Desenvolvemento web, PHP, HTML5, Symfony2

De GALPon WiKi
Saltar a: navegación, buscar

PROPOSTA XORNADAS «SYMFONY2» EN GALICIA

Desenvolvemento web, PHP, HTML5, Symfony2.

O presente documento está orientado a propor a realización dunhas xornadas sobre o novo «framework» Symfony2, coas que encamiñarse a crear un interese común polo uso dun «framework» completo como é Symfony2; e a fomentar o desenvolvemento de proxectos máis robustos, flexibles e completos inherentes a utilización dun «framework» coma este.

Deste modo proponse a realización dunhas xornadas de symfony2 en Galicia coa posibilidade de ter relatores tanto da zona, como a nivel nacional, ou incluso algún relator internacional relacionado estreitamente co proxecto que poida ademais axudar a atraer tanto ós participantes coma ós colaboradores e patrocinadores.

Beneficios do uso dun «framework»

  • Facilitar a creación dun aplicativo áxil, seguro e escalable.
  • A estrutura básica de todos os proxectos web é moi semellante.
    • Deixar de facer tarefas repetitivas.
    • Desenvolvemento baseado nas boas prácticas.
    • O programador dedícase máis tempo e esforzo os fitos que realmente importan no desenvolvemento do novo aplicativo.
  • Unha das vantaxes que o mellor pasa máis desapercibida é que o seu uso facilita enormemente a incorporación de novos colaboradores para a empresa, xa que a metodoloxía estándar e as boas prácticas dunha empresa non dependerán do cadro no que o programador traballa. Desta forma, o proceso de adaptación dunha nova persoa para o equipo de desenvolvemento é máis sinxelo e máis rápido.
  • E para os desenvolvedores aumenta a súa capacidade de mobilidade.

Symfony2, o proxecto do momento

Symfony2 é un «framework» de desenvolvemento web PHP, mais tamén é unha filosofía de traballo e unha comunidade próspera. Symfony 2 fornécelle ós desenvolvedores unha forma de traballo estruturada que engade valor o seu traballo podendo definirse nun perfil de mobilidade máis ampla.

Porque deberíamos atender a Symfony 2.

Máis rápido. A xeito de comparanza Symfony2 é 3 veces máis rápido que a versión 1.4 ou de que o «framework» Zend 1.10 xa que ocupa 2 veces menos memoria.

Flexibilidade ilimitada. A súa inxección de dependencias e a forma de manexar as actividades é totalmente configurable.

Escalabilidade: Todo é un paquete e cada un deles está deseñado para engadir funcionalidade ó marco coa finalidade de podelo reutilizar noutro proxecto ou para compartir co resto da comunidade.

Ademais inclúe na documentación como implementar «controllers», plantillas, testing (PphUnit 3.5.13), formularios, validación, seguridade, inxección de dependencias, etc … Polo que está ó noso dispor material abondo para realizar unhas interesantes xornadas e incluso basealas nun proxecto de exemplo.

Algunhas novas a ter en conta e así coñecer como vai avanzando symfony2 son [9]:A completa reescritura do sitio web en Symfony2O desenvolvemento Symfony2 inclúe foros, enquisas, Q&A, artígos, blogues, e-commercio ...Uso de Doctrine2 ORM (Mongo) Creación dun dos primeiros sitios comerciais en Symfony2. (http://www.exercise.com/, http://symfony.com/, etc.)

Obxectivos

  • Dar a coñecer o «framework» e crear interese na súa utilización.
  • Xeración de comunidade arredor de symfony2. Con vistas á creación de «meetups» periódicas.
  • Coñecer as necesidades tanto das empresas como dos profesionais con respecto a súa formación neste ferramenta.
  • Coñecer empresas a nivel nacional, realización de «networking» e crear unha iniciativa de colaboración profesional.

Existe interese?

Desymfony en Castellón: todo un éxito

Unha mostra do interese e do que se ven a realizar arredor de symfony2 son as xornadas en Castellón [1] realizadas os pasados días 1,2 3 de xullo do 2011, as cales resultaron un éxito con arredor de 170 asistentes, superando as do ano anterior [6].

As xornadas finalizaron cunha mesa redonda onde se comentou a continuidade das xornadas e a posible realización destas en lugares distintos, e cunha frecuencia de dúas veces ó ano.

Tamén se mostrou a inquietude en contar coa participación dalgún desenvolvedor implicado directamente no proxecto ou o propio Fabien Potencier.

Unha mostra do rotundo éxito das xornadas en Castellón e do ben que foron valoradas, está presente e pódese comprobar seguindo a actividade en twitter #desymfony.

Unha comunidade activa

Tamén existe unha gran e activa comunidade de fala hispana como se pode ver en symfony-es [3] e na proposta de realización dunha xuntanza o 2 de Abril en Caracas [7] ou o novo «meetup» sobre symfony2 en Madrid [2] realizadas por Alfonso Alba Garcia, o cal é un integrante e organizador moi activo da comunidade, e que xa mantivo informada á comunidade sobre as xornadas realizadas en París a través do twitter.

