, despois de este paso pode suceder que nos aparezca o acceso a contorna gráfica, prememos novamente [Ctrl]+[Alt]+[F2] e deixamos que continue o proceso sin facer nada máis. Isto non sucede (ou non debería suceder) si traballamos en contorma gráfica e desde terminal.

Ventás de Configuración de libssl0.9.8 Prememos [Enter] para aceptar, por defecto, as dúas veces.

Unha vez que remata o proceso e nos devolve o prompt valeiro, como é máis que probable que non estuberamos atentos a todo o que foi saindo pola pantalla, non vimos unha mensaxe na que nos indica que teremos que reiniciar a computadora para que os cambios aplicados tuveran efecto, polotanto, neste punto debemos reiniciar a computadora.

Para facelo dende a consola (ou a terminal no seu caso) escribimos:

# shutdown -r now

No seguinte arrinque comprobamos que agora no GRUB temos unha nova opción co derradeiro núcleo (kernel).

Arrincamos con este novo núcleo (Xa é o que se nos presenta por defecto) e como é moi probable que o dispor dun novo núcleo en execución teñamos algunha actualización máis dispoñible, abrimos unha terminal, ou como dixen antes, preferiblemente sin entrar en contorna gráfica, unha consola ([Ctrl]+[Alt]+[F2]) e executamos

# aptitude -y dist-upgrade

Si no sucesivo acontece como agora, teremos novas actualizacións o noso dispor, así que vamos seguir "bordando" a nosa instalación.

Ventá de configuración de hddtemp.

Lémola con detenimento e obramos en consecuencia, normalmente aceptaremos a proposta de <No> premendo en [Enter]. Si fose do noso interés activar este "demo", por exemplo si vamos a utilizar gkrellm ou unha ferramenta similar, premeremos a tecla de cursor a esquerda [←] ou o tabulador, cambiando a selección a <Sí> e premendo [Enter] a continuación.

Recordade, si vos aparece novamente a pantalla de identificación para entrar a contorna gáfica so deberedes premer [Ctrl]+[Alt]+[F2] e deixar continuar o proceso.

Cando remate leeremos:

There are now 3 updates [-12]

Na actualidade hai 3 actualizacions

e a liña de ordenes valeira

executamos novamente:

# aptitude -y dist-upgrade

Recordemos que premendo o cursor arriba [↑] volvemos a mesma orden anterior.

Agora leeremos:

There are now 2 updates [-1]

e a liña de ordenes valeira

executamos novamente:

# aptitude -y dist-upgrade

e novamente leeremos:

There are now 1 updates [-1]

e a liña de ordenes valeira

executamos novamente:

# aptitude -y dist-upgrade

Parece que xa vai a rematar, agora leemos:

There are now 0 updates [-1]

e a liña de ordenes valeira

por precaución (paga a pena perder uns segundos de tempo) executamos novamente:

# aptitude -y dist-upgrade

Entre outras cousas dinos o sistema:

No se instalará, actualizará o eliminará ningún paquete
0 paquetes actualizados, 0 nuevos instalados, 0 para eliminar y 0 sin actualizar

Con esta mensaxe damos por finalizada a actualización.

Esta última secuencia de actualizacións pode ser distinta en datas futuras, estoume a referir ó acontecido no momento da miña última proba. de feito na actualización da opción con escritorio Kde, neste momento, hai que facer unha vez máis a orde # aptitude dist-upgrade

Agora é o momento de facer (alomenos) un reinicio gráfico (Ctrl+Alt+BackSpace←), ainda que recomendo un reinicio total.

Se estamos a empregar Xfce, cando reingresemos é probable que Xfce non esté xestionando o escritorio, non veremos as iconas no mesmo e o premer o boton dereito do rato non desplega os menús. Para cambiar esta situación, diriximosnos a MenúConfiguraciónConfiguración del escritorio, e na ventá que nos abre, arriba de todo, veremos sin marcar a caixiña coa lenda Permitir que Xfce gestione el escritorio, marcámola (facendo click na caixiña) e pechamos a ventá.

No futuro deberemos recordar que Debian libera actualizacións semanalmente (xeralmente os luns) agás en datas de festas coma o Nadal, así que considero boa idea que periodicamente (cada 15 días máis ou menos) executemos as ordenes

# aptitude update
# aptitude upgrade

Hai quen recomenda que no canto de upgrade se utilice dist-upgrade, eu é o que fago ainda que non teño moitos argumentos a favor desta opción, empregoa porque sempre me deu bos resultados e eso é o que conta para min.

No caso de Xfce si prefires "Synaptic" selecciona "Marcar actualizacións" e aplicalas. Ainda que tamén podes empregar algunha ferramenta de gnome como "update-manager" que xa avisa cando hai algunha actualización dispoñible.


Configuracións específicas para Xfce.

Permisos para reiniciar e apagar.

Tal e como se instala Xfce non nos vai permitir apagar e reiniciar a máquina como "usuario", so permite facelo como administrador/root, así que vamos a facilitarlle os permisos ós usuarios para que poidan apagar e reiniciar.

Como administrador/root editamos:

# visudo

óu

# nano /etc/sudoers

Engadir ó final a seguinte liña:

ALL ALL=(ALL) NOPASSWD: /usr/sbin/xfsm-shutdown-helper

ou facemos o seguinte en terminal:

# echo "ALL ALL=(ALL) NOPASSWD: /usr/sbin/xfsm-shutdown-helper" >> /etc/sudoers

e xa queda a liña engadida.


Instalar un xestor de redes inarámicas.

