Introdución ao concepto de «control paterno»

De GALPon WiKi

O control paterno nos aparatos electrodomésticos, normalmente naqueles destinados á reproducción ou recepción de imaxes e información; consiste en impedir, ou limitar o acceso ao manexo dos mesmos, ou ao seu contido a menores de idade. Isto realizase mediante unha serie de sistemas de bloqueo, normalmente protexidos mediante contrasinais, ben alfanuméricas, ben mediante unha combinación de teclas, que realizan os responsables legais do menor, normalmente os seus pais, ou os adultos responsables do uso da correspondente máquina.

O acceso á información procedente da Internet é unha das cuestións de control paterno máis discutidas e usadas xa que moitos dos contidos da rede non son adecuados para os menores de idade. Os programas de navegación adoitan incorporar potentes páxinas de configuración para proceder á realización deste control de contidos.


Cando e porqué

Nunha escola, centro civico/social, etc...

Entendemos que nun centro destas características non é doado, e moitas veces imposible, facer un seguimento e control das actividades dos nenos/mozos, ou de adultos insensatos. Co que a adopción de métodos de control de acceso a contidos web pode incluirse dentro do apartado de protección xeral (como os antivirus, etc...) con dúas finalidades:

  • Protexer o software e o hardware.
  • Protexer a un/ha cativo/a que poida vir despois e empregar esa mesma máquina.

Neste caso recomendo que non se empregue un «paquete» estándar, comercial ou libre, senón que o(s) administrador(es) se tome(n) un pouco de tempo e fagan un filtro á medida, por exemplo empregando Squid, DansGuardian e SARG ou ben só DansGuardian.

Hai tamén dispoñible «hardware» específico para estes usos como SmoothWall que empregan DansGuardian.

Empregando o software se SmoothWall (que é libre) e un vello computador que teñamos retirado, podemos construir un dispositivo de devasa e pasarela.

Tamén hai distribucións libres como IPCop, que traballan como devasas e como pasarelas, moi doadas de instalar e configurar.

Na casa

Cando falamos do control na casa, debemos distinguir dous posibles escenarios, o equipo da familia e os equipos individuais ou personais.

Cada vez é máis frecuente atoparse con rapaces novos que teñen o seu propio computador, e cada vez estes rapaces son máis novos. Aí radica un dos problemas máis importantes, xa que o concepto de «propiedade» confire uns dereitos e unhas obrigas, pero na maioría dos casos os rapaces non teñen os coñecementos ou a formación precisa para ser responsables das súas obligas. Por elo nos pensamos que ata que un rapaz ou rapaza non sexan responsables, non deben ter un computador de seu. e deberian, dado o caso, ser só usuarios dun equipo en concreto.

Este é un escenario que ven agora a verse incrementado co proxecto do goberno «Escuela 2.0» que deixa nas mans dos pais e dos mestres a responsabilidade da formación dos nenos e mozos cara a que poidan cumprir coas obligas que isto conleva de xeito responsable. por elo pensamos que un equipo cedido en uso a un menor debe cumplir cunha serie de requisitos:

  • Estar configurado cunha conta de administrador restrinxida ao menor
  • Ter configurada unha conta de usuario consonte ás características de idade e formación do menor
  • Ter instaladas as ferramentas precisas para poder desenvolver o seu traballo, e de ser preciso instalar algunha outra, este traballo deberá facelo un adulto que dispoña de acceso á conta de administrador.

Moitas veces consideramos unha bendición as modernas redes sen fíos de acceso á Internet, a sonada WiFi. Pois ben, isto o que fai e permitir que os nenos e mozos se conecten librem,ente sen control nen resticción ningunha e que poidan acceder ás agachadas á Internet. É por iso que nos consideramos que as redes sen fío deben ser sempre pechadas con contrasinais e que estes contrasinais non deben ser coñecidos polos menores. E non esquezamos que se fan un mal uso, calquera trapallada, esta será responsabilidade do titular da liña, incluso pode chegar a ser responsabilidade penal.

