Formatar os dispositivos de memoria USB, cartóns SSD etc.. e/ou modificar a súa etiqueta de volume

De GALPon WiKi
Saltar a: navegación, buscar

Os que temos necesidade de manexar varios dispositivos USB e/ou cartóns SSD, normalmente témoslle apego a algunha marca e sule molestarnos o ter montados dous ou máis dispositivos co mesmo nome, ademais moitos utilizamos dispositivos en formato decente (léase ext2).

Como non é algo que fagamos habitualmente temos que rebuscar nas nosas notas ou pornos a navegar, así que tratei de reunir todas as instrucións e posibilidades nunha soa páxina.

Información previa

Debemos ter instaladas as seguintes utilidades

  • mtools
  • e2fsprogs

Nas distribucións actuais adoitan vir instaladas de forma predeterminada. Se non fose así, instalámolas cun sinxelo

$ sudo ou # apt-get install mtools

ou

$ sudo ou # apt-get install e2fsprogs

ou

$ sudo ou # apt-get install mtools e2fsprogs

segundo que utilidade nos interese, ou ambas.

Descubrindo a nosa unidade

Para coñecer o nome da unidade

$ df -h -T

Outra opción

$ sudo ou # fdisk -l

nomes posibles

sda1
sdb1
sdc1
sdd1
etc...

Debemos desmontar a nosa unidade de memoria, ben en modo gráfico ou desde terminal

$ sudo ou # umount /dev/nome_unidade

Procedemos...

Só formatar

  • ext2
$ sudo ou # mkfs.ext2 /dev/nome_unidade
  • ext3
$ sudo ou # mkfs.ext3 /dev/nome_unidade
  • fat32
$ sudo ou # mkfs.vfat /dev/nome_unidade
  • ntfs
$ sudo ou # mkfs.ntfs /dev/nome_unidade

Fotmatar e pór/cambiar etiqueta

  • ext2
$ sudo ou # mkfs.ext2 -L etiqueta /dev/nome_unidade
  • ext3
$ sudo ou # mkfs.ext3 -L etiqueta /dev/nome_unidade
  • fat32
$ sudo ou # mkfs.vfat -n etiqueta /dev/nome_unidade
  • ntfs
$ sudo ou # mkfs.ntfs -L etiqueta /dev/nome_unidade

Só cambiar a etiqueta

  • ext2 e ext3
$ sudo ou # e2label /dev/nome_unidade nova_etiqueta
  • vfat
$ sudo ou # mlabel -i /dev/nome_unidade -s :: etiqueta
  • ntfs
$ sudo ou # ntfslabel /dev/nome_unidade nova_etiqueta

Para esta última opción ntfslabel necesitamos ter instalada ntfsprogs

Notas sobre ntfsprogs

NTFSprogs: Administrador de particións NTFS desde Linux ntfsprogs é un paquete linux que contén unha ampla colección de utilidades que nos permiten traballar con particións NTFS.

Este paquete é habitual que estea nos repositorios, así que se tedes unha distribución Debian ou baseada en Debian, non tedes que facer máis que un apt-get install para instalalo.

 $ sudo ou # apt-get install ntfsprogs

Tamén podedes descargar o código fonte para instalalo: http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_ide=13956&package_ide=14232 Utilidades que contén este paquete:

  • ntfsfix Tal e como di a axuda, ntfsfix é unha utilidade que soluciona algúns problemas comúns en volumenes NTFS.
  • mkntfs Formatar unha partición co sistema de arquivos NTFS.
  • ntfsinfo Ver informacion detallada de volumenes NTFS.
  • ntfslabel Ver e cambiar a etiqueta de volume dunha partición NTFS.
  • ntfsresize Redimensionar un volume NTFS de forma non destrutiva, movendo de forma segura calquera dato se é necesario.
  • ntfsundelete Rrecuperar arquivos eliminados dunha partición NTFS.
  • ntfscluster Identifica ficheiros nunha rexión específica dun volume NTFS.
  • ntfscat Amosa en pantalla ficheiros de volumenes NTFS sen montar a partición.
  • ntfsls Lista o contido de directorios sen montar a partición.
  • ntfscp Para copiar ficheiros nun volume NTFS.
  • ntfsclone Para clonar volumenes NTFS ou unha parte deles.

Para coñecer o formato da orde, en cada caso buscar na terminal coa orde:

$ man utilidade

onde utilidade é cada unha das utilidades descritas máis arriba, por exemplo: man ntfslabel