Si o equipo en un sobremsa (Desktop) recomendo que non ocupemos o sistema con xestores e fagamos a configuración da rede de casa ou da oficina no propio ficheiro /etc/network/interfaces. Si do que estamos a falar é dunha computadora portátil, enton si que ten sentido falar dun "xestor de redes inarámicas".


Network manager

Para a xestión de redes inarámicas, sobor de todo o "xeito itinerante", podemos instalar NetworkManager, teñamos en conta que ten dependencias de Gnome e polotanto é algo pesado.

# aptitude -r install network-manager

Ordenamos a instalación dos paquetes recomendados e así xa instalará por dependencias o resto de aplicacións necesarias

Unha vez rematada a instalación, para lanzalo utilizamos a orden

$ nm-applet

Esta será tamén a orden para que esta aplicación arrinque no inicio, pero teremos que crear a orde adoitada, co botón dereito sobre o fondo do escritorio ou premendo co esquerdo no "Menú Xfce", abrenos o menú de aplicacións e seguimos a secuencia:

Menu → Configuración → Aplicaciones para autoarranque

[Añadir]
Nombre: Gestor de redes NetworkManager
Descripción:
Orden: nm-applet
[Aceptar]

No próximo inicio (ou reinicio) xa teremos no panel superior (si mantemos a configuración por defecto dos paneis) a dereita de todo, a icona do NetworkManager.

Non esquezamos que o xeito máis efectivo de lanzalo é coa combinación de teclas [Alt]+[F2] e a orden nm-applet, xa que si optamos por lanzar sempre o demo rodando en segundo plano estará consumindo recursos ainda que non o precisemos.


Wicd

Si queremos unha ferramenta máis lixeira que ainda que emprega Gtk non ten dependencias de Gnome podemos instalar Wicd, xestiona redes por cabo e inarámicas, permite multiples configuracións e acepta encriptación WPA.

Para instalalo antes de nada engadimos na lista de repositorios /etc/apt/sources.list a liña:

deb http://apt.wicd.net debian extras 

Executamos:

# aptitude update
# aptitude -y install wicd

Pediramos que confirmemos a instalación dun paquete sin autentificar por firma gpg, escribimos:

Co "S" maiúsculo e co tilde no "i" (en galego sin o tilde)

Instalará como dependencias, entre outras cousas "wpasupplicant" e "wireless-tools"

Verificamos que o ficheiro /etc/network/interfaces conten so as seguintes liñas activas

auto lo
iface lo inet loopback 

Se hay referencia a calqueira outra configuración de dispositivos, ou os borramos ou os comentamos (engadindo no inicio das liñas #)

E logo reiniciamos a rede con

# /etc/init.d/networking restart

e iniciamos o demo de wicd con

# /etc/init.d/wicd start

Unha vez rematada a instalación, para lanzalo utilizamos a orden

$ /opt/wicd/tray.py

Para que este xestor arrinque no inicio co Xfce temos que crear a orde adoitada, co botón dereito sobre o fondo do escritorio ou premendo co esquerdo no "Menú Xfce", abrenos o menú de aplicacións e seguimos a secuencia:

Menu → Configuración → Aplicaciones para autoarranque

[Añadir]
Nombre: Gestor de redes Wicd
Descripción:
Orden: /opt/wicd/tray.py
[Aceptar]

No próximo inicio (ou reinicio) xa teremos no panel superior (si mantemos a configuración por defecto dos paneis) a dereita de todo, a icona do Wicd


Outras aplicacións imprescindibles en Xfce.

Algo que me parece que é fundamental, un xestor para arquivos comprimidos, específico de este escritorio.

# aptitude install xarchiver thunar-archive-plugin


Engadir "Menú Debian" no desplegable de menús

Editamos como "usuario" o arquivo ~/.config/xfce4/desktop/menu.xml e engadimos o seguinte:

<menu name="Menú Debian" icon="/usr/share/pixmaps/debian-logo.png">
     <include type="file" src="menudefs.hook" />
</menu>

Eu engadino xusto debaixo de "Configuración", concretamente despois da línea </menu> que lle corresponde e antes do "separador" <separator/>, cada quen que o coloque ó seu xeito.


Limpeza final

Procedemos a limpar todolos paquetes que foron descargados e que xa non precisamos

# aptitude clean

Agora limpamos todolos paquetes orfos que poidera haber no sistema

# deborphan | xargs aptitude remove --purge -y

Esta orden repitiremola (lembrade [↑] frecha arriba de cursores) ata que nos devolva unha mensaxe así:

0 paquetes actualizados, 0 nuevos instalados, 0 para eliminar y 0 sin actualizar

Ó cabo duns días, unha vez comprobado que o novo núcleo funciona doadamente limpamos o núcleo antigo.

O primeiro é confirmar as versións dos núcleos instalados

# dpkg --get-selections | grep linux-image

devolverá unha información igual ou semellante a seguinte

linux-image-2.6-686
linux-image-2.6.18-6-686
linux-image-2.6.22-3-686

anotamos o nome da versión máis baixa, neste caso "linux-image-2.6.18-6-686" e procedemos a desinstalalo.

# aptitude remove --purge linux-image-2.6.18-6-686

E con iso xa nos queda desinstalado e modificado o GRUB.


Miguel A. Bouzada mbouzada[en]gmail[punto]com, para GALPon.org.

Publicado baixo dereitos CopyLeft GNU/FDL.

--miguelbf 21:52 28 mar 2008 (CET)

Revisador por --Boube 12:20 29 mar 2008 (CET)