Si, xa sei, é unha lata o de ter que estar todos os días a escribir nos os contrasinais nos computadores dos nosos fillos (é fundamental que cando se faga isto nos aseguremos de que o contrasinal non quede memorizado no sistema operativo), Pero por moi molesto que nos resulte, é o que deberemos facer, ou estaremos en risco de que os rapaces e rapazas poidan conectarse as agachadas. Na casa defendemos nos, debe haber conexíons con fíos, as chamadas «ethernet» e sempre en espazos de uso común, e de haber algo como un cuarto de escritorio no que traballa(n) o(s) pai(s), este espazo debe estar vedado aos menores cando non estea nel un adulto.

Que porqué falo de conectarse ás agachadas? pois moi simple, os menores non deben, baixo ningún concepto, empregar os computadores en espazos que non sexan comúns, non, alomenos, para conectarse á Internet.

Equipo «da casa»

Recomendacións básicas que os pais deberían ter en conta sobre os computadores da casa:

  1. Tente aprender o funcionamento básico dos computadores e da Internet.
  2. Saiba sempre o que os seus fillos están facendo no computador. Pregúntelles.
  3. Teña o computador con conexión a Internet nalgún lugar onde adoite haber xente, como o cuarto de estar, etc... Non o teña no cuarto do menor onde vostede non saiba que esta facendo.
  4. Vixíe o tempo que esta conectado, Estableza tempos de conexión.
  5. Limite o acceso a áreas e contidos específicos cos programas de protección.
  6. Se son pequenos non lles permita entrar nas salas de conversas (chats) ou canles de conversación sen estar un adulto presente.
  7. Lea as mensaxes que reciban os seus fillos de descoñecidos.
    Teña unha lista dos enderezos de correo dos amigos dos seus fillos para non lelos.
  8. En caso de acceso mediante liña de teléfono convencional controle a súa factura do teléfono.
  9. Non permita que os seus fillos queden nunca con alguén que coñeceron por Internet, aínda que sexa outro neno e lle enviara unha foto.
  10. Anime aos seus fillos a que lles conten a información estraña ou ameazadora que atopen ou lle sexa enviada por Internet. Se a vostede parécelle delituosa ou especialmente perigosa pode facérnolo saber e orientarémoslle.
  11. Consiga que os seus fillos utilicen contas de correo gratuítas. Estas conséguense facilmente en moitos sitios de Internet e para ter acceso a elas non se debe facilitar ningún dato do menor que logo poida servir para revelar a súa identidade.
  12. Non contrate servizos en provedores de Internet que lle fornezan un IP fixo, xa que isto faría doado localizar ao menor cando esta navegando ou obter datos importantes sobre el. Contrate preferiblemente servizos de Internet cun IP dinámico (é o que ofertan normalmente os provedores, e é máis económico).

A isto engadiríamos, que cada usuario teña a súa conta de usuario, sen privilexios de administración, en todo caso, polo menos unha conta para os pais, que seran os que teñan privilexios de administrador, unha conta para menores de 12 anos, unha conta para os de 12 a 16 anos e outra conta para os maiores de 16 anos.

Se na casa deixamos habitualmente aos picaros baixo o coidado dos seus hirmáns maiores, pero non tan maiores como para ser considerados adultos responsables ou cos avós (que supomos analfabetos tecnoloxicos) ou con empregados domésticos, entón é cando deberemos configurar estas contas de usuario con sistemas de control paterno consonte a súa idade

Equipo do/a cativo/a ou mozo/a

Eu son partidario de que un rapaz ou rapaza, ata que comeza os estudos superiores non debe ter un computador de seu e que os equipos do proxecto «Escuela 2.0» deben estar configurados cunha conta de usuario sen privilexios, para uso dos rapaces. Calquera outra posible configuración non é senon unha deixación de obligas e pór aos rapaces en risco.