E non podía ser menos tamén atopamos gran movemento en twitter [8] no que moitos dos interesados seguiron as conferencias de Paris [4] e San Francisco [5] a través desta ferramenta.

Existe unha comunidade activa (listas de correo, IRC, etc) e existen empresas de moitos outros sectores e servizos que invisten neste contexto, para conseguir un desenvolvemento sostible de Symfony2 o cal se distribúe baixo unha licenza open source (MIT).

Posibles colaboradores

Por mor da natureza do «framework» e a súa novidade cabe a posibilidade de colaborar coas universidades,entidades públicas, empresas do sector e atopar patrocinadores interesados nunha iniciativa como esta (AGASOL xa mostrou un alto grao de interese nuns cursos), así como ocorreu nas xornadas de symfony2 en Castellón [1].

Con isto conséguese:

  • Crear unha comunidade galega ó redor de symfony2
  • Dar a coñecer un «framework» completo para a realización de proxectos robustos.
  • Fomentar a realización de proxectos estruturados que fomenten a mobilidade dos traballadores.
  • Cubrir unha necesidade existente e demandada tanto por desenvolvedores e estudantes, coma polas empresas que buscan xente preparada e con experiencia neste tipo de «framework»s.

O tema das xornadas podería centrarse na introdución das distintas posibilidades que ofrece Symfony2 para máis tarde dar a posibilidade da realización de obradoiros de pago ou cursso.

Programa:

Realizaranse ó menos dous días de presentacións sobre as principais partes do «framework». A asignación de temas a cada relator e a distribución do programa é meramente orientativo.

Primeiro día

16:00 - Presentación e inicio

16:15 - Instalación e primeiros pasos Por Javier López

17:00 - «Twig» Avanzado Por Javier Eguiluz

17:45 - *Descanso

18:00 - O Modelo. Doctrine2 Por Nacho Martín

Segundo día

09:00 - componentes (inyector de dependencias, la autocarga de clases, formularios, validadores, etc... ) Por Javier López

10:00 - «Backend» Por Javier Eguiluz

11:00 - *Descanso

12:00 - Micro«framework» Silex Por Nacho Martín

13:00 - Optimización y rendimiento. (Assetic, caché, opt. de imágenes, ...) Por Raúl Fraile

14:00 - *Comida

16:30 - Symfony2, interacción con CSS, JS y HTML5. Por Raúl Fraile

17:30 - Git en detalle, Github y colaboración con la comunidad Symfony2. Por Nacho Martín

18:30 - *Descanso

18:45 - Presentación de proxectos (Exemplos como Bandness, WirelessGalicia S.L.)

19:30 - Mesa Redonda

Relatores

  • Javier Eguiluz (*)
    • @javiereguiluz (Vitoria-Gasteiz Area, Spain) www.javiereguiluz.com
  • Nacho Martín (*Confirmado)
  • Javier López (*Confirmado)
  • Raúl Fraile (*Confirmado)

Actividades adicionais

  1. Bolsa de traballo Expositores tanto de curriculums como de ofertas de emprego, podéndose divulgar a través de códigos QR, coa información das empresas interesadas.
  2. Realización de concursos e sorteos para os asistentes. Ditos sorteos serían levados a cabo polas empresas patrocinadoras para darse a coñecer. P. ex. sorteo de camisetas coa publicidade da empresa, etc.

Orzamento

A actividade realizarase sen ánimo de lucro, para fomentar o interese sobre o excelente «framework». Creando así unha comunidade activa que colabore tanto para a realización de proxectos de calidade como a realización de cursos especializados baseados en Symfony2.

O orzamento total ascendería a uns 6.500 €, sen contar co patrocinio de ningunha empresa. De modo que dita cantidade podería verse reducida co apoio dalgunha empresa interesada no patrocinio da actividade.

Lugar

O lugar definitivo da realización do evento:

Vigo (Pontevedra)

Centro: Obra Social Novacaixagalicia
Aforo: 30 Wifi: si Pupitres: si
Dirección: C/ Policarpo Sanz 24-26

Data

O evento realizaríase un fin de semana de novembro (venres pola tarde e sábado todo o día), para posibilitar a asistencia tanto de estudantes coma de traballadores. Unha das datas posibles sería a finais de novembro os días 25 e 26.

Publicidade

  • listas de correo:
    • symphony
    • guls@mancomun.org
    • agasol@listas.agasol.org
  • Identica/Twitter
  • Google+
  • Linkedin
  • Sitios Web:
    • Páxina de información
    • Mancomún
    • Agasol
    • GALPon

Referencias

  1. http://desymfony.com
  2. http://www.meetup.com/symfony-en-Madrid/events/16538125/
  3. http://groups.google.com/group/symfony2-es
  4. http://www.symfony-live.com/paris/schedule
  5. http://www.symfony-live.com/san-francisco/schedule
  6. http://decharlas.uji.es/symfony/
  7. http://doodle.com/cfnuz48r6gzgegv8
  8. http://twitter.com/symfony2
  9. http://www.symfony2.com/