O blogue Escuela 2.0 de Asturias, adica varios traballos sobre o tema, interesanos neste caso Seguridad en internet y familia, que traducimos a seguir:

Seguranza en Internet
Un dos aspectos máis novedosos do proxecto «Escuela 2.0» é a súa dimensión social e, en particular, a implicación das familias dos alumnos, tanto na custodia como no uso dos mini portátiles dos seus fillos. «Escuela 2.0» ofrecenos unha boa oportunidade para promover entre todos unha educación dixital segura e responsable, e para que o seu uso adecuado se extenda a outros dispositivos dixitais ao alcance dos menores.
Todos temos oído falar dos riscos que Internet supón para os nenos e mozos, das adiccións, dos excesos no horario de permanencia ante a televisión, o computador ou as consolas de xogos, do uso abusivo do móbil. Para paliar estes efectos negativos resulta imprescindible a colaboración das familias en aspectos como:
  • Supervisar o uso do equipo por parte do alumno para que se realicen as tarefas encomendadas polos profesores.
  • Favorecer o diálogo cos menores para ter coñecemento dos seus hábitos dixitais e, en especial, dos webs e redes sociais que frecuentan, sobre todo en relación coa difusión de datos personais, fotos ou vídeos.
  • Fomentar o uso educativo da Internet e o respecto na rede, da misma forma que na vida real.

Como

Moitos pais, considerandose analfabetos tecnolóxicos, delegan a súa responsabilidade neste eido nos fillos maiores ou nun parente ou amigo. Isto a priori non ten que ser un comportamento rexeitable, agás que esos «asesores» non sexan «maiores abondo». Explicome, non é o mesmo un fillo ou un sobriño de vintetantos (mellor de vintetantos largos), adulto responsable, que un «rapaz maior» de 15 ou 17 anos que non pode ser considerado «adulto responsable». E non nos xustifiquemos con «...e que é un rapaz moi responsable...» por moi maduro, serio e formal que poida ser, nunca terá a experiencia e a picardía que dan os anos, a experiencia vital.

Extraido dun comentario de Josep casanovas en alzado.org

...
Os nenos non saben de computadores
Aínda que o computador formou parte da vida cotiá dos nosos tres fillos, non pasaron de ser meros usuarios, espléndidos, pero só iso, usuarios. Así que nosoutros temonos encargado de configurar, arranxar, ampliar, protexer e administrar calquera computador, módem, proxy ou aparello cibernético que entrara no soso fogar.
Contra a creencia xeral, os nenos de hoxe en día non son expertos informáticos, son usuarios que poden utilizar un computador ben ou mal. A maioría dos nenos que dispoñen de computador na súa casa saben tanto de computadores como o que sabiamos nosoutros na nosa infancia de televisores, estéreos e casetes, ou sexa, nada, só saben utilizalos.
Os nenos sempre premen «OK»
Se algo non teñen os nenos é paciencia, cando desexan algo, ten que ser xa. Non nos ten que extrañar pois que os nenos preman sempre no botón «OK» ou o que compra con tal de seguir adiante. Engadamos a isto que a maioría de mensaxes resultanlles incompresibles e que teñen interiorizado que a maior parte das veces o botón «OK» é o correcto.
Con este comportamento, corren o risco de exporse a contidos inapropiados e debilitan a integridade do noso sistema informático doméstico. Para evitar isto, en casa temoslle pedido que nos avisen sempre que lles apareza algunha mensaxe que non entendan.
...

Diferentes tipos de ferramentas

É este un eido no que, a pesares se seren unha problematica recente, temos centos de ferramentas ou «utiles» dispoñibles, so temos que facer unha busca na Internet con "control parental paterno". Tentando facer unha escolla para indicar cales serian as máis recomendables, atopome coa imposibilidade de probalas todas, polo que farei unha exposición global sobre elas e centrareime despois nas que coñezo persoalmente e das que darei a miña impresión, na que non todos, con toda probabilidade, concordaran.

Temos, nun principio dous grandes grupos:

  • As de pago, todas elas «privativas».
  • As de balde, unhas totalmente de balde e outras con «melloras» de pago.
    • Dentro das de balde, témolas «privativas» e «libres»

As privativas son ferramentas cuio código non está dispoñible e polo tanto, ao non seren «auditables» non sabemos que é o que fan realmente, que información capturan e como a usan.

As libres son ferramentas das que temos acceso ao seu código, polo tanto si son «auditables» e sabemos como traballan, que información capturan e que fan con ela.

Clasificamolas tamém pola estrutura de «filtrado». Normalmente empreganse listas negras (blacklist) de URL e de palabras

categoría de lista negra.
E, adoitan permitir as seguintes combinacións:

  • URLs destino, exemp: http://porn.com/downloads/free/
  • URLs destino, exemp: http://porn.com/downloads/free/
  • Nomes de dominio DNS destino, exemp: dl.fileshare.com
  • Enderezos IP, exemp: http://18.1.3.22/downloads/
  • Expresións regulares para os URLs destino, exepm: .mp3, .torrent, .rar, .avi
  • Tipos MIME para contido multimedia: audio/mpeg, application/x-messenger, application/x-flv
  • Control de acceso para peticións e respostas HTTP: POST, GET
  • Para o filtrado por palabras adoitan empregarse os listados fornecidos por DansGuardian Phraselist que se corresponden coas de «The Phrase Master».

Outro factor importante é en que plataformas pode empregarse, hainas exclusivas para Window$, para Linux e hainas tamén multiplatafrma. Normalmente as multiplataforma están vencelladas (como complementos ou extensións) ao navegador Firefox, e como este navegador está dispoñible para calquera plataforma, a maioría dos complementos/extensións tamén o son.

Podemos agrupalas tamén pola estrutura técnica básica, que comento en detalle despois deste apartado en as Ferramentas globais e as Ferramentas locais.

Para nos a escolla está clara, primeiro valoramos o feito de que sexan libres e despois de balde

Existe un tipo de ferramentas mal chamadas «navegadores para nenos», como é o caso de KidZui. Se ben é un complemento do navegador Firefox, este complemento o que fai é establecer conexión só co sitio predeterminado por KidZui, no que se desenvolven un feixe de actividades, pero estas actividades están todas, ou no propio sitio ou ligadas por el, nin o neno nin nos poderemos obter outro contido que non estea predefinido «dentro» dese sitio. É polo tanto un «servizo na web».

Aos contidos deste sitio, en principio, non se lles pode poñer chata ningunha desde o punto de vista de idoneidade por idade (outra cousa sería desde o punto de vista ideolóxico). Pero na nosa opinión ten varias eivas, a saber:

  • Emprega unha tecnoloxía «sonada» por ter moitos erros de seguranza, portas traseiras, etc... como é Adobe AIR.
  • O emprego desta mesma tecnoloxía obriga a dispor de computadores potentes e dunha boa conexión de rede a Internet.
    • Nas nosas probas comprobamos que necesita:
      • procesadores de máis de 3.000 ciclos
      • unha memoria RAM de non menos de 2 GB
      • unha conexión de rede de alomenos 3 MB
  • Só está dispoñible en inglés
  • Incluso as opinións positivas considerano adictivo.

Esta páxina ten un límite de contidos na versión de balde para obter máis contidos hai que pagar unha cota de membresía.

Nota: En breve estudaremos o navegador «Zak» e informaremos del, mentres deixamosvos unha liza.on a uns vídeos en Youtube

Ferramentas globais (en rede)

A este grupo pertence a maioría dos aplicativos fornecidos por compañias de seguranza (antivirus) especialmente para contornos Window$. Unha grande maioría é de balde.

Tamén a este grupo pertencen os servizos fornecidos polos provedores de Internet, que saibamos tres operadoras españolas dispoñen del.

  • Movistar que dispon dun servizo independente chamado Canguro Net
  • Orange e R que dispoñen do servizo como parte dun paquete de seguranza na rede

Este servizo, nos tres operadores, ten un custo extra na factura mensual.

Os aplicativos en rede traballan sobre a seguinte base:

  1. Eles dispoñen nos seus servidores dun sistema de filtros.
  2. Facemos un rexistro, fornecemoslle os nosos datos, confiamoslle (a unha empresa multinacional) a nosa información privada.
  3. Configuramos as características do que queremos que se lles permita ou impida facer.
  4. Nos (os nenos) conectanse aos seus servidores e eles deciden por onde os deixan navegar.
  • Nota: Todas as conexión pasan por estes servidores, co que a empresa que fornece o servizo rexistra absolutamente todo o noso tráfico por Internet.

Pertencen ao que se coñece como «ferramentas en liña».

Sobre este tipo de ferramentas témonos atopado con consellos en blogues sobre seguranza ou de pais/educadores con autenticas barbaridades. Poño un exemplo:

  • Rede social para nenos, da que leemos
...
En Totspot podrán hacerlo, con la tranquilidad de que los perfiles solo podrán ser vistos por la comunidad, y los chicos podrán ser contactados únicamente por otros miembros, pero la autorización para ello podrá ser dada por el mayor que ha registrado al usuario en la red social. O se puede predeterminar el perfil para que solo pueda ser visto por los contactos ya autorizados de los niños.
De ese modo se anula una de las principales preocupaciones de los padres, que es la de la actividad social indiscriminada de sus hijos en la red.
...

A vista dese comentario, para analizar esta ferramenta, entramos nesa rede social e atopamonos co seguinte:

1-TotSpot.png

Sorprendente, cando menos, pregunta se ten unha conta en Facebook, co que ao ligala, toda a seguranza verase «comprometida» pola de Facebook, e dicir, se un amigo de Facebook liga cos contidos en TotSpot, os contidos de TotSpot pasan a ser accesibles desde Facebook. Preguntamonos... onde vai pois a pretendida seguranza? e coa mesma deixamos de lado a posibilidade de analizala xa que creemos que isto e unha eiva perigosa nesta ferramenta. Do que se decuce, cando leamos algunha opinión favorable ou non, non deberemos nunca tomala como referencia absoluta, deberemos comprobala nos mesmos, ou pedir consello.

Ferramentas locais (na propia máquina)

Nota de especial interés

Antes de nada advertir de que ningún sistema e quen de ser totalmente eficiente. Non debemos esquecer que cada pouco os agresores cambian de técnicas e que os métodos de protección van sempre atrás deles.

Quixera salientar que deberemos ter especial coidado á hora de evaluar as promesas que fan na súa publicidade os aplicativos comerciais, tentaran facernos creer sempre que a súa ferramenta é a definitiva. A fin de contas, só lles interesa ter ventas, e cantas máis mellor.

Indicar que a ICRA (Internet Content Rating Association ─ Asociación de Clasificación de Contidos da Internet) só recomenda dous aplicativos, un «gratuito» fornecido por unha asociación non lucrativa e outro comercial (de pago) fornecido por unha empresa de seguranza.


As miñas recomendacións personais

O mellor control paterno para Internet é ningún, explicome, moito mellor que calquera programa é un pai ou unha nai atento aos recursos que utiliza un neno da Internet.

Non creo que sexa beneficiosa a prohibición de Internet, o prohibido sempre atrae e corremos o risco de crear un analfabeto dixital. Ademais os nenos con tal de levar a contraria utilizan todo o seu enxeño, que non é pouco. Enganalos creando un perfil ficticio para conseguir que che acepte nunha rede social e poder controlalos pode ser unha decisión aínda peor. Non quero imaxinar cal houbera sido a miña reacción se meus pais fixeran algo así.

Se lle aprendemos (polo menos ao principio) que Internet é unicamente un grupo de ligazóns, anteriormente supervisados por un adulto, o neno ou nena só usara estes e para el Internet sera iso.

Se o neno necesita Google deberemos activar o Safesearch nas preferencias de busca de Google.

Se necesita unha conta de correo esta debe estar sempre supervisada por nos, debemos ser nos quenes teñamos os contrasinais e non eles, e como consello fundamental, obter a conta en servizos gratuitos que non pidan datos personais.

É inevitable que unha das primeiras cousas que busquen en Google sexa «teta» «pito» «coño» e demais palabras, as que todos temos buscado a primeira vez que caíu unha enciclopedia nas nosas mans, se a busca se realiza cun adulto, mellor.

Por iso, aínda que soe tópico, o diálogo é a mellor solución, non hai que prohibir senon educar. Sentate a falar co teu fillo sobre os perigos da Internet, conseguir que che acepte na súa rede social sen enganos de por medio é a solución soñada.

Unha interesante reflexión na páxina Internet&Familia do goberno do Principado de Asturias

...
No canto de meter medo, educar. No canto de prohibir (e converter as redes sociais en obxecto de desexo), aprender. Segundo o diario Spiegel de Alemania as autoridades educativas do país están preparando unha aula sobre intimidade na que se lle aprenda aos mozos como manexar a súa identidade dixital en sitios como Twitter e Facebook.
...

--miguelbf 10:28 25 ago 2010 (UTC)